Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

Efer 569 (24-9-21): Especial G-Night en directo desde o Tinglado

Programa especial en directo desde o Tinglado do Porto de Vigo dedicado á G-Night, a Noite Europea das Persoas Investigadoras en Galicia. Contamos con Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da Universidade de Vigo), Paula Tosar (Gradiant), Victoria Besada (IEO), Fernando de Peroy (SpaceLan Uvigo), Lucía Viñas (IEO), Esther Román (IEO), Luisa Martínez (CSIC-Galicia, IIM). E ademais tomamos o pulo das actividades da G-Night en Santiago, Coruña, Ourense, Ponteved...

Sep 25, 202155 minSeason 15Ep. 569

Guía do Ceo de Verán 21 desde Trevinca

[Versión estendida] Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán. Aquí tedes o pdf que complementa a explicación dos nosos estreleiros. https://www.slideshare.net/anoiteenecesaria...

Aug 07, 202135 minSeason 14Ep. 368

Efer 568 (14-7-21): Begoña Vila: O sprint final do telescopio James Webb

(2:01) Logo de máis de dúas décadas cada vez está mais próximo o lanzamento do telescopio espacial James Webb que esta chamado a substituír ó xa mítico telescopio espacial Hubble. Coñeceremos tódolos detalles do James Webb en conversa desde os Ángeles coa enxeñeira de sistemas da nasa Begoña Vila en compaña do noso Martin Pawley. (26:57) O robot social NETA V3A da a benvida aos visitantes da exposición “Galicia Futura”. No seu deseño participou Alberto Montiel (FrutoDS). María José Mariño cóntan...

Aug 07, 202158 minSeason 14Ep. 568

Efer 567 (7-7-21): Biomateriais de descartes de tiburón. Premios á transferencia da RAGC.

A semana pasada entregáronse os premios á transferencia tecnolóxica en Galicia2021 que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co apoio do Gain, a Axencia Galega de Innovación. Neste monográfico de Efervesciencia coñeceremos os gañadores nas tres modalidades deste premio que recoñecen respectivamente ás investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con algo potencial de transferencia, os casos de éxito de grupos de investigación que conseguiron levar ó mercado ó seu coñe...

Aug 06, 202159 minSeason 14Ep. 567

Efer 566 (1-7-21): Monográfico: A consolidación da biotecnoloxía en Galicia

Ao fío da presentación da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxia en Galicia 2021-25 por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN) preparamos un monográfico para escoitar as diferentes voces do ecosistema de innovación galego. (2:55) Patria Fernández, directora da área de Servizos do GAIN, e Carme Pampin, Clúster Tecnóloxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) (30:17) Sonia Martínez Arca (Celtarys), Manuel Lolo (Ams Labs) e Juan Buela (Sun Rock Biopharma) www.efervesciencia.org

Aug 02, 20211 hr 1 minSeason 14Ep. 566

Efer 565 (24-6-21): Moncho Núñez, premio de divulgación da RAGC

(2:02) “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC). (15:44) Sempre vale a pena escoitar as reflexións do divulgador Ramón Núñez. Nesta ocasión aproveitamos a concesión do I Premio de Divulgación da Real Academia Galega de Ciencias para conversar c...

Aug 02, 202157 minSeason 14Ep. 565

Efer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54

(2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serpentínicos da Serra do Careón. Un ecosistema afectado pola autovía A-54. (31:36) O proxecto de cienci...

Aug 02, 202157 minSeason 14Ep. 564

Efer 563 (10-6-21): Paso de xigante na comunicación cuántica con @osondasideas

(2:10) Introducimos a nova sección “Mitos da Evolución” con Alba López e Marta Vila, profesora de xenética da Universidade de A Coruña. (8:09) "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de In...

