(1:57) A decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón vén de gañar o Premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira investigadora e o seu compromiso pola divulgación das matemáticas ao fronte de Estalmat-Galicia. Con ela falamos de Domingo Fontán, María Wonenburger e de matemáticas industriais. (29:55) Resolvemos unha pequena inocentada que deixaramos no aire no programa Efer 615 do pasado 28 de decembro. (33:40) No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lem...
Mar 18, 2023•57 min•Season 16Ep. 616
Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "Ciencia Calidade" na voz dos seus creadores: Antonio Cagide, Uxía Yáñez e David Garcíau Dios.
Mar 12, 2023•19 min•Season 16Ep. 615
Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022.
Mar 11, 2023•6 min•Season 16Ep. 614
O equipo de José Manuel Alonso, College de Optometría da Universidade do Estado de Nova York, vén de publicar en Nature Communmications un modelo de como se poden integrar no córtex cerebral os distintos mapas visuais que producimos cando vemos
Mar 11, 2023•19 min•Season 16Ep. 612
As paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla.
Mar 11, 2023•10 min•Season 16Ep. 612
Guía do ceo de inverno con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
Mar 05, 2023•17 min•Season 16Ep. 618
Programa especial de primeiro día do ano 2023 onde continuamos a contar e contar a mellor ciencia de 2022. Edición efervescente realizada con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. O xefe de Pediatria do CHUS, Federico Martinón, debullounos un dos achados do ano, as novas vacinas contra o virus respiratorio s...
Jan 02, 2023•58 min•Season 16Ep. 617
Programa especial de fin de ano que realizamos con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. Contamos e cantamos a mellor ciencia de 2022. Este programa ten a súa continuación no programa de primeiro de ano.
Jan 02, 2023•56 min•Season 16Ep. 616
(1:30) Juan Rof Codina foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como homenaxeado no día da Ciencia en Galicia 2022. A persoa que mais sabe de Rof Codina é o doutor en historia da veterinaria Diego Conde. Rof Codina foi todo un pioneiro na divulgación da veterinaria, creador da raza rubia galega e impulsor do cooperativismo agrario. (16:48) Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo da USC custódiase o fondo Rof Carballo. Amósanolo a súa directora Julia Cantalapiedra. (23:55) Seguimo...
Jan 02, 2023•56 min•Season 16Ep. 615
(1:48) Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022. (10:45) A doutora veterinaria Ángela González Martínez é especialista en medicina do comportamento animal no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo. Con ela conversamos sobre o comportamento do can de palleiro, os trastornos de déficit de atención en cans, ansiedade por s...
Jan 02, 2023•59 min•Season 16Ep. 614
(2:53) A arqueoastrónoma do INCIPIT-CSIC Andrea Ródriguez Antón estudou a orientación das cidades romanas na penísula ibérica en relación a fenómenos astronómicos. Tamén conversamos con ela sobre o proxecto de Amanar de divulgación astronómica cos refuxados saharauís. (29:51) Maite Vence é especialista en Turismo Científico. Inauguramos sección na que coñeceremos diferentes rutas Observer. A primeira de elas, a ruta da camelia. (36:47) Zora é avogada. Naceu en Afganistán. Agora vive en Sobrado c...
Dec 24, 2022•58 min•Season 16Ep. 613
(2:18) As paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla. (12:42) Carlos Gómez, catedrático de Ciencias da Computación da UdC, estuda como mellorar a compresión da nosa linguaxe por parte das máquinas. Para isto é necesario analizar sintacticamente as oracións. Computacionalmente este proceso é custoso. Para democratizar o acceso a esta tecnoloxía o grupo de Gómez creou un algoritmo que é quen de analizar sintacticamen...
Dec 24, 2022•58 min•Season 16Ep. 612
Guía do ceo de outono con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.
Dec 24, 2022•13 min•Season 16Ep. 611
(2:33) Guía do ceo de outono con @astroxabi, Xabier Pérez Couto. (13:36) Os profesores visitantes do INCIPIT Ximena Senatore e Diego Aguirrezábal investigan a partir dos restos arqueolóxicos a historia dos lobeiros e baleiros anónimos que pisaron a Antártida no século XIX. (36:08) Volven as versión presencial das Regueifas de Ciencia. O proxecto de debates sobre controversias sociais entorno á ciencia da USC. Coñecemos a Ujuié Fresán, Gumersido Feijoo e Juan Pascual, participantes da Regueifa: É...
Dec 24, 2022•56 min•Season 16Ep. 611
(2:09) O nobel de química 2019 polo desenvolvemento das baterías de ión litio estivo en Santiago convidado polo programa Conciencia. (6:57) Os premios Prismas 2022 dos Museos Científicos Coruñeses tiveron nesta edición un marcado carácter de inclusividade. Argallamos un faladoirio con Marcos Pérez (director dos Museos Científicos Coruñeses e secretaria do xurado), Pampa García Molina (presidenta do xurado e directora de Science Media Centre España), Ángela Bernardo (autora de Acoso, Prisma ao me...
Dec 24, 2022•56 min•Season 16Ep. 610
(3:42) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez. (25:25) Coñecemos as ferramentas Innovapeme e Bonos de innovación de GAIN con Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axenc...
