Hai conversas que son coma camiñar por unha rúa coñecida, con farois acesos e pasos ben marcados. E hai outras… que son como entrar nunha fervenza: poderosa, incontrolable e chea de vida. A de hoxe é desas. Neste novo episodio de Retrato Sonoro, cumpro unha vella aspiración: conversar con Felipe-Senén López Gómez , un dos grandes divulgadores culturais de Galicia, arqueólogo, museólogo e activista do patrimonio. Un torrente verbal —ou mellor dito, unha fervenza de saber— que fai da palabra unha ...
Jul 22, 2025•1 hr 47 min
Boas, benvidas e benvidos a un novo episodio de Retrato Sonoro , presentado e producido por Fidel Mouzo. Retomamos o espírito inicial do podcast, deixando momentaneamente o serial sobre o viño con Jorge Marcote en Da cepa á bodega . Hoxe propoñémosvos unha viaxe ao pasado da man dunha muller coa que sempre asocio mestría: María Loira Enríquez, arqueóloga, investigadora e profesora na UNED, onde tiven a sorte de tela como mestra. Nesta conversa, que non é unha entrevista ao uso, falamos de histor...
May 25, 2025•2 hr 28 min
Benvidas e benvidos ao cuarto episodio deste apaixonante serial sobre a historia do viño en Galicia, «Da cepa á bodega» , en Retrato Sonoro . Unha conversa conducida por Fidel Mouzo , con Jorge Marcote , viticultor, e o noso protagonista, o xornalista Luis Congil , autor de A marabillosa historia do viño en Galicia , publicada polo Consorcio Editorial Galego . Neste episodio abrimos novas fronteiras e abordamos temas que desafían as ideas sobre o viño galego: Que atoparás (entre moitas cousas) n...
Apr 30, 2025•34 min
Benvidas e benvidos a este terceiro episodio do noso serial Da cepa á bodega , onde seguimos afondando na historia do viño en Galicia da man do xornalista Luis Congil , autor de A marabillosa historia do viño en Galicia , publicado polo Consorcio Editorial Galego . Este podcast, conducido por Fidel Mouzo e acompañado polo viticultor Jorge Marcote , continúa a súa viaxe polos segredos, as lendas e as evidencias históricas que nos conectan co noso pasado vitivinícola. Que atoparás (entre moitas co...
Apr 16, 2025•32 min
Benvidas e benvidos a este segundo episodio con Luis Congil , xornalista e autor de A marabillosa historia do viño en Galicia , onde seguimos afondando no legado vitivinícola do noso país. Se no primeiro episodio descubrimos documentos históricos que vinculaban o primeiro viño documentado de Ribadavia con América , ademais de fabulacións (ou non) de Álvaro Cunqueiro , os lagares de Castrelo de Miño e a historia do Museo do Viño en Santo André de Camporedondo , nesta ocasión expandimos aínda máis...
Apr 02, 2025•30 min
Benvidas e benvidos a unha nova entrega de Da cepa á bodega, o serial dentro do podcast Retrato Sonoro , onde exploramos o mundo do viño en Galicia desde unha perspectiva cultural, social e histórica. Nesta ocasión, non imos falar de viticultores nin de como se fai o viño, senón da súa historia, documentada con paixón por Luis Congil , xornalista e autor do libro A marabillosa historia do viño en Galicia, unha obra imprescindible publicada polo Consorcio Editorial Galego. A marabillosa historia ...
Mar 16, 2025•32 min
Chegamos ao derradeiro, alomenos de momento, episodio deste serial “Da cepa á bodega” con Alfredo Álvarez: sumiller, hostaleiro e creador de viños que durante estes 8 capítulos e algún extra que coñeceredes hoxe estivo acompañando a este podcast, Retrato Sonoro, durante estes meses. Jorge Marcote, alma mater deste serial sobre o mundo do viño en Galicia, fixo por este serial todo o que podía facer, e sen él sería impensable realizar algo tan complexo, longo e completo como o que estamos a realiz...
Feb 26, 2025•2 hr 23 min
Benvidas e benvidos a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde as historias máis auténticas cobran vida a través das voces dos seus protagonistas. Hoxe continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, coa colaboración esencial de Jorge Marcote, quen nos axuda a profundizar no mundo do viño e da restauración. Nos episodios anteriores coñecemos a Alfredo Álvarez, un referente da alta cociña galega e fundador de Casa Alfredo en Mos. Hoxe, chegamos a un momento clave: o fin de Casa Alfredo. Falaremos con Alfr...
