Presentámosvos a primeira "Guía do Ceo" do ano con Irene Baspino e Martin Pawley na que falamos dos eventos astronómicos previstos para 2019, comezando pola eclipse de lua do 21 de xaneiro. Wicho lévanos á cara oculta da lúa e a Ultima Thule. Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párk...
Jan 19, 2019•57 min•Season 12Ep. 460
Detrás da popular "The element song" hai unha serie de historias interesantes. Colaboración no Diario Cultural o 9-12-18. Coa intervención de Marcelino Maneiro, profesor de química da USC e membro do grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica Ciencia NOSA.
Jan 12, 2019•15 min
Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero tamén a historia destas dúas loitadoras que un día compartiron patio de colexio.
Jan 10, 2019•44 min•Season 12Ep. 460
Segunda parte do noso especial dedicado ao mais importante da ciencia de 2018. Este é o noso programa mais golfo da tempada no que contamos coa presenza da maioría dos nosos colaboradores: Bibiana García Visos, Deborah García Bello, Borja Tosar, Martin Pawley, Wicho, Marta Vila e César Goldi. Tamén conversamos baixo a cúpula da Casa das Ciencias coa avogada Anna Almécija: máis iluminación pública é maior seguridade?
Jan 03, 2019•57 min•Season 12Ep. 459
Primeira parte do noso especial dedicado ao mais importante da ciencia de 2018. Este é o noso programa mais golfo da tempada no que contamos coa presenza da maioría dos nosos colaboradores: Bibiana García Visos, Deborah García Bello, Borja Tosar, Martin Pawley, Wicho, Marta Vila e César Goldi. Coñecemos a valoración de Manuel Collado (stemCHUS) do achado do ano segundo a revista Science das técnicas de seguimento célula a célula na bioloxía do desenvolvemento. Tamén damos conta do primeiro estud...
Dec 29, 2018•57 min•Season 12Ep. 458
En Galicia se está a artellar toda unha industria ao redor dos drons con epicentro no aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo). Os vehículos áreos non tripulados (UAV polas súas iniciais en inglés) poden axudar a solucionar cuestións estratéxicas para Galicia, desde a ordenación do territorio ou a xestión forestal ata o rescate na mar. Neste programa monográfico contaremos con todos os actores que participan no programa "Civil UAVs Iniciative" promovido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN). ...
Dec 29, 2018•56 min•Season 12Ep. 457
Conversamos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruíu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York. O especialista en historia da Ciencia Xose A. Fraga cóntanos como se viviu a gripe "española" en Galicia. (A versión estendida desta entrevista esta nestoutro podcast https://www.ivoox.com/30747981) É racional o cambio de hora estacional en Europa? Este é nome d...
Dec 29, 2018•59 min•Season 12Ep. 456
Versión estendida con contido extra da conversa que tivemos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruiu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York.
Dec 12, 2018•43 min•Season 12Ep. 456
Na natureza non existen sales que estean líquidos á temperatura ambiente. No laboratorio, pola contra, é posible preparar líquidos iónicos que están chamados a ter múltiples aplicacións, entre eles a fabricación de baterías máis eficientes para a nova mobilidade eléctrica. Conversamos con Luis Miguel Varela, catedrático de física da USC, responsable da Rede Galega de Líquidos Iónicos. Coñecemos as Plataformas de Innovación Dixital da man de Patricia Argerey (directora da Axencia Galega de Innova...
Dec 11, 2018•57 min•Season 12Ep. 452
Especial premios Prismas 2018 desde a Domus en A Coruña con cruce de micrófonos cos amigos de "El Radioscopio" (Radio Andalucia Información). Eles interferiron a nosa emisión e nós a súa (ademais en directo). Podes escoitar o resultado desde o outro lado no podcast de "El Radioscopio" en https://www.ivoox.com/30204888 Conversamos cos Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez (Prisma de Radio), Clara Grima (Premio Especial do Xurado), Nuno Domínguez (Prisma artigo xornalístico), Carlos...
