Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

Efer 704 (27-3-25): Origamis de ADN

(2:00) Enoloxía e turismo científico con Maite Vence (6:29) Solución a onde está Moncho Núñez (8:27) Visitamos o CIMUS para coñecer as investigacións de Beatriz Pelaz, investigadora Oportunius do CIQUS onde desenvolve ferramentas bio-nano, como por exemplo os origamis de ADN, para desenvolver terapias controladas externamente mediante luz ou campos magnéticos. (40:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (43:32) Como ver a eclipse de sol do 29 de maio con Dosi Veiga....

Jun 30, 202558 minSeason 18Ep. 704

Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura

(0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a súa constante cosmolóxica é, ata o de agora, unha chave de bóveda do que sabemos do universo. (6:11) O noso ornitólogo Nacho Munilla explícanos o papel recentemente descuberto da biofluorescencia das aves do paraíso. (20:54) Efeméride do 20 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (23:08) Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark ...

May 06, 202555 minSeason 18Ep. 703

Como se moven as pedras da costa con Alejandro Gómez Pazo [Versión estendida]

[Versión estendida] Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. TaméndDramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego.

May 06, 202534 minSeason 18Ep. 702

Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea

(0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos. (4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astronautas abandonados na Estación Espacial Internacional. (13:37) Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. (24:24) Dramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galeg...

May 05, 202556 minSeason 18Ep. 702

Efer 701 (6-3-25): O Calendario da Historia da Ciencia

(2:00) Moncho Núñez está nun lugar secreto. (4:24) Julio Rodríguez cóntanos na súa "Bitácora do Beagle" como a terapia xénica abre vías de curación de cegueiras causadas por retinoses pigmentarias. (18:34) Moncho Núñez preséntanos o seu libro "O Calendario da Historia da Ciencia" (41:43) Cantos tipos diferentes de fluídos hai nunha vaxina? Ten a resposta a sexóloga e xornalista Laura Veiga.

May 04, 202557 minSeason 18Ep. 701

Efer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros

(2:04) A empresa porriñesa Biofabri do grupo Zendal é a fabricante en exclusiva da única vacina contra a tuberculose pulmonar, a MTBVAC, e impulsora dos seus ensaios clínicos. Veñen de anunciar o inicio dun novo ensaio clínico de fase 2b desta vacina, neste caso con adolescentes e adultos. Conversamos co CEO de Biofabri, Esteban Rodríguez. (17:10) Resolvemos onde estaba Luis Muiño no noso concurso "Un libro, un autor e un lugar". (19:20) Andrés Prieto, profesor da Universidadade de A Coruña e in...

Apr 22, 202558 minSeason 18Ep. 700

Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas

(0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP. (5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga fálanos dos libros de autoaxuda menstrual. (17:15) Damián Copena, do Grupo de investigación en Estudios de Historia Empresarial e sectorial da Pesca, Industria e Comercio (GESPIC) da USC, publicou xunto con María Gómez un traballo na revista "Medical History" sobre a febre das sambesugas no século XIX en España para uso médico. (39:57) A ...

Apr 19, 202558 minSeason 18Ep. 699

Efer 698 (13-2-24): A trampa do amor con Luis Muiño

(2:17) Luis Muiño fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (6:12) Bibiana García Visos explícanos cal é a infraestrutura que permite que teñamos auga da billa nas nosas casas. (15:34) Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"

Mar 26, 202558 minSeason 18Ep. 698

Efer 697 (6-2-25): Radiografía do populismo científico en España

(2:23) Estíbaliz Espinosa explora a ciencia e a poesía dos asteroides, dende o asteroide Bennu e as súas mostras de aminoácidos ata o asteroide 2024 YR4 e o protocolo de seguridade planetaria da ONU. (19:43) Maite Vence tráenos rutas Observer para ver paxaros. (25:50) Celia Diaz, socióloga do Grupo Trans Soc da Universidade Complutense de Madrid, debúllanos o primeiro informe sobre confianza na ciencia e populismo científico en España, que elaborou a FECYT.

Mar 16, 202559 minSeason 18Ep. 697

Efer 696 (30-1-25): Bioplásticos sostibles para textil, envases e calzado

(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile. (18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da industria cervexeira para producir bioplásticos para a súa conversión en fibras téxtiles, calzado e env...

Mar 10, 20251 hr 1 minSeason 18Ep. 696

Guía do Ceo de Inverno 24: Eclipses

Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.

Mar 10, 202511 minSeason 18Ep. 696

Efer 695 (23-1-25): Entender o TDAH

(2:46) Hai relación entre a dor menstrual e a incomodidade co teu corpo? Usar o sostén fai que caian os peitos? A nosa sexóloga de cabeceira é Laura Veiga. (10:43) Rutas polos nosos dolmens con Maite Vente de Observer, Turismo Cientifico. (15:12) Solución de "Onde está Conchi Lillo?" (18:56) A día de hoxe o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade segue a ser incomprendido pola sociedade. Conversamos coa psicóloga Claudia Balado da Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados (Fund...

