Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

Discriminación de nais investigadoras: "Necesitamos unha lei galega" [Versión estendida con De la Fuente e Gago]

[Versión estendida] María de la Fuente dirixe o grupo de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional do IDIS e Alexandra Lago é investigadora do departamento de xeociencias da Universidade de Vigo. María e Alejandra teñen en común que son nais e investigadoras. Aínda hoxe teñen ambas teñen sufrido convocatorias que penalizan o tempo de maternidade nas súas carreiras científicas. Conversamos con elas da man de Joana Magalhaes, a noso colaboradora especialista en muller e ciencia.

Mar 21, 202128 minSeason 14Ep. 550

A descoñecida orixe da sida: África en 1908 [Historias de virus]

Historias de virus: Habelos hainos. O VIH. Con César Muñoz Fontela. Os primeiro casos da Sida detectáronse en Estados Unidos, o virus identificouse en Francia, pero a verdadeira orixe deste virus está en África a principios do século XX.

Mar 21, 202117 minSeason 550Ep. 550

Efer 550 (11-3-21): Científica ou nai?

[2:37] Jimena Fernández de la Vega foi unha investigadora pioneira en moitos ámbitos. Foi das primeiras licenciadas da USC, investigadora no estranxeiro e das introductoras da xenética moderna en España. A Real Academia Galega de Ciencias decidiu homenaxear neste 2021 a figura de Jimena. Anxela Bugallo é a biógrafa de Jimena Fernández de la Vega no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega. [18:23] María de la Fuente dirixe o grupo de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional do IDIS e Alexa...

Mar 21, 202156 minSeason 14Ep. 550

Efer 549 (4-3-21): Monográfico Perseverance con Fernando Abilleira e Jesús Martínez Frías

Monográfico Perseverance coa colaboración de Borja Tosar. Versión estendida coas entrevistas completas [2:52] Fernando Abilleira é o director de deseño e operación, e subdirector de voo da misión Mars 2020 de Perseverance. Da man deste enxeñeiro do JPL-Nasa de ascendencia galega coñecemos polo miúdo os desafíos técnicos desta misión que vai pescuda indicios de vida pasada no planeta vermello. [33:55] Narración dos 7 minutos de terror da man de Borja Tosar e César Goldi [36:09] Conversamos sobre ...

Mar 14, 20211 hr 3 minSeason 14Ep. 549

Os videos trola "deep fake" [Algoritmo poeta]

Leonor Parcero e Susana Ladra analizan no “Algoritmo poeta” os vídeos trola. Déixannos unha idea quizais desacougante, canto máis melloran os algoritmos que detectan os “Deep fake”, mellor se comportan pola outra banda os algoritmos que os crean.

Mar 09, 202122 minSeason 14Ep. 548

Efer 548 (25-2-21): O exoesqueleto virtual para a industria 4.0 creado en Galicia

[0:58] Día de Rosalía [6:32] Leonor Parcero e Susana Ladra analizan no “Algoritmo poeta” os vídeos trola. Déixannos unha idea quizais desacougante, canto máis melloran os algoritmos que detectan os “Deep fake”, mellor se comportan os algoritmos que os crean. [29:06] A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Arjerey, preséntanos a III convocatoria do programa IGNICIA que apoia as grupos de investigación galegos para que poidan facer chegar ao mercado as súas innovación. [42:12] Felipe...

Mar 09, 202159 minSeason 14Ep. 548

A doenza da fita amarela [Historias de virus]

Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na loita contra a Covid.

Mar 09, 202110 minSeason 14Ep. 547

Efer 547 (18-2-21): Equalsea: O proxecto europeo para crear un mar equitativo cos grupos vulnerables

[3:14] Previa da amartizaxe de Perseverance con Javier Pedreira “Wicho” [16:43] O investigador de economía aplicada da USC vén de conseguir co proxecto Equalsea unha cotizada axuda Consolidator Grant da UE para estudar como facer máis equitativos os beneficios dos océanos. O proxecto levarase a cabo en 5 anos en Galicia, a Amazonía e en África. [43:36] Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados U...

Mar 08, 202157 minSeason 14Ep. 547

Pescuda de novas partículas no LHC. Entrevista completa con Xabier Cid.

En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da materia escura.

Mar 07, 202137 minSeason 14Ep. 546

Polarización, redes e evolución pandémica

Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas. Para construír o modelo da sociedade empregaron a rede social twitter. Conversamos con Alberto Pérez Muñuzuri.

Mar 07, 202116 minSeason 14Ep. 546

Efer 546 (11-2-21): E se houbese partículas que se escapan aos detectores do LHC?

(4:04) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Veñen de escribir a Science unha carta achegando novas análises ao papel dos supercontaxiadores. (17:59) En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de long...

Mar 07, 202158 minSeason 14Ep. 546

Neurociencia, microbiota, covid persistente... Entrevista completa con @svillapol

[Versión estendida] Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seus intereses está o atopar biomarcadores de dano cerebral producido por exposición a golpes na cabeza, como ocorre en moitos deportes. Durante esta pandemia Sonia reenfocou a súa liña de investigación cara a Covid e xogou un papel moi activo en comunicar á sociedade ós avances científicos nesta área. Vén de publicar unha revisión sistemática dos efectos persisten...