Dec 11, 2018•57 min•Season 12Ep. 453
Nunha viaxe de Haifa a Venecia en barco en 1968 o físico Gabriele Veneziano elaborou un artigo científico para explicar o comportamento dos mesóns á revista Nuovo Cimento. Nese momento Veneziano non era consciente de que estaba abrindo á porta a fascinante "Teoría de Cordas". Veneziano visitou Compostela invitado polo profesor da USC e divulgador José Edelstein. Coa axuda do mesmo Edelstein repasamos estes 50 anos de Teoría de Cordas vistos por Veneziano. Conversamos coa química da Universidade ...
Dec 11, 2018•59 min•Season 12Ep. 455
Acompáñanos á nosa incursión nunha mina abandonada de wolframio ao pe do Monte Neme. Invitados pola Plataforma en Defensa do Monte Neme conversamos sobre xeoloxía, wolframio, patrimonio e memoria ao redor do mítico cumio. Contamos co mineiro Dario Barreiro, Adrián Eirís (Plataforma Monte Neme), José Manuel Menéndez (Senda Nova), Juan Ramón Vidal Romaní (profesor emérito UDC, xeólogo), Víctor Barrientos (xeólogo, UDC) e José Mª de la Viña (profesor xubilado de Física e Química).
Nov 28, 2018•57 min•Season 12Ep. 454
Juan José Gómez Cadenas dirixe o experimento NEXT (Neutrino Experiment with a Xenon TPC) que desde o laboratorio subterráneo de Canfranc busca demostrar que o neutrino é a súa propia antipartícula. Quen consiga demostrar esta hipótese ten garantido o premio Nobel de física. Xunto con Jose Ángel Hernando (NEXT, USC) repasamos a historia destas fascinantes e misteriosas partículas nunha conversa ateigada de metáforas. O xornalista Manuel Rey de Gciencia preséntanos o libro "El mal sin cura de la C...
Nov 07, 2018•57 min•Season 12Ep. 451
Juan José Gómez Cadenas dirixe o experimento NEXT (Neutrino Experiment with a Xenon TPC) que desde o laboratorio subterráneo de Canfranc busca demostrar que o neutrino é a súa propia antipartícula. Quen consiga demostrar esta hipótese ten garantido o premio Nobel de física. Xunto con Jose Ángel Hernando (NEXT, USC) repasamos a historia destas fascinantes e misteriosas partículas nunha conversa ateigada de metáforas: - Anacos diminutos de realidade - Lixo das reaccións nucleares - O máis próximo ...
Nov 07, 2018•30 min•Season 12Ep. 451
Neste programa monográfico os protagonistas han ser un soñador e a morte. O soñador é o arqueólogo, e amigo, Xurxo Ayán que logo de andar a escavar e a investigar por Galicia e polo mundo adiante regresa á súa a súa Cereixa natal, na Pobra de Brollón para catalizar un proxecto de arqueoloxía pública. Os mortos son unha pequena e humilde comunidade labrega de hai uns oitocentos anos que repousa nun camposanto ao pe dunha ermida derruída edificada sobre o que era un castro mineiro romano que nos r...
Nov 01, 2018•57 min•Season 12Ep. 450
En Efervesciencia estamos mais viaxeiros que nunca. Esta noite habemos de dedicar un programa monográfico ao Astrogalicia 2018, a festa galega das estrelas que tivo lugar en Castrelo de Miño, Ourense. Un delicioso especial con Francesca Figueras de @ESAGaia e presidenta da @SEA_astronomia, @JorgePlaGarcia de @C_Astrobiologia, Paco Bellido @ElbesoenlaLuna e @pawley
Oct 29, 2018•58 min•Season 12Ep. 449
No SciComPT reunimos nunha mesma mesa aos responsables das asociacións de comunicación científica de España, Portugal e Brasil: Antonio Calvo Roy (AECC), Joana Lobo Antunez (SciComPt) e Luisa Massarani (Instituto Nacional de Comunicação da Ciência e Tecnologia).
Oct 20, 2018•17 min•Season 12Ep. 448
Esteban Fernández Moreira (Universidade de las Américas) debullan para nós a metade do Nobel de Química 2018 que mereceu o uso de fagos (virus que infectan a bacterias) e evolución para crear anticorpos.
