Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

Efer 641 (5-7-23): Obradoiro de radio

(1:51) Últimos días para inscribirse no concurso de monólogos científicos "Ciencia Calidade" (7:56) Unha vez ao ano en vez de perseguir nós aos científicos, son eles os que veñen aos nosos estudos para ver como se fai a radio. Contamos con Leticia Tobalina Pulido, Adriana Barros, Yeray Folgar, Luz Castro e Cinthia Piñeiro. (43:32) María José Mariño preséntanos as actividades de cine familiar e campamento do proxecto D´Tec do GAIN (48:21) Achegámonos á Praza da Ciencia das Festas do Barrio de San...

Oct 14, 202356 minSeason 16Ep. 641

Amena Karimyan, o país onde as mulleres teñen prohibido ollar ao ceo

Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Universo". A principios de 2021 Kayhana gañou o concurso "Telescopios para todos" da Unión Astronómica Internacional. E así foi como recibiron un telescopio con inscricións das sinaturas de varios premios nobel. Todo truncouse en agosto de 2021, cando os talibáns volveron ao poder l...

Jul 26, 202310 minSeason 16Ep. 633

Efer 640 (28-6-23): As aventuras do Gran Triángulo [Radioteatro]

A principios do século XIX dous franceses en galego viven sorprendentes aventuras para medir un gran triángulo sobre as Baleares e a costa levantina. O seu obxectivo completar a medición do metro. O mesmo Jules Verne faríase eco destas aventuras nunha das súas novelas. Con Francisco Díaz Fierros, autor da novela "O gran triángulo", os actores César Goldi, Avelino González e Manuel Fernández, e o pianista Juanjo Fernández, radiodramatizamos algunhas desas historias

Jul 19, 202356 minSeason 16Ep. 640

Efer 639 (21-6-23): Voamos sobre Lugo con @aberron e @borjatosar

(2:11) Levamos por sorpresa ao xornalista Antonio Martínez Ron a voar sobre Lugo nunha avioneta pilotada polo noso colaborador Borja Tosar. A mellor escusa para falar do seu libro "Algo nuevo sobre los cielos" (32:09) Anunciamos a vindeira "Regueifa de Ciencia" dedicada aos eólicos e a súa compatibilidade co medio ambiente. (34:50) A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica - Divulgacción en colaboración co Consello da Cultura Galega promove o proxecto Voces de Cienc...

Jul 19, 202357 minSeason 16Ep. 639

Efer 638 (14-6-23): Noite Efervescente de poesía e radioteatro

Celebramos a novena Noite Efervescente desde a Casa de Rosalía en Padrón. A nosa pequena festa inclusiva da astronomía coa participación da Asociación AMIPA e a Andaina pola Saúde Mental. A nosa anfirioua é María López Sandez. Participan os nosos colaboradores Martín Pawley, Xabier Pérez Couto, Borja Tosar e Nacho Munilla. E con radioteatro ao vivo nas voces das actrices Victoria Fernández, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. www.efervesciencia.org

Jul 19, 202356 minSeason 16Ep. 638

Efer 637 (7-6-23): Damos a cara pola ciencia, retrato robot desde o ADN

(2:29) Operarse tendo menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (13:18) Imos dar a cara pola ciencia. Visitamos o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro da USC para someternos como voluntarios no proxecto Face-Fit. Donamos unha mostra de ADN e realízannos unha foto 3D. O obxectivo é construír unha base de datos que permita dar as pautas para reconstruír o retrato robot dunha persoa a partir dunha mostra do seu ADN. Face-Fit está facendo un chamamento para conseguir máis voluntarios, especi...

Jul 19, 202356 minSeason 16Ep. 637

Efer 636 (31-5-23): X-Scape, mentes materiais

Modifican os mundos que construímos as nosas mentes e como procesamos a información? É posible que as estruturas materiais dos nosos asentamentos, edificios e artefactos cambien activamente os nosos patróns de pensamento e accións? Nesta edición efervescente imos debullar o proxecto "X-Scape, Mentes materiais: Estudo das interaccións entre o cerebro preditivo, os artefactos culturais e a exploración visual". Unha iniciativa de ciencia de vangarda en humanidades liderada desde Santiago polo INICI...

Jul 19, 202357 minSeason 16Ep. 636

Efer 635 (24-5-23): As ecuacións da vida

(2:01) Alberto Pérez Muñuzuri é investigador do grupo de física non lineal da USC. O noso convidado vén de publicar como un modelo de difusión química de 3 substancias xera por autorganización estruturas moi semellantes ás dos seres vivos, ó estilo de membranas ou orgánulos. Quizais a complexidade da vida xurda espontaneamente coa receita correcta. Aínda non demos con ela e mesmo non sabemos se algún día a atoparemos. (33:02) Conversamos sobre a perspectiva de xénero en biomedicina con Eva Poved...

