Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2 - podcast episode cover

Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2

Apr 02, 202530 min
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

Benvidas e benvidos a este segundo episodio con Luis Congil, xornalista e autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, onde seguimos afondando no legado vitivinícola do noso país.

Se no primeiro episodio descubrimos documentos históricos que vinculaban o primeiro viño documentado de Ribadavia con América, ademais de fabulacións (ou non) de Álvaro Cunqueiro, os lagares de Castrelo de Miño e a historia do Museo do Viño en Santo André de Camporedondo, nesta ocasión expandimos aínda máis a mirada.

Acompañado por Jorge Marcote, viticultor, e conducido por Fidel Mouzo, este novo episodio de Da cepa á bodega en Retrato Sonoro mergúllanos nunha viaxe polas orixes do viño a nivel mundial e no papel singular de Galicia dentro deste contexto.

Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio?
  • Un repaso polas orixes do viño no mundo e os mitos que rodean a súa chegada a Galicia.

  • A explicación de por que Galicia é considerada por Luis Congil e outros estudosos «a reserva da viñosfera», unha xoia en canto a diversidade varietal.

  • A importancia dos lagares rupestres como testemuñas da tradición vitivinícola e a súa pegada etnográfica e arqueolóxica.

  • O significado da expresión «a bico de lagar» e a súa relación co xeito tradicional de elaboración do viño.

E un pequeno apunte técnico… se notades que Jorge Marcote non se escoita perfecto, xa vos avisa o noso presentador e produtor, que a culpa é súa!

O viño é moito máis ca unha bebida: é historia, identidade e tradición. Non perdas este episodio e mergúllate connosco na fascinante historia do viño galego!

Dálle ao play e escoita xa este segundo episodio con Luis Congil de Da cepa á bodega!

The post Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2 first appeared on Sons Podcasts.
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android