Efer 590 (23-3-22): O "paper" de redes complexas dedicado á sogra - podcast episode cover

Efer 590 (23-3-22): O "paper" de redes complexas dedicado á sogra

Mar 25, 202259 minSeason 15Ep. 590
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

(2:19) Un cuarto do consumo enerxético dunha vivenda corresponde a quentar auga. Bibiana García Visos, directora da Casa das Ciencias, explícanos os pequenos segredos que se agochan nos nosos fogares. (15:05) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan diversos como a ecoloxía, a ciencia de materias, proteómica, xeopolítica ou redes de transporte. Curiosamente a súa sogra Consuelo de Arzúa aplicaba na horta técnicas similares ás conclusións ás que chegou Ernesto Estrada tras meses de traballo matemático en control de pragas con asociación de cultivos empregando redes complexas. (40:54) Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o disco de Nebra. www.efervesciencia.org
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android