Jul 19, 202354 minSeason 16Ep. 635

Efer 634 (17-5-23): Braganza

(1:58) Asistimos en Braganza ao congreso da Rede de Comunicación de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal (SciCom Pt). Conversamos con Ivone Fachada, Vera Novais, Mariana ALves, Pampa García Molina, Ana Sánchez, Antonio Grando, Luisa Masarani e Joana Magalhaes. (37:30) Paseamos por Braganza coa botánica Marisa Castro que vive desde hai anos en Tras-os-montes. Conversamos sobre a súa novela "A saga das curandeiras" e sobre plantas tóxicas, comestibles e curativas. www.efervesciencia.org

Jul 19, 202356 minSeason 16Ep. 634

Efer 633 (10-5-23): Galiciencia 23

(0:01) e (50:03) Acudimos á nosa cita anual con Galiciencia, a maior feira científica de Galicia que organiza Tecnópole. Conversamos con Jesús Bande, Nieves Lorenzo, Lourdes González Sotelo, Ana PIñeiro Sotelo, Miguel Leiva, Vicente Mohedano, Javier Taibo e Sabela Bouzo. (40:39) Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Uni...

Jul 19, 202356 minSeason 16Ep. 633

Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores

(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de tal xeito que poden acabar con células cancerosas que son máis susceptibles ao cambio da temperatura. ...

Jul 19, 202356 minSeason 16Ep. 232

Efer 631 (12-4-23): A vida secreta dos insectos

(2:47) As bacterias coercitivas con Esteban Fernández Moreira. (16:19) A vida secreta dos insectos con Carlos Otero (entomólogo, profesor emérito "ad honoren" da USC) e Alberto Uría (asociación Corripa de Negueira de Muñíz).www.efervesciencia.org

Jul 19, 202356 minSeason 16Ep. 631

Efer 630 (5-4-23): IA na prevención do suidicio

(1:58) Dor de cabeza e menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (10:55) e (20:31) A investigadora da UPF Barcelona School of Managment Ana Freire lidera un proxecto de prevención de suicidios e trastornos da conduta alimentaria nas redes sociais baseado na Intelixencia Artificial. (14:44) As calculadoras Casio de toda a vida agora falan galego. Cóntannolo Eloy Bernal (división educativa de Casio), Cristina Naya (docente de didáctica das matemáticas na UdC) e Julio Rodríguez Taboada (AGAPEMA). (4...

Jul 19, 202357 minSeason 16Ep. 630

Efer 629 (29-3-23): A maquinaria industrial da fraude científica

(3:05) Cristina Candal é unha enfermeira que esta a facer o seu doutoramento na USC sobre a mala conduta científica. A fraude científica xa non é un fenómeno individual. As investigacións de Candal veñen cuantificar o peso das factorías de traballos científicos fraudulentos. (34:52) Resolvemos o concurso do instrumento misterioso que nos propuxo Pablo Carpintero a semana pasada. (38:46) Un comentario en Nature Astronomy fai un chamado para loitar con medidas drásticas contra a contaminación lumi...

Jul 19, 202357 minSeason 16Ep. 629

Efer 628 (22-3-23): Gaitas, xenes e evolución

(0:23) Na introdución indagamos se a música é unha linguaxe universal da humanidade. (7:33) Xuntamos a un músico tradicional a un xenetista para falar de evolución, xenes, gaitas e música. Visitamos o obradoiro de fabricación de gaitas de Pablo Carpintero en Santiago. Pablo Carpintero é músico, artesán e investigador da historia das gaitas, pero tamén doutor en bioloxía. Na súa segunda tese de doutoramento data gaitas segundo o gastado que teñan os furados do punteiro. A esta conversa engadímosl...

Jun 25, 202355 minSeason 16Ep. 628

Efer 627 (15-03-22): Consumirías auga reciclada?

(3:19) Pablo López de GCiencia preséntanos o seu proxecto "Desmontando mitos". (12:46) Sergio Vila gañouo unha mención honorífica dos premios de Investigación Ernesto Viétez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores mozos. Nun traballo desenvolto en colaboración entre a facultade de sicoloxía da USC e o CRETUS-USC estudaron a percepción da poboación do uso da auga reciclada. (32:40) Incorporamos a Estíbaliz Espinosa á nosa tripulación de colaboradores. Preg...

Jun 25, 202357 minSeason 16Ep. 627

Efer 626 (8-3-23): Vaxinodiversidade animal

(4:13) Clara Mendoza, investigadora de doutoramento do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC, participou na segunda edición de "Lanternas de Ciencia" achegando a súa visión de María Wonenburger. Tamén conversamos con Jaime Amaro da Unidade de Cultura Científica do IIM-CSIC. (14:55) As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa f...

Jun 19, 202355 minSeason 16Ep. 623

Patricia Brenan, pioneira no estudo das vaxinas animais [Versión estendida]

[Versión estendida] As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentrouse no inexplorado mundo das vaxinas dos patos e delfíns e a súa función na selección sexual. Acabou...