Jan 08, 2025•35 min
Benvidos, benvidos a un novo episodio de ‘Retrato Sonoro’. Eu son Fidel Mouzo e atopámonos neste espazo sonoro,onde cada conversa nos leva a descubrir o que está detrás das persoas que nos acompañan e das súas historias, e continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’ coa sempre valiosa colaboración de Jorge Marcote, viticultor. Nos últimos episodios exploramos a fascinante traxectoria de Alfredo Álvarez no mundo da restauración e do viño. Hoxe, nesta sexta entrega,imos máis aló. Alfredo compart...
Dec 26, 2024•36 min
Benvidas e benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde exploramos as historias de xente que paga moito a pena coñecer, cun enfoque especial no noso serial ‘Da cepa á bodega’, que continuamos grazas á inestimable colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños na D.O. Rías Baixas. Jorge, co seu amplo coñecemento no mundo do viño, achega autenticidade e profundidade a cada un dos nosos episodios. Eu son Fidel Mouzo e nos primeiros capítulos, coñecemos a Alfredo Álvarez, fundad...
Dec 11, 2024•43 min
Benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, onde seguimos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, unha viaxe polo mundo do viño coa colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños. Nos primeiros episodios tivemos a oportunidade de coñecer a fondo a Alfredo Álvarez. No primeiro episodio, Alfredo falounos da súa traxectoria e das tradicións familiares relacionadas co viño. No segundo, abordamos a sumillería e a conservación dos viños en restauración. No terceiro, Alfredo explicounos como elaborou...
Nov 27, 2024•51 min
Benvidas, benvidos a ‘Retrato Sonoro’, eu son Fidel Mouzo e este é o podcast onde capturamos as historias a través do son e da palabra. Seguimos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, no que exploramos o apaixonante mundo do viño coa colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños da D.O. Rías Baixas, como Gea, Marcote e As Pedrosas, entre outros. Jorge é fundamental para a profundidade e autenticidade deste serial, grazas ao seu coñecemento e experiencia no sector. Nos dous primeiros e...
Nov 13, 2024•32 min
Ola de novo en Retrato Sonoro, eu son Fidel Mouzo e no episodio anterior de ‘Da cepa á bodega’, tivemos o pracer de coñecer a Alfredo Álvarez, quen nos apuntou a súa traxectoria no mundo do viño, a sumillería e os seus recordos familiares ligados ao servizo do viño. Se non o escoitaches, recoméndoche que o fagas para entender mellor este relato das cousas. Hoxe, no segundo episodio con Alfredo e coa colaboración de Jorge Marcote, entraremos en detalle sobre o que é a sumillería e como se realiza...
Oct 30, 2024
Benvidos a ‘Retrato Sonoro, o podcast onde retratamos, a través da palabra e o son, as historias das persoas que fan historia, ou alomenos a súa propia historia e que teñen a ven facernos partícipes dela. Hoxe estamos nun novo episodio do noso serial ‘Da cepa á bodega’, onde exploramos o mundo do viño e a súa xente coa colaboración inestimable de Jorge Marcote. Jorge é viticultor, actualmente traballa en Bodegas Pentecostés e é creador de viños con Denominación de Orixe Rías Baixas, máis concret...
Oct 16, 2024•37 min
Benvidas e benvidos a «Da cepa á bodega» en «Retrato Sonoro»! Neste episodio número 3, pechamos esta serie con Javier Monsalve e Jorge Marcote, dúas persoas apaixonadas do mundo do viño que me acompañaron nestes tres episodios. Nos dous primeiros capítulos, comezamos coñecendo as historias persoais de Jorge e Javier, explorando como descubriron as súas paixóns polo viño e como, aínda que non fose algo planeado dende a infancia, conseguiron seguir os seus soños e converterse en creadores e trabal...
Aug 22, 2024•1 hr 31 min
Benvidos a un novo capítulo de «Retrato Sonoro». Neste segundo episodio da nosa serie especial «Da cepa á bodega» con Monsalve e Marcote, seguimos mergullándonos no mundo do viño da man dos nosos copartícipes na conversa Javier e Jorge. No primeiro capítulo, aquel que demos en chamar “En Arnoia, de viaxes vitais e historias inspiradoras” comezamos coñecendo as historias persoais de Javier e Jorge e a súa conexión co mundo do viño, destacando a importancia de seguir as nosas paixóns, aínda que es...
