Efer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta - podcast episode cover

Efer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta

Jan 14, 202157 minSeason 15Ep. 542
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

(2:24) En “Cambio de fase” Dani Pizarro analiza a banda deseñada “En órbita con Thomas Pesquet” (13:58) O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes países e o papel dos modelos animais. No seu traballo de campo en África co ébola e laza, Muñoz Fontela ten atopado reticencias e rumores tales como “os europeos veñen aquí a roubármonos ós órganos”. Argumentos que no fondo son moi semellantes ao “o virus o causa o 5G” (40:54) Urano é un planeta tan difícil de atopar no ceo que tan so puido ser descuberto co uso do telescopio por William Herschel. Pero agora os noso estreleiros, Pawley e Baspino, dannos unha pista para atopalo facilmente a vindeira semana. www.efervesciencia.org
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android