Efer 580 (25-12-21): O faro de Jocelyn e os sons do universo - podcast episode cover

Efer 580 (25-12-21): O faro de Jocelyn e os sons do universo

Jan 23, 202256 minSeason 15Ep. 580
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

Os sons tamén poden ser utilizados para divulgar o espazo, non todo van ser imaxes. O investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC) Enrique Pérez Montero é cego. Para facer divulgación astronómica válese de son reais, sonificacións e musificacións. Este recurso é moi potente e inclusivo. Hai detalles que te perdes se non o escoitas, aínda que poidas ver. A astrofísica Jocelyn Bell é a descubridora dos púlsares, unha sorte de estrelas-faro que emiten periodicamente ondas de radio. A historia da súa vida é fascinante. Coa colaboración de Martin Pawley entrevistamos na Coruña a Jocelyn Bell, un faro tamén para os astrónomos afeccionados que a convidaron a participar no seu XXIV Congreso Estatal de Astronomía. As voces da dramatización sonora corresponden a Victoria Pérez e César Goldi. www.efervesciencia.org
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android