Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

O segredo do sulfuro de hidróxeno [Rede Galega de Biomateriais 2]

O sulfuro de hidróxeno é un veleno moi potente, pero pola contra aparece en moi pequena proporción nas augas dos balnearios galegos empregadas no tratamento das doenzas reumáticas. No Grupo de Bioenxeñería Tisular e Terapia Celular do Inhibic están a estudar os mecanismos polos que o sulfuro de hidróxeno é beneficioso para as doenzas reumáticas. A idea é desenvolver na Rede Galega de Biomateriais substancias reabsorbibles para administrar este principio activo. Nolo conta a investigadora de post...

Aug 06, 20183 minSeason 8Ep. 327

As mates salvan a democracia con Anxo Sánchez

O catedrático de matemática aplicada na Universidade Carlos III explícanos como as matemáticas poden salvar a democracia. Quen divide os distritos electorais en Estados Unidos ten o poder de alterar os resultados. Agora as matemáticas poden detectar o gerrymandering.

Jul 21, 20189 minSeason 11Ep. 424

"Os mapas físicos actuais non valerán co cambio climático" con BIBICI-USC

Visitamos ao grupo de investigación da Universidade de Santiago BIBICI (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación de Inertebrados). Andrés Baselga, Carola Gómez e Adrián Castro veñen de publicar un traballo onde amosan cales son os patróns globais de distriución das especies e de como se poden ver afectados polo cambio climático.

Jul 21, 201828 minSeason 11Ep. 424

Efer 424 (4-2-18): Biodiversidade, escaravellos e cambio climático con BIBICI-USC

Visitamos ao grupo de investigación da Universidade de Santiago BIBICI (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación de Invertebrados). Andrés Baselga, Carola Gómez e Adrián Castro veñen de publicar un traballo onde amosan cales son os patróns globais de distribución das especies e de como se poden ver afectados polo cambio climático. O catedrático de matemática aplicada na Universidade Carlos III explícanos como as matemáticas poden salvar a democracia. Quen divide os distritos electorais en Est...

Jul 21, 201856 minSeason 11Ep. 424

Efer 445 (1-7-18): A informática en Galicia xa ten historia

Pilar Vila é forense informática. Henrique Neira doutor en comunicación en xornalismo, e autor do libro "Historia da informática en Galicia. Unha cronoloxía". Con eles conversamos sobre a evolución da informática na nosa terra. Na “Guía do Ceo” de Martin Pawley e Irene Baspino contámosche todo o que hai que ver no ceo deste verán 2018. Marte, eclipse de lúa, Perseidas, a “Percha” e Andrómeda. Esta guía vale tanto para os que desexan iniciarse na observación do ceo nocturno desde cero, como para ...

Jul 09, 201845 minSeason 11Ep. 445

Solución do lugar secreto de Edelstein e Deborah

Solución e explicación das pistas que conducían ao lugar secreto onde José Edelstein e Deborah García Bello presentaron os seus respectivos libro en Efervesciencia. O programa onde lanzamos o reto é este: http://www.ivoox.com/26700059

Jul 08, 20186 minSeason 11Ep. 445

5 imprescindibles do ceo deste verán

Na “Guía do Ceo” [versión íntegra] de Martin Pawley e Irene Baspino contámosche todo o que hai que ver no ceo deste verán 2018. Marte, eclipse de lúa, Perseidas, a “Percha” e Andrómeda. Esta guía vale tanto para os que desexan iniciarse na observación do ceo nocturno desde cero, como para os que demandan retos mais avanzados. Como complemento á guía sonora ofrecémosche este documento en formato pdf con explicacións paso a paso. https://issuu.com/efervesciencia/docs/gu_a_do_ceo_ver_n_18 Un impres...

Jul 03, 201814 minSeason 11Ep. 445

Efer 444 (24-6-18): Vitaminas e perplexos, ou @deborahciencia vs @joseedelstein

Deborah García Bello e José Edelstein presentan en Efervesciencia os seus respectivos libros ¡Que se le van las vitaminas! (Paidós) e "Eintein para perplejos" (Debate) desde un lugar segredo. Neste sitio escoitamos a Carmen Jorge interpretar ao violín unha das obras favoritas de Einstein, a sonata K 378 de Mozart. Aquí tamén se expuxo unha obra dun autor que Deborah ten na súa casa. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar de "Einstein para perplejos". Ou se coñeces o...

Jun 24, 201858 minSeason 11Ep. 444

Efer 443 (17-7-18): Pecios, da Vinci e ácaros

Mohamod Traore é un investigador de doutoramento da USC no Grupo Ciencia do Sistema Terra. Aínda que é orixinal de Mali, un país africano sen costa, Traore especializouse en estudar a química da madeira de barcos afundidos. Pecios como o Galeón de Ribadeo - probablemente o Santiago de Galicia - que esta a ser obxecto dunha campaña de prospección dirixida por lo arqueólogo subacuático Miguel San Clodio. A poeira das nosas casas non está formada por células mortas da pel. Nolo conta Bibiana García...

Jun 24, 201857 minSeason 11Ep. 443

Principia: 110 novos tecnólogos mozos

A actual convocatoria do programa Principia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia permitirá a contratación de 110 tecnólogos mozos para a realización de actividades de I+D+i Coñecemos a experiencia de Cayetana García e Paula Simón en CZVeterinaria.