Aug 01, 2024•1 hr 30 min
Benvidas, benvidos a un novo episodio de «Retrato Sonoro» co seu apartado vinculado á cultura vitivinícola que chamamos “Da cepa á bodega” e que propicia Jorge Marcote. Neste podcast, imos mergullarnos no apaixonante mundo do viño, pero tamén nas vidas e traxectorias dos nosos convidados. Para este capítulo, temos a Javier Monsalve. Como Jorge Marcote, é creador de viños de autor, un termo que nos podcast que temos preparados, darédevos conta de que non gusta moito. Ten unha bodega en Arnoia, na...
Jul 09, 2024•1 hr 26 min
Boas! Benvidos a este segundo episodio con Esther Teijeiro Lemos en “Da cepa á bodega con Jorge Marcote”. Como sabes levamos varios podcasts de Retrato Sonoro dedicándonos ao mundo da viticulutra e as persoas vinculadas a ela. Todas baixo o paraugas que nos cubre, Jorge Marcote, creador de Vinos Gea e traballador, a día de hoxe, de Bodegas Pentecostés, un proxecto de viños moi interesante en Gondomar. Logo do primeiro capítulo no que fixemos unha primeira aproximación ás cousas ou situacións mái...
Feb 14, 2024•1 hr 23 min
Benvidos a Retrato Sonoro, benvidos ao un novo apartado do serial “Da Cepa á Bodega con Jorge Marcote” que en esta ocasión terá a unha protagonista feminina: Esther Teijeiro Lemos. Hoxe traemos o primeiro episodio nestes serial de dous capítulos nos que a protagonista será esta octoxenaria en idade, non de espíritu e xa veredes que ser máis especial tivemos a sorte de ter no podcast. No corazón da Ribeira Sacra, no lugar de Pincelo, Concello de Chantada, na provincia de Lugo traemos unha entrevi...
Jan 17, 2024•53 min
Ola ola! Chegamos ao final do serial Da cepa á bodega con Quin Álvarez. O noso Quin. Quin do Américo. Para Emmanuel e para min (Fidel) foi todo un descubrimento este home cunha importancia grandísima no mundo vitivinícola, no mundo agrario aló pola Galiza do sur, en Goián, Tomiño, provincia de Pontevedra. Foron os audios un resumo un extracto dunha vida, un pouco da súa sabedoría con relación aos viños, un pouco da súa traxectoria empresarial e profesional e hoxe, no audio que escoitas a continu...
Dec 13, 2023•58 min
Dí a Real Academia da Lingua Galega o seguinte da palabra Teima : Idea fixa e constante ou costume raro no que se persiste. De teimoso ven o dicionario a falarnos que é un sinómimo de obstinado: Que teima nas súas ideas. E pensamos que lle acae moi ben a Quin Álvarez, un home obstinado: que se aferra con enerxía a unha idea ou a unha maneira de actuar. De aí que lle puxese ese nome, Teimosía, a un dos seus viños máis recoñecidos e valorados… queres saber da historia deste viño? Escoita este audi...
Nov 03, 2023•1 hr 20 min
Novo Retrato Sonoro na serie “Da cepa á bodega con Jorge Marcote e Quin Álvarez” neste episodio 2. Na fotografía podedes ver algo do que falamos no primeiro episodio “Quin do Américo”, é o noso protagonista onde máis lle gusta estar, traballando na viña. Xa sabedes que andamos sempre á busca de títulos que sexan o mais descriptivos que podemos, para que vos fagades unha leve idea do que atopades nestes audios. Desta volta consideramos que “Escoita máis aos vellos ignorantes do lugar, e non tanto...
Oct 05, 2023•1 hr 19 min
Isto, como sabedes as personas que escoitades, é Retrato Sonoro. Un podcast realizado por Fidel Mouzo e Emmanuel Vázquez . Comezamos con este episodio que demos en chamar “Quin do Américo” , unha nova serie de audios que pensamos poden ser do voso interese. Unha serie de podcasts que xirarán en torno ao mundo do viño . Imos percorrer un camiño cultural, etnográfico, agrario e empresarial que rodea a esta actividade, a este producto que é o da uva fermentada. E sobre todo, como ven sendo habitual...
