Percorremos a Península coñecendo diferentes proxectos de ciencia cidadá ao fío do proxecto Newsera: Mamalnet en Ciudad Real con José Antonio Blanco (Instituto de Investigación en Recursos Cinegéticos-CSIC-UCLM), "Observatorio Ciudadano de la Sequía" en Sevilla con Pilar Paneque (Universidad Pablo Olavide), Xente de 100cia en Cambre con José Viñas (IES David Buján), "Cities at Night" en Madrid con Alejandro Sánchez de Miguel (UCM e University of Exeter), Gelavista en Lisboa con Antonina Santos (...
Jul 26, 2022•57 min•Season 15Ep. 602
Programa monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencias. (2:42) PolyDeep é un sistema de detección e clasificación en tempo real de lesións colorectais empregando Deep Learnig. Este proxecto gañou o premio “Francisco Guitián Ojea” Conversamos con Miguel Reboiro e Daniel González do grupo SING (Sistemas informáticos de Nova Xeración) da Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo no Campus de Ourense e Joaquín Cubiela responsable de oncoloxía dix...
Jul 26, 2022•55 min•Season 15Ep. 601
(2:18) Infiltrámonos no 12 congreso Micropol and EcoHazard sobre microcontaminantes e contaminantes emerxentes que se celebrou en Santiago de Compostela. Charlamos co anfitrión do congreso, o catedrático de Enxeñería Química Francisco Omil (Biogroup, CRETUS-USC), o doutorando Matías Rivadulla (CRETUS-USC) e a investigadora Williane Vieira Macêdo da Universidade de Aarhus (Dinamarca). (22:41) A película "Ice Age" amosa unha migración das especies motivada pola chegada dunha glaciación. O grupo de...
Jun 27, 2022•57 min•Season 15Ep. 600
(3:03) Laura Veiga (@PingandoG) explícanos o que se sabe sobre se existe relación entre bruxismo e as regras dolorosas. (14:38) Aproveitamos a presenza de María Martinón (paleoantropóloga, directora do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana) nas XV Xornadas de Arqueoloxía do Barbanza para falar do seu libro Homo Imperfectus , ¿Por qué seguimos enfermado a pesar de la evolución? (45:22) María Silva Gago é investigadora en arqueoloxía cognitiva no CNIEH de Burgos onde está a rematar ...
Jun 13, 2022•56 min•Season 15Ep. 599
[Versión estendida] Raquel Fraga Encinas é investidora da Universidade de Rabboud e pertence á colaboración Telescopio Horizonte de Sucesos que ven de publicar a segunda "fotografía" dun burato negro: Seteiro A*, o obxecto supermasivo que se atopa no centro da nosa propia galaxia.
May 29, 2022•39 min•Season 15Ep. 598
Unha parte importante das imaxes que nos proporcionaron os medios de comunicación do virus SARS-COV-2 son erróneas ou falsas. O grupo Neuro-Com da Universidade Autónoma de Barcelona ten estudiado o efecto das diferentes formas de representar o virus nas actitudes e percepción do público. Conversamos con Miguel Ángel Martín Pascual.
May 29, 2022•17 min•Season 15Ep. 598
(2:14) Unha parte importante das imaxes que nos proporcionaron os medios de comunicación do virus SARS-COV-2 son erróneas ou falsas. O grupo Neuro-Com da Universidade Autónoma de Barcelona ten estudiado o efecto das diferentes formas de representar o virus nas actitudes e percepción do público. Conversamos con Miguel Ángel Martín Pascual. (15:28) Raquel Fraga Encinas é investidora da Universidade de Rabboud e pertence á colaboración Telescopio Horizonte de Sucesos que ven de publicar a segunda "...
May 29, 2022•56 min•Season 15Ep. 598
Asistimos a congreso da rede de comunicación da ciencia de Portugal, SciCom Pt, desde a illa de San Miguel na Azores. Conversamos con Vera Novais (2:17), Frank Kupper (8:36), Cristina Luis (9:46), Azucena de la Cruz (42:24), Elizabeth Rasekoala (48:00) e Catia Rodrigues (49:58). Aproveitamos para pasear pola illa de San Miguel co investigador galego en paleobotánica da Universidade de Ponta Delgada Martin Souto. Os sedimentos dos lagos volcánicos das Azores agochan un segredo histórico.
May 24, 2022•57 min•Ep. 15
Historias de virus: Habelos hainos. A polio. Con César Muñoz Fontela. Xa non lle temos medo as piscinas de verán e os pulmóns de aceiro porque estamos a un paso de erradicar a polio.
May 24, 2022•12 min•Season 15Ep. 596
Programa monográfico desde a Feira Científica Galiciencia desde a Tecnópole, o Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas. Contamos con Javier Taibo (director de Tecnópole), Miguel Ángel Yebra (profesor do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia), Sabela Fernández (CIFP Politécnico de Lugo), Miguel Rodríguez (Investigador en Economía Circular de ECOBAS), Lourdes González Sotelo (CPI Uxío Novoneyra), Ana Piñeiro (Colexio Eduardo Pondal de Cangas) e o noso virólogo de cabeceira César Muño...