Oct 20, 2018•6 min•Season 12Ep. 448
Miguel Alcalde (ICP-CSIC) debulla a evolución dirixida de enzimas e achéganos a nova premio Nobel de Química Frances Arnold.
Oct 20, 2018•13 min•Season 12Ep. 448
Maite Flores, profesora de física da USC, debúllanos o Nobel 2018 de física dedicado ás pinzas ópticas e os láseres de pulsos ultracurtos e de alta intensidade.
Oct 20, 2018•15 min•Season 12Ep. 447
Salvador Bará, profesor de óptica na USC, investiga na medición da contaminación luminosa. As imaxes por satélite revelan que a contaminación luminosa non sabe de fronteiras administrativas. Un lugar como Guitiriz, por exemplo, recibe a meirande parte de contaminación luminosa dos concellos limítrofes.
Oct 20, 2018•10 min•Season 12Ep. 447
Desprazámonos a Figueira de Castelo Rodrigo para asistir ao encontro SciCom Portugal, da Rede Portuguesa de Comunicadores de Ciencia. Entre amendoeiras, o viño Pinking, e estrelas conversamos con Pedro Russo (Universidade de Leiden), Maria Vicente (Plataforma de Ciencia Aberta de Figueira de Castelo Rodrigo), Ana Godiño (coordinadora de comunicación do CERN, RIcardo Brandao (Hospital de animais salvaxes da Serra da Estrela CERVAS) e coa nosa colaboradora Joana Magalhaes. Tamén reunimos nunha mes...
Oct 19, 2018•57 min•Season 12Ep. 448
Así transcorreu a VI Noite Efervescente que tivo lugar na Casa Habanera de Guitiriz coa presenza dos amigos de AMIPA e ASPABER e a inestimable colaboración dos nosos estreleiros Borja Tosar e Martin Pawley.
Oct 10, 2018•58 min•Season 12Ep. 447
Iniciamos tempada desde o "Open Science Cambre" onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI de Zaragoza. Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da "Open Science Cambre"), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia).
Oct 03, 2018•27 min•Season 12Ep. 446
A “VI Noite Efervescente” terá lugar en Guitiriz o sábado 6 de outubro. Comezaremos gravando entre 20 e 21h un especial Efervesciencia desde a Casa Habanera de Guitiriz aproveitando a conmemoración do World Space Week, evento global no que participa a Noite Efervescente. E ás 22 h. gozaremos dunha observación pública do ceo desde a Área Recreativa de San Xoan da man dos nosos estreleiros, Martin Pawley, Irene Baspino e Borja Tosar. Unha festa familiar da astronomía para todas as idades na que co...
Oct 03, 2018•4 min•Season 12Ep. 446
Coñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man de Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia).
Oct 03, 2018•7 min•Season 12Ep. 446
Amaia Lujambio é investigadora da Icahn School of Medicine do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o Nobel de medicina 2018 a Allison e Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro.
Oct 03, 2018•11 min•Season 12Ep. 446
Iniciamos tempada desde o "Open Science Cambre" onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI de Zaragoza. Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da "Open Science Cambre"), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia). Amaia Lujambio é investigadora do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado...
Oct 03, 2018•59 min•Season 12Ep. 446
O xenetista Ángel Carracedo cóntanos como extraer ADN duns chícharos na casa. Atención ao ingrediente segredo. Emitido en Efervesciencia o 4-1-14
Sep 30, 2018•6 min•Season 12Ep. 446
Os participantes na Regueifa de Ciencia "É a enerxía nuclear unha opción válida e segura" desvelan a Efervesciencia a súa estratexia argumental cara o debate. O equipo pro-nuclear está formado por Bernardo Adeva (Catedrático USC) e Juan José López Cadenas (Físico de Neutrinos, director do experimento NEXT). No equipo anti-nuclear escoitamos a Ángeles López Aguera (profesora USC experta en sustentabilidade) e Marcel Coderch (Doutor enxeñeiro polo MIT)
Sep 27, 2018•9 min•Season 12Ep. 446