Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

Efer 587 (2-3-22): Be Flow my friend!

(3:10) A invasión rusa da Ucraína está afectando xa á exploración espacial. Que vai pasar coa Estación Espacial Internacional? Javier Pedreira "Wicho" fainos un debuxo da situación actual. (11:21) No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición d...

Mar 03, 202259 minSeason 15Ep. 587

O osiño de Karikó e o ARN, con Lluís Montoliu

Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia.

Feb 23, 202224 minSeason 15Ep. 586

Efer 586 (23-2-22): Unha estrela roxa no nacemento de Rosalía

(2:14) Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia. (26:44) Christiane Dosne Pasqualine de 102 anos foi pioneira no estudo da leucemia en Arxentina. En "Christiane, o bio-musical cie...

Feb 23, 20221 hrSeason 15Ep. 586

Efer 585 (9-2-22): Pioneiras e invisibles da ciencia en Galicia

(3:39) A especialista en Historia da Ciencia Xoana Pintos e o xornalista Manuel Rey (con Eduardo Rolland) veñen de publicar sendas obras para visibilizar ás nosas primeiras científicas. Conversamos con eles sobre "Pioneiras da Ciencia en Galicia" e "Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago", ambos libros editados por Galaxia. (45:14) A nosa colaboradora Joana Magalhaes xunto coa investigadora do grupo Nanotoxgen da UDC Vanessa Valdiglesias a...

Feb 10, 202259 minSeason 15Ep. 585

A promo da tempada 15

Promoción da tempada 15 de Efervesciencia na Radio Galega na que facemos un guiño a "Primeira Plana" de Willy Wilder. "E quen vai escoitar o segundo parágrafo?!"

Feb 06, 202228 secSeason 15Ep. 584

Guía do Ceo de inverno 22: Despedida e benvida

En febreiro de 2009 comezamos a emitir a sección "Guía do Ceo" nun programa que realizamos desde A Casa das Ciencias. Logo de moitas noites estrelecidas os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino dinnos ata logo. Pero non quedamos orfos, colle o se relevo na sección @astroxabi, Xabier Perez Couto, que ha ser o noso novo "Guía" polos ceos nocturnos. Desde A Casas das Ciencias novamente, o @astroxabi estrease co seu itinerario para observar os ceos de inverno.

Feb 06, 202222 minSeason 14Ep. 584

Efer 584 (2-2-22): “O universo é un panettone”. Cosmoloxía con Antón Baleato

[Versión estendida] (3:28) Desde os soportais da Casa das Ciencias conversamos co novo cosmólogo coruñés Antón Baleato e con Martin Pawley. Baleato esta a facer o seu postdoutoramento no Berkeley Center for Cosmological Physics. Con el coñecemos a importancia do Fondo Cósmico de Microondas para estudar a orixe do noso universo. (42:12) Guía do Ceo de inverno 22: Despedida e benvida

Feb 03, 20221 hr 4 minSeason 15Ep. 584

Efer 583 (12-1-22): A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise

(14:07) O premio Nobeld de quimica 2021 ganárono Benjamin List e David MacMillan polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica. En 20 anos esta nova tecnoloxía ten revolucionado o mundo dos catalizadores, unha industria da que dependo un terzo do PIB mundial. A potencia da catálise asimétrica amósase na síntese da estricnina, o cubo de Rubik dos químicos orgánicos. Esta metodoloxía ten un rendemento 7000 veces maior que a síntese tradicional. Conversamos no CIQUS-USC co investigador científi...

Jan 26, 202258 minSeason 15Ep. 583

Efer 582 (1-1-22): A festa do clítoris e os papers falsificados. Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 2)

No programa especial de Anivovo seguimos a cantar, e contar, a mellor ciencia do ano grazas ao noso equipo de colaboradores: Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano desde o paraninfo da Universidade de Santiago. Con Alberto Garcia Basteiro analizamos como se viviu desde África este ano de pandemia. Alberto García-Basteiro é investigador no Instit...

