Episodio 4.Casa Alfredo: A Revolución Gastronómica de Mos - podcast episode cover

Episodio 4.Casa Alfredo: A Revolución Gastronómica de Mos

Nov 27, 202451 min
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

Benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, onde seguimos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, unha viaxe polo mundo do viño coa colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños.

Nos primeiros episodios tivemos a oportunidade de coñecer a fondo a Alfredo Álvarez. No primeiro episodio, Alfredo falounos da súa traxectoria e das tradicións familiares relacionadas co viño. No segundo, abordamos a sumillería e a conservación dos viños en restauración. No terceiro, Alfredo explicounos como elaborou o viño Rubines e compartiu unha curiosa anécdota sobre o consumo de viños en tempos de crise.

No episodio de hoxe, falaremos de viños, e non podía faltar a proba dos viños de Alfredo, que faremos neste punto da conversa. Como poderedes escoitar, os ruídos da cata acompañan o noso diálogo, todo iso maridado coas viandas coas que nos agasallou Lourdes. Ademais, sairá o tema de por que, a pesar de estar en idade de xubilación, Alfredo segue traballando noutro restaurante que non é o seu.

A conversa levaranos a falar do mundo da hostalería, das propostas innovadoras que Alfredo puxo en marcha nos seus locais, e da súa experiencia traballando varios anos en Canarias. Finalmente, chegaremos a un dos momentos cúlmenes da entrevista: a historia de Casa Alfredo, o seu nacemento e a súa revolución gastronómica no concello de Mos, preto de Vigo.

As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.

The post Episodio 4.Casa Alfredo: A Revolución Gastronómica de Mos first appeared on Sons Podcasts.
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android
Open in Metacast