May 24, 2022•57 min•Season 15Ep. 596
Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame "Ciencia Calidade" de Monólogos Científicos.
May 23, 2022•11 min•Season 15Ep. 595
(2:00) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame “Ciencia Calidade” de Monólogos Científicos. (13:26) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un “sexto sentido” co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfoloxía Animal (MORFAN) da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC veñen de descubrir que a domesticac...
May 15, 2022•55 min•Season 15Ep. 595
(2:31) O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es (29:50) Juan Picos é o director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra da Universidade de Vi...
May 15, 2022•55 min•Season 15Ep. 594
@astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022
May 14, 2022•12 min•Season 15Ep. 595
[Contido extra] O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es
Apr 19, 2022•32 min•Season 15Ep. 595
[Versión estendida] Efervesciencia inaugura a 7º edición de "Lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela" cun programa monográfico con público sobre ciencia e tecnoloxía dos órganos. No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago acompañaranos o músico Álex Salgueiro que interpretará o órgano Hammond, o físico, músico e investigador en historia da ciencia e da música Andrés Díaz, Yago Portela fillo do creador do OrganSound, e Belén Bermejo, directora do ciclo "De lugares e órga...
Apr 15, 2022•1 hr 3 min•Season 15Ep. 593
Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible.
Apr 15, 2022•17 min•Season 15Ep. 592
(2:28) Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible. (19:33) Con Daniel Pizarro, @tecnocoia, analizamos a novela gráfica "La Bomba" de Alacante, Bollée e Rodier (Norma editorial). (34:27) A química Elena Pazos é investigadora ramón y Cajal da Universidade da Coruña. Conversamos con ela desde o CICA sobre o seu proxecto Starting Grant fi...
Apr 15, 2022•56 min•Season 15Ep. 592
Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida.
Apr 10, 2022•13 min•Season 15Ep. 591
(2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida. (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola implicacións do termo "One health",unha soa saúde: humana, animal e ambiental. Así as resistencias aos an...
Apr 10, 2022•55 min•Season 15Ep. 591
[Versión estendida a partir do minuto 24:27] Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan diversos como a ecoloxía, a ciencia de materias, proteómica, xeopolítica ou redes de transporte. Curiosame...
Apr 02, 2022•43 min•Season 15Ep. 590
Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o disco de Nebra. www.efervesciencia.org
Mar 25, 2022•18 min•Season 15Ep. 390
(2:19) Un cuarto do consumo enerxético dunha vivenda corresponde a quentar auga. Bibiana García Visos, directora da Casa das Ciencias, explícanos os pequenos segredos que se agochan nos nosos fogares. (15:05) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle ...
Mar 25, 2022•59 min•Season 15Ep. 590
Imos sacar do anonimato a un dos nosos maiores investigadores do século XX, o oceanógrafo químico Fernando Fraga. Fraga escapaba da prensa. Por iso non hai entrevistas del. Pero nós temos a súa voz...
Mar 16, 2022•56 min•Season 15Ep. 589
(2:39) Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa. (14:01): Borja Tosar nunha nova postal planetaria analiza desde o punto de vista da ciencia a película de Netflix "Non mires arriba!...
Mar 11, 2022•55 min•Season 15Ep. 588
Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa.
Mar 11, 2022•11 min•Season 15Ep. 588
Historias de virus: Habelos hainos. A rabia. Con César Muñoz Fontela Este virus produce unha enfermidade letal no 100% dos casos. No século II un tratamento era botar aos doentes á auga. Afortunadamente hoxe contamos cunha vacina. Nesta historia incorporamos fragmentos da dramatización sonora que fixeramos no seu día para o relato "A peor das enfermidades" de María García González que gañou o concurso Ciencia que Conta na modalidade de bacharelato en 2012. Contamos coas voces dos nosos compañeir...
Mar 11, 2022•17 min•Season 15Ep. 588
Eunice Newton Foot foi a invisible descubridora dos gases de efecto invernadoiro. Coñecemos a súa historia da man da investigadora de predoutoramento Marta López Mozos e o proxecto "Lanternas da Ciencia" do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC que coordina Jaime Amaro. Ilustración da miniatura Laura Romero (IG: @laurandcolours)
Mar 04, 2022•14 min•Season 15Ep. 587
No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes. Un dos proxectos de Conecta Covid é Nanofluidetec que analizamos na nosa entrevista central aquí https://go.ivoox.com/rf/83090453
Mar 04, 2022•3 min•Season 15Ep. 587
Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow. BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e xefe científico respectivamente de BFlow. Tamén nos atendeu desde Lugo o especialista en fluorescenc...
Mar 04, 2022•26 min•Season 15Ep. 587