Apr 26, 202337 minSeason 16Ep. 626

Efer 625 (1-3-23): Arqueoloxía computacional para estudar o megalitismo galego

(2:36) Que foi antes a vaxina ou o clítoris, evolutivamente falando? Explícanolo Laura Veiga (@PingandoG). (13:58) O lidar, a IA e a arqueoloxía computacional son as ferramentas que están a revolucionar o estudo do noso pasado. Miguel Carrero Pazos é profesor axudante doutor de prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no megalitismo galego. (42:31) Marcos Fernández Pichel (CiTIUS-USC) gañou o premio de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na categoría de investiga...

Apr 23, 202358 minSeason 16Ep. 625

Efer 624 (22-02-23): Ancora, no top 50 das startups mundiais

(2:27) Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución. (27:04) Patricia Argerey, directora de GAIN, preséntanos o programa IGNICIA Proba de Concepto de transferencia de coñecemento. (38:15) Ancora é unha Spin-off da Universidade de Vigo que axuda a transmitir a informacións aos traballadores das industrias 4.0. Foi selecc...

Apr 09, 202356 minSeason 16Ep. 624

Efer 623 (15-02-23): Arrecifes artificiais para a ría de Ares-Betanzos

(2:54) Olalla López Costas da USC vén de gañar un proxecto europeo Consolidator Grant do ERC para o estudo da afectación nas persoas da contaminación por metais en Europa no período romano e medieval. (16:22) Un proxecto multidisciplinar coordinado por Luis Carral da Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol da UdC recuperará os ecosistemas da ría de Ares- Betanzos con arrecifes artificiais fabricados a partir de cunchas. Este proxecto acadou unha mención honorífica nos premios de Investigación ...

Apr 06, 202356 minSeason 16Ep. 623

Efer 622 (8-2-23): A caza do meteorito de Traspena

Algo pasou nos ceos galegos a noite do 18 de xaneiro de 2021 contra a 1:19 da madrugada. No "Pensando en ti" da Radio Galega os teléfonos empezaron a ferver con chamadas de testemuñas que reportaban unha luz de fogo na noite. O profesor da área de astronomía e astrofísica da USC Manuel Andrade Baliño iniciou ao día seguinte unha investigación científica que deu en atopar o primeiro meteorito galego: o meteorito de Traspena. Toda unha historia de traballo detectivesco, colaboración cidadadá, caza...

Apr 06, 202357 minSeason 16Ep. 622

Biluricos e mazaricos [Paxaros na cabeza]

Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia.

Mar 26, 202314 minSeason 16Ep. 621

Efer 621 (1-2-23): Desinformación científica

(1:46) Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia. (15:55) A socióloga Celia Díaz Catalán da Universidade Complutense de Madrid é coautora do "Informe sobre Desinformación Científica" da FECYT. Curiosamente a fonte máis confiable para a información científica é a radio, pero necesitamos máis alfabetización mediática da sociedade. (36:48) Con Maite Vence percorremos as baterías ...

Mar 26, 20231 hr 1 minSeason 16Ep. 621

Efer 620 (25-1-23): Comer igual, resultados distintos: Nutrición de precisión con José Mª Ordovás

(2:39) A sonda da ESA Juice vai estudar as lúas de xeo de Xúpiter. Cóntanolo Javier Pedreira "Wicho". (16:44) Poden comer dúas persoas exactamente o mesmo e ter consecuencias distintas? Si. O efecto da comida na saúde depende de quen a come: da súa idade, do seu sexo, da súa xenética, de como interaccionou a xenética co entorno, das bacterias que habitan no seu corpo, a chamada microbiota, e mesmo de a que hora se come. Conversamos con José Mª Ordovás, que dirixe o laboratorio de Nutrición e Xen...

Mar 25, 202358 minSeason 16Ep. 620

Diversidade na ciencia con Inmaculada de Melo [Versión estendida]

Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución.

Mar 20, 202331 minSeason 16Ep. 624

Efer 619 (18-1-23): Máquina do tempo para atrapar proteínas editoras de xenes con @LluisMontoliu

(2:03) Podemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa (9:48) Para recuperar novas proteínas con capacidade CRISPR, de edición de xenes, un equipo de investigadores no que participou Francis Mojica fixeron unha viaxe nunha "maquina do tempo". Un dos asinantes do artigo en Nature Microbiology é Lluis Montoli (CNB-CSIC) con quen falamos. (37:26) Guía do ceo de inverno con @astroxabi, Xabie...

Mar 19, 202356 minSeason 16Ep. 619

A sorpresa arqueolóxica da Muradella

No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun cairn do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica. A imaxe da carátula é unha infografía de María Álvarez Fernández e Carlos Otero Vilariño.

Mar 19, 202319 minSeason 16Ep. 618
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android