Efer 537 (17-12-20): Os microplásticos tamén contaminan os solos - podcast episode cover

Efer 537 (17-12-20): Os microplásticos tamén contaminan os solos

Dec 26, 202059 minSeason 14Ep. 536
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

(2:51) “Anafilaxe: Unha alexia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández. (13:27) (13:27) Existe unha conciencia global da contaminación que supoñen os plásticos nos mares. O libro “Mare Plasticum. The plastic sea” é o primeiro que aborda este problema desde a perspectiva conxunta da arte e a ciencia. Os editores desta obra son os artistas plásticos Margarita Cimadevila e Wolfagang Treknat, e a investigadora Marilena Bianchi. O investigador Andrés Rodríguez Seijo foi pioneiro en demostrar que a presenza de plásticos tamén afecta a saúde dos solos ao estudar as miñocas de terra. (43:20) O Fusobacterium semella un pasaxeiro inofensivo do noso microbioma que temos na boca, ou na vaxina. Pero malia a súa cara bonita, esta bacteria anda con moi malas compañas e iso agora sabemos que non é casualidade. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira. www.efervesciencia.org
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android