Sep 23, 2023•1 hr 22 min
Finalizamos, pechamos como bautizou Emmanuel, o tríptico en audio de Retrato Sonoro con Manuel Vilar Álvarez con este “Somos galegos” que fará o definitivo deste serial co director do Museo do Pobo Galego . Neste intre voltamos a cousas máis persoais e directamente relacionadas coa nosa forma de ser en Galicia, desas cousas que nos fan únicas e únicos. Uns breves comentarios sobre a nosa relixiosidade (aínda que non sexamos practicantes), a nosa relación coa morte, coas verbenas, co Camiño de Sa...
Aug 09, 2023•42 min
Sodes benvidas e benvidos a este segundo episodio do Retrato Sonoro de Manuel Vilar Álvarez , director do Museo do Pobo Galego, realizada por Fidel e Emmanuel . Se escoitaches o primeiro episodio, sabes que tratamos con Manuel de moitos aspectos persoais da súa vida, da súa infancia de aldea, e da percepción sobre a contorna e a nosa relación con ela. Neste capítulo trataremos máis a súa faceta como responsable do Museo do Pobo Galego e como se realiza a xestión dunha entidade coa importancia, t...
Jul 12, 2023•1 hr 25 min
Volta Retrato Sonoro cunha conversa moi especial. Fidel ten a facilidade de atopar xente interesante coa que falar na súa contorna. O seu pai (Antonio) é dunha aldea, Vilarmide, nunha parroquia chamada Coucieiro (Muxía), e ten a sorte de que un veciño do lugar de Santa Mariña, Manuel, compañeiro de escola unitaria é hoxe o director do Museo do Pobo Galego . O protagonista deste podcast, que se divide nun tríptico sonoro como escoitaredes decir a Emmanuel , é Manuel Vilar Álvarez . Teredes que de...
Jun 21, 2023•53 min
Volta Retrato Sonoro con este spinoff, esta especie de nota ao pé na que tentamos de aportar información e conversa de valor ao escoitado no podcast Retrato Sonoro. Este Plano Sonoro trata de que Emmanuel e Fidel traian a convidados a conversar sobre o escoitado nalgún dos podcást que vos presentamos. Desta volta o convidado é Alberto Llano Fontela , bibliotecario en Teo e que escoitou con moita atención todo o serial que fixemos con Martín Gordo Mostaza en “Verás, verás, que te vou a cuntar”. F...
Apr 20, 2023•1 hr 55 min
Chegamos ao final de Retrato Sonoro con Martín Gordo Mostaza. Martiño como xa sabes é un home centenario do lugar da Teixeira (La Tejera), no concello de Hermisende, na provincia de Zamora. Curiosamente chegamos ao final deste podcast no mesmo mes, este marzo de 2023, no que Martín cumple 102 anos, 103 primaveras. Parabéns, Martín!! Este derradeiro episodio será breve pero con temas importantes: lobos, fiadeiros, mocear coas rapazas (e o que iso implicaba), por suposto festas; e falaremos Martín...
Mar 23, 2023•36 min
Traemos a este podcast, o Ti Martiño e máis eu sobre as cousas do comer, dos animais vinculados á vida diaria nestes pueblos e algunha cousiña máis, por exemplo sobre as tarefas agrarias que fundamentalmente xiraban ao redor do pan. “Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño, é un serial de Retrato Sonoro para Sons Podcasts e a voz protagonista é a de Martín Gordo Mostaza. Home centenario do lugar da Teixeira, en Hermisende, provincia de Zamora. Comezaremos hoxe a Martiño falando dalgo que...
Feb 27, 2023•1 hr 3 min
Imos coas cousas das comunidades veciñais, da vida nos pobos, nas cousas que afectan ao conxunto dos individuos en “Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño. Este sería xa o Episodio 7 con Martín Gordo Mostaza, home centenario de La Tejera, no concello de Hermisende, na provincia de Zamora. A temática da vida comunitaria é moi extensa, por iso debes saber que o que traemos hoxe aquí é o primeiro de tres episodios onde falaremos co Ti Martiño destas cousas, e que pechará, non sei se de man...
Jan 30, 2023•31 min