Dec 08, 2022•57 min•Season 16Ep. 609
Volven as versión presencial das Regueifas de Ciencia. O proxecto de debates sobre controversias sociais entorno á ciencia da USC. Coñecemos a Ujuié Fresán, Gumersido Feijoo e Juan Pascual, participantes da Regueifa: É a dieta vegana o mellor para o planeta?
Dec 01, 2022•6 min•Season 16Ep. 611
Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos as últimas novidades da Iniciativa Civil de Vehículos non Tripulados de GAIN: a incorporación de Airbus, Telespazio e Babcock, a 4º edición da Business Factory Aero e a traxectoria da compra pública innovadora desde o Polo Aeroespacial Galego.
Dec 01, 2022•12 min•Season 16Ep. 611
Coñecemos as ferramentas Innovapeme e Bonos de innovación de GAIN con Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación. Presentamos o caso da peme innovadora Briopana que emprega biotecnoloxía para solucionar problemas do medio agrícula conversando con Carla Salazar (fundadora) e Jesús González Pueyo (director do laboratorio de I+D).
Dec 01, 2022•17 min•Season 16Ep. 609
Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez.
Nov 22, 2022•22 min•Season 16Ep. 608
A vida esta chea de sorpresas... e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir. Achegámonos cos nosos micros á Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago onde se celebrou o Curso Virus Emerxentes organizado pola investigadora do CIMUS Carmen Rivas. (3:24) Con María Paz Sánchez Seco (xefa do lab...
Nov 13, 2022•59 min•Season 16Ep. 608
Programa monográfico con público no que nos unimos á xornada de portas abertas do CINBIO da Universidade de Vigo. Este centro de investigación biomédica ten dúas almas, a Nano e a Bio. Pola parte Nano conversamos con Miguel Ángel Correa (grupo TeamNanoTech e director do CINBIO), Verónica Salgueiriños (grupo de Materiais Magnéticos) e Isabel Pastoriza (grupo FunNanoBio). Polo lado Bio falamos con Diana Valverde (grupo de Enfermidades Raras) e Marina Peña (Servizo de Bioexperimentación). Andrea Mu...
Oct 28, 2022•56 min•Season 16Ep. 607
Sorteamos un exemplar de "La lira desafinada de Pitágoras" entre os chíos de twitter que nos propuxeron músicas relacionadas coa ciencia.
Oct 12, 2022•3 min•Season 16Ep. 606
Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras". Ás 21 horas do mércores 12 de outubro de 2022 sortearemos un exemplar do libro de Almudena Martín entre as persoas que nos mandedes un chío de twitter con algunha suxestión de peza musical relacionada coa ciencia.
Oct 07, 2022•34 min•Season 16Ep. 606
(1:56) Asistimos no IES Xelmírez I de Santiago a unha sesión do proxecto de divulgación da estatística "[Stat Wars Episodio II: O imperio do datos](https://www.proyectostatwars.es/)" no que participan Mercedes Conde, Ana Bouzas e Berta Rial. (13:54) Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras". Ás 21 horas do mércores 1...
Oct 06, 2022•58 min•Season 16Ep. 606
(1:29) Collemos a mochila e os nosos micrófonos para facer a ruta xeolóxica do Perdouro que organiza o xeólogo Fran Canosa en Burela. As saídas ao campo con Fran Canosa son toda unha delicia apta para todos os públicos, non deixedes de visitar [Rutas xeolóxicas de Galicia](https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/) Repasamos as accións desenvolvidas este curso pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo da man da súa codirecora e Vicerreitora de Comunicación M...
Aug 21, 2022•57 min•Season 15Ep. 605
O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta dedica a súa sección “Historias de virus: habelos hainos” ás orixes da varíola do mono.
Aug 21, 2022•9 min•Season 15Ep. 604
(2:09) Unha vez ao ano facemos un obradoiro para ensinarlles como funciona a radio aos investigadores, e aproveitamos para artellar un pequeno faladoiro. Deste volta contamos con Ángela González Ferro, Eduardo Domínguez Medina, Araceli Tobío, Fernando Castro, Sara Calvete e Pedro Piñeiro. (24:06) En historias de virus César Muñoz Fontela cóntanos a orixe da varíola do mono. (32:59) Guía do ceo de verán con @astroxabi, Xabier Pérez Couto, para aproveitar as noites estivais e gozar a topo do ceo....
Aug 21, 2022•56 min•Season 15Ep. 604
[Versión estendida] Celebramos a nosa VIII Noite Efervescente na Casa de Rosalía en Padrón. A Noite Efervescente é una actividade familiar de astronomía para todos na que contamos como anfitrións cos amigos da asociación [Amipa](https://www.facebook.com/AsociacionAmipa) de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar e a inestimable colaboración do noso estreleiro Martin Pawley. Tamén nos acompañaron varios membros da [Asociación Andaina Pro-Saúde Mental](https://www.andainapsm.org/)....
Aug 20, 2022•1 hr 9 min•Season 15Ep. 603
Guía do ceo de verán con @astroxabi, Xabier Pérez Couto, para aproveitar as noites estivais e gozar a topo do ceo.
Jul 26, 2022•22 min•Season 15Ep. 605