Efer 622 (8-2-23): A caza do meteorito de Traspena - podcast episode cover

Efer 622 (8-2-23): A caza do meteorito de Traspena

Apr 06, 202357 minSeason 16Ep. 622
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

Algo pasou nos ceos galegos a noite do 18 de xaneiro de 2021 contra a 1:19 da madrugada. No "Pensando en ti" da Radio Galega os teléfonos empezaron a ferver con chamadas de testemuñas que reportaban unha luz de fogo na noite. O profesor da área de astronomía e astrofísica da USC Manuel Andrade Baliño iniciou ao día seguinte unha investigación científica que deu en atopar o primeiro meteorito galego: o meteorito de Traspena. Toda unha historia de traballo detectivesco, colaboración cidadadá, cazadores de meteoritos e nova ciencia. Andrade tivo que desenvolver novas ferramentas para poder estudar a traxectoria do bólido que orixinou o meteorito. Neste programa monográfico tamén contamos co noso estreleiro @astroxabi Xabier Pérez Couto; Jordi Llorca, catedrático de Química da Universitat Politécnica de Catalunya; e o noso pianista, Juanjo Fernández, que recreou a música que emitiu o bólido mentres ingresaba na atmosfera. www.efervesciencia.org
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android