Feb 23, 202559 minSeason 18Ep. 695

Efer 694 (9-1-25): Psicomitos

[4:54] En "Cambio de fase" Daniel Pizarro reseña a banda deseñada Logicómix. [21:44] Fátima Garcia Doval vén de publicar "Psicomitos"

Feb 12, 202557 minSeason 18Ep. 694

Efer 693 (2-1-25): Piano Bar Sesión 2

Segunda parte da sesión Efer Piano Bar gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi.

Feb 09, 202556 min

Efer 692 (1-1-25): Piano Bar Sesión 1 (Versión estendida)

[Versión estendida] Efer Piano Bar Sesión 1 gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. Eva Poveda, directora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, debúllanos o achado do ano da revista Science, un fármaco inxectable que protexe contra a infección do VIH cunha única punción cada 6 meses.

Feb 03, 20251 hr 8 minSeason 18Ep. 692

Efer 691 (26-12-24): Desde o AstroGalicia, cazadores dos raios cósmicos máis enerxéticos

Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa. (1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial para clasificar os sinais dos telescopios Cherenkov. O enxeñeiro Alejandro Cardesín é membro da Sociedade Europlanetaria e procura agrupar, xunto coa ...

Feb 01, 202556 minSeason 18Ep. 691

Efer 690 (25-12-24): Os nomes dos paxaros

(1:50) A Real Academia Galega publica os nomes oficiais de 600 especies de aves. Este é o resultado de anos de traballo entre terminólogos e ornitólogos. Conversamos con Manuel González, director do dicionario da RAG, e os ornitólogos Cosme Damián Romai e Xosé Manuel Penas Patiño. (31:15) Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudo...

Jan 22, 202558 minSeason 18Ep. 690

Efer 689 (12-12-24): Abre os ollos

(3:34) Conchi Lillo fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (5:48) Repasamos a actualidade aeroespacial con Wicho. (21:48) Conversamos coa neurocientífica Conchi Lillo sobre mitos relacionados coa visión ao fío do seu libro "Abre os ollos"

Jan 20, 202559 minSeason 18Ep. 689

Efer 688 (28-11-24): Arqueoloxía dos puticlubs

(2:56) Os orgasmos alivian a dor menstrual? Explícanolo Laura Veiga. (16:02) Asistimos ao IV Encontro Oportunius e conversamos con Carmen Cotela (directora de GAIN) e o investigador do CIQUS Manuel Souto. (26:23) Xurxo Ayán e Carlos Otero estudan desde a arqueoloxía os prostíbulos abandonados de Galicia. Os restos materiais cóntannos historias de explotación que poñen un espello á nosa sociedade.

Jan 20, 202558 minSeason 18Ep. 687

Pseudoterapias con Rosa Arroyo [Versión estendida]

Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.

Jan 19, 202522 minSeason 18Ep. 690

Efer 687 (21-11-24): As aventuras de Rodríguez e dous franceses [Radioteatro no Colón]

Programa especial desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "As aventuras de José Rodríguez e dous franceses" en directo coas voces de Avelino González, Caxoto, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Xabier Pérez Couto. (44:48) Conversamos con David Ballesteros e Quantum Fracture (José Luis Crespo) sobre o festival. Coñecemos algúns dos premiados dos Prismas 2025: Antonio Martínez Ron e Virginia Luzón. (53:58)...

Jan 19, 202558 minSeason 18Ep. 687

A ecuación do "imprevisible" movemento gatuno

Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.

Dec 09, 202419 minSeason 18Ep. 686

Efer 686 (14-11-24): Enerxía nuclear con @operadornuclear

(3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia (9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicaci...

Dec 09, 202456 minSeason 18Ep. 686

Enerxía nuclear con @operadornuclear [Versión estendida]

[Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.

Dec 09, 202446 minSeason 18Ep. 686

O ordenador cuántico do CESGA desvela o "sabor" de frescor

Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.

Nov 22, 202420 minSeason 18Ep. 685

Regalamos 100 entradas de balde ao "Coruña Comunica Ciencia"

Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,... Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A Chispa Máxica”, música con Germán Díaz e gravación con público de Efervesciencia. Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros d...

Nov 10, 202412 minSeason 18Ep. 685

Onde está Briones? Gaña un exemplar asinado de "A bordo da túa curiosidade"

Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa, no podcast e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00.

Nov 10, 20242 minSeason 18Ep. 685

Efer 685 (17-10-24): A bordo da túa curiosidade

(3:25) Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00. (5:07) Susana Ladra debullamos o Nobel de física 2024 (16:01) Carlos Briones é poeta, escritor, divulgador e investigador científico no Centro de Astrobioloxía-CSIC. Vén de publicar "A bordo de tu curiosid...

Nov 10, 202457 minSeason 18Ep. 685

Efer 684 (10-10-24): Nove anos de ondas gravitacionais, con Alicia Sintes

(2:37) A astronomía de ondas gravitacionais só ten 9 anos, pero está abrindo unha nova fiestra ao coñecemento do universo. Conversamos con Alicia Sintes, da Universitat de les Illes Balears e membro da colaboración científica LIGO. (16:03) O proxecto de ciencia cidadá "Cycling with clean air" monitoriza, empregando traxectos en bicicleta de voluntarios, a calidade do aire. Unha medición en distintas cidades galegas amosa que no entorno dos colexios a concentración de partículas PM2,5 dispárase l...

Nov 10, 20241 hr 2 minSeason 18Ep. 684
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android