Aug 02, 202157 minSeason 14Ep. 563

Efer 562 (3-6-21): Sen a ciencia de datos non podes gañar ao fútbol

(4:11) Martin Pawley danos todas as claves para eclipse solar do 10 xuño. Á única nesta década que caerá en horario lectivo. (18:29) Ezequiel Rey, investigador do grupo REMOSS na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, é especialista en datos de deportes colectivos, especialmente o fútbol. Para as súas investigacións dispón dos datos exclusivos que rexistra o sistema multicámara da Liga Nacional de Fútbol Profesional. Como inflúe a idade no rendemento dun futboli...

Aug 01, 202157 minSeason 14Ep. 562

Efer 561 (27-5-21): Grecia clásica: Deusas, mulleres, mitoloxía, menstruación

(2:40) A xornalista Laura Veiga é a impulsora de pingando.gal. Vén de ser seleccionada para presentar o seu proxecto de divulgación sobre o ciclo menstrual en Ciencia en Redes 21. (17:56) Presentamos a Feira Científica Galiciencia coa técnica de Tecnópole Sabela Bouza e cos divulgadores Andrea Muras, @cienciamiuda, e David Ballesteros. (27:40) Susana Reboreda, decana e profesora titular da Facultade de Historia de Ourense da Universidade de Vigo, é experta en mitoloxía grega e o papel da muller ...

Aug 01, 202157 minSeason 14Ep. 561

Efer 560 (20-5-21): Anatomía da batalla dos aerosois con José Luis Jiménez e Sonia Villapol @jljcolorado @svillapol

(4:56) A axencia espacial chinesa chega a Marte. Nolo conta Javier Pedreira “Wicho” (17:23) Debullamos a “guerra do aerosois” que tivo lugar na comunidade científica á hora de encarar o esparexemento da Covid. Contamos coa testemuña en primeira liña de José Luis Jimenez, catedrático de Química e Ciencias Ambientais da Universidade de Colorado, con quen conversamos coa axuda da neurocientífica Sonia Villapol (Texas Médical Centre). www.efervesciencia.org

Aug 01, 202156 minSeason 14Ep. 560

Efer 559 (13-5-21): Debate con cinco economistas mulleres que investigan a desigualdade

(0:00) Intro da Avoa de Einstein: o coche eléctrico e Elinor Ostrom. (5:14) ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por investigadores das tres universidades galegas, e especializado no estudo da económica, social e ambiental. económico coma ambiental e social. No Museo do Mar de Vigo ECOBAS vén de organizar o debate “A Ciencia ten nome de muller” onde cinco economistas mulleres comparten as súas investigacións e reflex...

Aug 01, 202157 minSeason 14Ep. 559

#MitosEvolución 2: A selección natural sempre actúa ao noso favor?

"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na segunda colaboración Alba analiza a frase "A selección natural sempre actúa ao noso favor" coa participación catedrática de xenética da Universidade de Vigo Paloma Morán.

Jul 12, 202113 minSeason 14Ep. 567

#MitosEvolución 1: Descendemos dos monos? (convidado JM Bermúdez de Castro)

"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación.

Jul 12, 202111 minSeason 14Ep. 563

Unha eclipse de sol para ver na escola e no traballo [Guía do ceo]

Na vindeira década teremos 6 eclipses de sol en Galicia, pero o do 10-6-21 será o único que coincida en horario escolar. Martín Pawley cóntanos todos os detalles. Folleto da Agrupación IO http://agrupacionio.com/gl/materiales-didacticos/

Jun 09, 202114 minSeason 14Ep. 562

Efer 558 (6-5-21): César de la Fuente, ordenadores e bioenxeñería contra as superbaterias

(0:01) Introdución da Avoa de Einstein con Juanjo Fernández ao piano (3:38) Aberta a nova edición do concurso de relatos de inspiración científica “Inspiraciencia”. Recuperamos o relato de José de la Sota gañador en 2015. https://inspiraciencia.es/gl/ (6:37) O biotecnólogo galego César de la Fuente con só 35 anos leva gañado unha chea de prestíxiochos premios ó longo da súa carreira. O último deles o Premio Princesa de Girona de Investigación 2021. De la Fuente lidera o grupo “Machine Biology Gr...