Mar 06, 202134 minSeason 14Ep. 545

Como se fixo o ensaio preclínico da aplidina, con Adolfo García Sastre [Versión estendida]

[Versión estendida] O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalmente ao doente logo de pasar os ensaios clínicos.

Mar 06, 202121 minSeason 14Ep. 544

Efer 545 (4-2-21): As secuelas tras a fase aguda da Covid con Sonia Villapol

Estaremos neste programa en Houston e Nova Iork. (3:24) O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalmente ao doente logo de pasar os ensaios clínicos. (19:14) Sonia ...

Mar 01, 202157 minSeason 14Ep. 545

Efer 544 (28-1-21): A patente que extrae antiséptico do bagazo do albariño

(1:46) As consecuencias do confinamento duro nas aves poden ter signos opostos segundo nos comenta o noso paxareiro Nacho Munilla. Convidamos tamén ao biólogo Tino Quintela que en breve comezará na Universidade de Vigo un contrato Marie Curie para estudar organismos dos solos degradados tropicais en Borneo. (2:56) Previa da Regueifa de Ciencia “Estamos a crear un mundo tóxico?,” con Moisés Canle, Juan Manuel López Nicolás e Dolores Romano. (32:05) No espazo dedicado ao GAIN (Axencia Galega de In...

Feb 17, 202158 minSeason 14Ep. 544

Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño

(3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows (20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á exposición virtual “A ciencia en imaxe” (23:04) Non todas as vacinas se desenvolven á “velocidade da luz”...

Feb 14, 202158 minSeason 14Ep. 543

"Os curandeiros de África, aquí son os do 5G e as vacinas" César Muñoz Fontela [Versión estendida]

[Versión estendida en podcast] O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes ...

Jan 16, 202135 minSeason 14Ep. 542

Oportunidade única de ollar Urano cos teus ollos [Guía do ceo]

Urano é un planeta tan difícil de atopar no ceo que tan so puido ser descuberto co uso do telescopio por William Herschel. Pero agora os noso estreleiros, Pawley e Baspino, dannos unha pista para atopalo facilmente a vindeira semana.

Jan 16, 202116 minSeason 14Ep. 542

Efer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta

(2:24) En “Cambio de fase” Dani Pizarro analiza a banda deseñada “En órbita con Thomas Pesquet” (13:58) O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das...

Jan 14, 202157 minSeason 15Ep. 542

Efer 541 (6-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 2]

Versión estendida da segunda parte do programa especial de aninovo, emitida o 6 de xaneiro de 2020. Contamos, e cantamos a mellor ciencia do 2020 e a que está por vir neste ano novo. Empregamos de referencia, como é tradición, a escolma da revista Science e os persoeiros do ano de Nature. Nestas dúas horas de radio escoitaremos achados fascinantes pero tamén fracasos, saberemos de senlleiros científicos e científicas que nos deixaron e tamén haberá tempo para o debate. Para todo isto contamos co...

Jan 11, 20211 hr 26 minSeason 14Ep. 541

Efer 539-540 (1-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 1]

Versión estendida da primeira parte do programa especial de aninovo, que se emitiu o 1 de xaneiro de 2020. Sen dúbida as vacinas son o achado científico do ano. Falaremos delas coa catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África Gónzalez. Pero tamén abordaremos a outra ciencia que se fixo no intenso 2020. Fieis a nosa tradición tomaremos como referencia a escolma que fai a revista Science anualmente e os persoeiros que escolle Nature. Teremos tempo para contarche historias emocionantes...

Jan 11, 20212 hr 11 minSeason 14Ep. 539

A peluxe do embigo [Ciencia para andar por casa]

Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa”

Jan 10, 202110 minSeason 14Ep. 538

Efer 538 (24-12-20): Como ven as adolescentes galegas a profesión científica

(4:01) Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa” (14:47) Xuvenciencia analizou en “A Ciencia como profesión” os estereotipos e os prexuízos de xénero nas carreiras científicas nunha enquisa a 700 escolares de ESO, BAC e FP de 31 centros galegos. Unha das conclusións é que as rapazas galegas cren en si mesmas e nas súas capacidades cara facer ciencia máis que a sociedade en con...

Jan 10, 202158 minSeason 14Ep. 538

Fusobacterium, cara bonita pero malas compañas [Circo de bacterias]

O Fusobacterium semella un pasaxeiro inofensivo do noso microbioma que temos na boca, ou na vaxina. Pero malia a súa cara bonita, esta bacteria anda con moi malas compañas e iso agora sabemos que non é casualidade. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira.

Jan 05, 202110 minSeason 14Ep. 537

Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata [Saber por se acaso #2]

“Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.

Jan 01, 202111 minSeason 14Ep. 537

RCP en tempos da Covid [Saber por se acaso #1]

“RCP en tempos da Covid”. Primeiro capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.

Jan 01, 202117 minSeason 12Ep. 525

Efer 537 (17-12-20): Os microplásticos tamén contaminan os solos

(2:51) “Anafilaxe: Unha alexia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández. (13:27) (13:27) Existe unha conciencia global da contaminación que supoñen os plásticos nos mares. O libro “Mare Plasticum. The plastic sea” é o primeiro que abor...

Dec 26, 202059 minSeason 14Ep. 536

COVIDBens con Marga Poza e Ricardo Cao [Versión estendida]

Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante P...

Dec 26, 202027 minSeason 14Ep. 536
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android