Jan 25, 202257 minSeason 15Ep. 582

Efer 581 (29-12-21): Proteínas e Intelixencia Artificial: Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 1)

Programa especial de fin de ano. Desde o paraninfo da Universidade de Santiago repasamos a mellor, e peor ciencia do ando, da man dos nosos colaboradores Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano. O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial José Santos da Universidade de A Coruña debulla para nós o achado científico do ano da...

Jan 25, 202256 minSeason 15Ep. 581

Os Camiños da Innovación [Gain]

Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos o programa de impulso a innovación nas Pemes 21-22. Unha das empresas participantes no "Camiño da Innovación" de GAIN é Ecoplas Barbanza. O seu responsable de negocio, Anxo Vidal, fálanos dos proxectos de innovación que ten enfrontado esta PEME que comezou fabricando redes de enmallado para mexillón.

Jan 24, 202221 minSeason 15Ep. 579

Efer 580 (25-12-21): O faro de Jocelyn e os sons do universo

Os sons tamén poden ser utilizados para divulgar o espazo, non todo van ser imaxes. O investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC) Enrique Pérez Montero é cego. Para facer divulgación astronómica válese de son reais, sonificacións e musificacións. Este recurso é moi potente e inclusivo. Hai detalles que te perdes se non o escoitas, aínda que poidas ver. A astrofísica Jocelyn Bell é a descubridora dos púlsares, unha sorte de estrelas-faro que emiten periodicamente ondas de radio....

Jan 23, 202256 minSeason 15Ep. 580

Efer 579 (22-12-21): "Descubrimos ca hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado antes do que se pensaba

(2:20) Levamos os nosos micrófonos ao CIMUS na Universidade de Santiago para visitar o grupo de "Enfermidades e Xenoma" que lidera José Tubio. Conversamos coas investigadoras Paula Otero, Eva García Álvarez e co propio Jose Tubío, que vén de gañar o premio nacional de investigación en cancro Doutores Diz-Pintado. Acaban de publicar en Nature Communications un traballo que demostra que o virus da hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado ata 20 anos, ou máis, de que se detecte o tumor. Explí...

Jan 18, 202258 minSeason 15Ep. 579

Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet

(3:26) Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira "Wicho" analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial. (20:06) O profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efectividade de facer un peneirado precoz das adicións. Nesta liña o seu grupo de investigación traballou ...

Jan 17, 202259 minSeason 15Ep. 578

"Os océanos teñen voz" relato gañador Inspiraciencia mocidade

Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador na categoría de mozos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña

Jan 17, 202211 minSeason 15Ep. 577

"Lúa Negra", relato gañador de Inspiraciencia adultos

Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila.

Jan 17, 202213 minSeason 15Ep. 576

Efer 577 (8-12-21): O que nos ensinan as células zombis do envellecemento

(2:27) Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador do concurso Inspiraciencia na categoría de mocidade en galego. (12:12) Celebrouse en Santiago a reunión anual da Rede Nacional de Senescencia Celular. E alí levamos os micrófonos de Efervesciencia para coñecer os máis novidosos avances sobre o envellecemento. Foi o noso anfitrión Manuel Collado, do grupo de "Senescencia Celular en Cancro e Envellecemento" do IDIS. Conversamos co investigador Manuel Serrano (IRB Barcelon...

Jan 17, 202258 minSeason 15Ep. 577

Efer 576 (1-12-21): Descifrando o astronógrafo de Navalón

(3:30) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila. (16:57) Documentos antigos perdidos no fondo dun armario, un texto indescifrable, un estraño instrumento científico, un pedagogo masón esquecido pola historia... Todos estes elementos...

Jan 06, 202257 minSeason 15Ep. 576

Ciencia cidadá contra os malos cheiros ambientais [Muller e Ciencia]

Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos. Sección “Muller e Ciencia” con Joana Magalhães.

