Episodio 7 O Peche de Casa Alfredo e a Aspiración Michelin - podcast episode cover

Episodio 7 O Peche de Casa Alfredo e a Aspiración Michelin

Jan 08, 202535 min
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

Benvidas e benvidos  a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde as historias máis auténticas cobran vida a través das voces dos seus protagonistas. Hoxe continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, coa colaboración esencial de Jorge Marcote, quen nos axuda a profundizar no mundo do viño e da restauración. Nos episodios anteriores coñecemos a Alfredo Álvarez, un referente da alta cociña galega e fundador de Casa Alfredo en Mos.

Hoxe, chegamos a un momento clave: o fin de Casa Alfredo. Falaremos con Alfredo e Jorge sobre as motivacións persoais, profesionais e doutra índole que influíron no peche deste restaurante icónico. Alfredo tamén compartirá a súa experiencia sobre os intentos de desenvolver outros negocios, onde o papel de certos políticos tivo un peso significativo.

Neste episodio, preguntaremos a Alfredo a súa opinión sobre programas televisivos como Masterchef e abordaremos a importancia ou non de conseguir estrelas Michelin. Alfredo mesmo aspiraba a lograr unha (ou dúas), pero, como ben nos contará, a historia non foi exactamente como esperaba. Un episodio onde exploraremos os retos, as oportunidades e as complexidades do mundo da restauración desde dentro.

As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.

The post Episodio 7 O Peche de Casa Alfredo e a Aspiración Michelin first appeared on Sons Podcasts.
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android