Episodio 2: A sumillería con Alfredo Álvarez. - podcast episode cover

Episodio 2: A sumillería con Alfredo Álvarez.

Oct 30, 2024
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

Ola de novo en Retrato Sonoro, eu son Fidel Mouzo e no episodio anterior de ‘Da cepa á bodega’, tivemos o pracer de coñecer a Alfredo Álvarez, quen nos apuntou a súa traxectoria no mundo do viño, a sumillería e os seus recordos familiares ligados ao servizo do viño. Se non o escoitaches, recoméndoche que o fagas para entender mellor este relato das cousas.

Hoxe, no segundo episodio con Alfredo e coa colaboración de Jorge Marcote, entraremos en detalle sobre o que é a sumillería e como se realiza unha óptima conservación dos viños nos restaurantes. Ademais, Alfredo compartirá a súa experiencia nas catas, concursos e actividades relacionadas coas probas de viños, e as dificultades que estas poden presentar.

Tamén falaremos de Aarón, o fillo de Alfredo, a quen Jorge coñece ben, e que foi clave para que esta conversa sucedese. Un episodio que dura algo máis de 40 minutos e que seguro que vos deixará reflexionando sobre o papel fundamental da sumillería na restauración.

As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.

The post Episodio 2: A sumillería con Alfredo Álvarez. first appeared on Sons Podcasts.
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android