May 31, 202156 minSeason 14Ep. 558

Efer 557 (29-4-21): A arqueoloxía pescuda as orixes dos estados fallidos do Corno de África

(2:23) Na idade media o Corno de África era un lugar próspero. Actualmente é o paradigma dos estados fallidos, fame e piratería. Que pasou entremedias? O investigador do INCIPIT-CSIC, Jorge de Torres, gañou un prestixioso proxecto Starting Grant do ERC (Consello Europeo de Investigación) para aproximarse a esta pregunta. Deste xeito neste 5 anos o proxecto “StateHorn” analizara o territorio, os asentamentos, a cultura material, as tradicións e a literatura desta zona do mundo. Jorge de Torres pa...

May 25, 202159 minSeason 14Ep. 557

As cebras "avatar" de Pelayo

Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrátic...

May 13, 202120 minSeason 14Ep. 556

Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia

(2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais. (32:41) Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebr...

May 13, 202156 minSeason 14Ep. 556

"Os obxectos masivos no interior das galaxias poderían ser estrelas de bosóns" Juan Calderón Bustillo [Versión estendi

[Versión estendida] As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta observación en colaboración con investigadores da Universidade de Aveiro. De se confirmar esta interpre...

May 11, 202135 minSeason 14Ep. 555

Efer 555 (15-4-21): Son as ondas gravitacionais as chaves para entender a materia escura?

(3:25) Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa. (14:10) As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa de...

May 10, 202159 minSeason 14Ep. 555

Megaconstelacións, ceo nocturno e gobernanza espacial con Salvador Bará [Versión estendida]

[Versión estendida] Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o mod...

May 06, 202145 minSeason 14Ep. 554

Efer 554 (8-4-21): Acabou o lixo espacial cos ceos máis escuros do planeta?

(2:50) O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante. (16:36) Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un p...

May 06, 202156 minSeason 14Ep. 554

Guía do ceo de primavera 2021 partindo de cero

Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://tinyurl.com/guiaceoprimavera21

Apr 04, 202119 minSeason 14Ep. 553

Efer 553 (1-4-20): Os vascos xeneticamente son marcianos? Microdiversidade xenética en Euskal Herria e Galicia

(3:12) Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://1drv.ms/b/s!AumGabMIeX6emOl05xgmnBj7W5WZdQ?e=QurNir (22:14) Recentemente apareceron tit...

Apr 03, 202157 min

Efer 552 (25-3-21) A divulgación científica en Galego chega a Twitch: Ecos de xigantes

[2:34] Desde Madrid e Barcelona un ambientólogo, unha inmunóloga e un físico cuántico veñen de poñer en marcha a primeira canle de divulgación científica en galego na plataforma twitch: Ecos de Xigantes. Eles son Diego Ferraz @dferrazc, Carmela Cela @Biochemiss, e Dario Lago @osondasideas. Conversamos sobre esta iniciativa e os proxectos de divulgación persoais de cada un deles, como son Naturiza no Salto Diario ou a canle de Youtube “O son das Ideas”. [27:54] Martin López Nores é un enxeñeiro p...

Mar 28, 202157 minSeason 14Ep. 552

Efer 551 (18-3-21): Un caldeireiro e unha sismóloga estelar: Obxectivo cazar exoplanetas

[3:15] Un lata de conservas chea de toxina botúlica ten un potencial letal que podería matar a un poboación de 6 millóns de habitantes. Este é un dos fascinantes datos que nos conta Bibiana García Visos en este “Ciencia para andar por casa” dedicado a las latas de convervas. [11:28] A astrosismóloga estelar galega Cristina Rodríguez López é investigadora do Instituto Astrofísico de Andalucia-CSIC, e forma parte do equipo que ven de descubrir un planeta en torno a estrela anana vermella Gliese 48...

Mar 28, 202156 minSeason 14Ep. 551
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android