Jan 05, 202217 minSeason 15Ep. 575

Efer 575 (24-11-21): O fármaco eficaz contra a artrose era un antidepresivo

(2:30) Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos. (19:39) O grupo de Patoloxía Muscoloesquelética do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) vén de publicar en...

Jan 05, 202256 minSeason 16Ep. 575

Efer 574 (17-11-21): Xenómica, Antártida e cogomelos no S. Alberte da UVigo

Programa con público desde o salón de actos das Facultades de Ciencias Experimentais (Bioloxía, Ciencias do Mar e Química) da Universidade de Vigo co gallo da celebración do San Alberte. (2:56) Xenetistas: Armando Caballero, Paloma Morán e Diana Valverde (18:43) Ciencias do Mar: Paula Diz, Elsa Vázquez e Mariano Lastra (40:57) Cogomelos: Marisa Castro e Maria Cabaleiro www.efervesciencia.org

Nov 21, 202157 minSeason 15Ep. 574

As paixases sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza]

As paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América. https://www.nature.com/articles/s41467-021-26488-1

Nov 17, 202110 minSeason 15Ep. 573

Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polo CO2

Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polos gases de efecto invernadoiro: Verifican a hipótese do nobel de física 2021 seis décadas despois. (2:36) ] Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa. (17:31) Unha metade do premio nobel de física deste ano 2021 correspondeu a Kla...

Nov 16, 202158 minSeason 15Ep. 573

A primeira guerra biolóxica foi coa varíola [Historias de virus]

Probablemente o primeiro caso documentado de guerra biolóxica tivo lugar con virus da varíola. O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta dedica a súa sección “Historias de virus: habelos hainos” á varíola.

Nov 16, 202116 minSeason 15Ep. 558

Efer 572 (27-10-21): Monográfico XXIV Congreso Estatal de Astronomía

Monográfico dedicado ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO na Coruña entre o 8 e 12 de outubro de 2021. (2:30) As tres as astrónomas galegas que cartografían os obxectos descoñecidos da nosa galaxia coa sonda espacial Gaia da ESA: Minia Manteiga (UdC), Ana Ulla (UVigo) e Ruth Carballo (Universidade de Cantabria). (18:02) Cos afeccionados Mónica Veiga e Pablo Martínez Alemparte. (23:39) A exploración espacial da ESA con Michael Küppers (Coordina...

Oct 27, 202157 minSeason 15Ep. 572

Van desaparecer as gaivotas?

En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla.

Oct 25, 202114 minSeason 15Ep. 570

Efer 571 (6-10-21): O nobel emigrante que sobrevivía facendo horóscopos

(3:21) A astrofísica galega Olga Suárez traballa no observatorio astronómico de Niza en Francia. Este verán impartiu unha charla na Domus en A Coruña sobre mulleres astrónomas. Conversamos con ela e co noso estreleiro Martin Pawley. (17:37) Debullamos o premio nobel de medicina ou fisioloxía con Félix Viana, investigador do Instituto de Nuerociencia de Alacante. Viana traballa nos receptores de presión e temperatura, e por iso coñece persoalmente aos galardoados David Julius e Ardem Patapoutian....

Oct 18, 202158 minSeason 15Ep. 571

Efer 570 (29-9-21): Ardora

(3:59) En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla. (17:59) Levamos un par de veráns con ardoras espectaculares nas nosas rías. A ardora (o mar iluminado pola noite) é producida polo fitoplancto. Ata agora asociábase a ardora a actividade bioluminiscente do dinoflaxelado Noctiluca scintillans. Pero cando o investigador do IEO en Vigo Francisco...

Oct 15, 20211 hrSeason 15Ep. 570

Chamamento para salvar a noite [Guía do Ceo]

A comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo. Un posible modelo de alegación http://agrupacionio.com/propuesta-de-alegaciones-para-la-consulta-publica-del-prd-de...

Sep 30, 20211 hrSeason 15Ep. 570
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android