Jun 15, 20187 minSeason 11Ep. 442

A loita contra o novo brote de ébola no Congo

César Muñoz Fontela, virólogo do Instituto de Medicina Tropical de Hamburgo, viaxa ao rio Congo para axudar no plan de contención do novo brote de Ébola.

Jun 15, 20187 minSeason 11Ep. 442

'Fixemos a luz e perdimos a noite' con Emilio Sánchez Barceló

Os actuais sistemas operativos de ordenadores e dispositivos móbiles comezan a incorporar opcións automáticas pra que cando chegan as horas da noite as pantallas se iluminen con tons mais alaranxados. Isto é así porque agora sabemos que á luz que ten un compoñente maioritario azul, a que en parte anulan estas aplicacións, é interpretada polo cerebro como un sinal de é de día e tes que te espreguizar. Este é un exemplo de como pouco a pouco a cronobioloxía esta a facerse oco na sociedade actual. ...

Jun 15, 201828 minSeason 11Ep. 442

Manual de Linternas: A literatura de divulgación

"Manual de Linternas" editado por Marta Magariños dá pistas de lectura de divulgación científica a través de 51 recensións. Dous dos autores destas recensións son o investigador Manuel Collado e o médico Borja Merino. Sorteamos un exemplar de "Manual de Linternas" entre os que nos enviedes o nome do voso libro favorito de divulgación científica ao noso facebook, twitter; ou mediante mensaxe de voz de telegram a @efervesciencia antes do 17 de xuño de 2018.

Jun 10, 201810 minSeason 11Ep. 442

Efer 442 (10-5-18): Poña un cronobiólogo na súa vida

Os actuais sistemas operativos de ordenadores e dispositivos móbiles comezan a incorporar opcións automáticas pra que cando chegan as horas da noite as pantallas se iluminen con tons mais alaranxados. Isto é así porque agora sabemos que á luz que ten un compoñente maioritario azul, a que en parte anulan estas aplicacións, é interpretada polo cerebro como un sinal de é de día e tes que te espreguizar. Este é un exemplo de como pouco a pouco a cronobioloxía esta a facerse oco na sociedade actual. ...

Jun 10, 201857 minSeason 11Ep. 442

[Bonus] Presentación de "Manual de Linternas" no Númax

Presentación do libro "Manual de Linternas" celebrada o 2 de maio de 2018 na libraría Númax de Santiago de Compostela. Participan Marta Magariños (editora), Manuel Collado (autor), Borja Merino (autor) e Manuel Vicente (presentador). Contido expandido de Efervesciencia

Jun 10, 201852 minSeason 11Ep. 442

Ignitia Proba de Concepto

Coñecemos a spn-off Ancora da Universidade de Vigo e programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.

Jun 04, 20187 minSeason 11Ep. 441

Guía do Ceo no Día das Letras

"Guía do Ceo" versión expreso con Martin Pawley do Día das Letras 2018 desde O Couto (Ponteceso). Cómpre empezar a estar atentos ao brillo de Marte...

Jun 04, 20186 minSeason 11Ep. 439

Efer 441 (3-6-18): O prion e o cepillo de dentes de Mr. Prusiner

Infiltrámonos no congreso mundial Prion 20018. Un dos puntos quentes do encontro foi a discusión sobre se as doenzas neurodexenerativas como o alzhéimer ou párkinson se deben denominar como enfermidades priónicas. Para o nobel Stanley Prusiner é claro, pero a comunidade científica está dividida. Da man de Jesús Requena, investigador do CIMUS da USC e líder do grupo de prions, coñecemos os últimos achados entorno a estas proteínas malformadas infecciosas. Contamos con declaracións de Juan José Ba...

Jun 03, 201856 minSeason 11Ep. 441

Novas vacinas con Mariano Esteban

"Temos vacinas contra virus emerxentes que funcionan, pero temos problemas de financiamento das fases clínicas" Mariano Esteban Desde o CIMUS da Universidade de Santiago temos o honor de conversar sobre as últimas fronteiras en vacinas con Mariano Esteban, profesor de Investigación Vinculado Ad Honorem do Centro Nacional de Biotecnología (CNB-CSIC) onde lidera o grupo de "poxvirus e vacinas" e presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e do Instituto de España.

May 27, 201829 minSeason 11Ep. 440

Efer 440 (27-5-18): Superbacterias e virus emerxentes: verlle as orellas ao lobo

Como sociedade semella que non lle queremos ver as orellas ao lobo das superbacterias e os virus emerxentes. Nesta edición efervescente o noso microbiólogo de cabeceira alértanos da barra libre de uso de antibióticos como a colistina en India e como acaba afectando á saúde global. Desde o CIMUS da Universidade de Santiago temos o honor de conversar sobre as últimas fronteiras en vacinas con Mariano Esteban, profesor de Investigación Vinculado Ad Honorem do Centro Nacional de Biotecnología (CNB-C...

May 27, 201844 minSeason 11Ep. 440

Todo o que queremos saber sobre a xenética estará en Catoira

Catoira acollerá un curso de extensión universitaria da Universidade de Vigo sobre xenética cos mellores especialistas do país. Unha oportunidade única aberta a público non especialista que nos presenta o catedrático de xenética Armando Caballero. https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/achegas-beneficios-xenetica-humanidade-incorporanse-oferta-cursos-extension-universitaria

May 24, 20183 minSeason 11Ep. 437

Efer 439 (20-5-17): 36 anos de cultura desde a aldea de O Couto

Na aldea de O Couto na Fundación Eduardo Pondal levan 36 anos organizando o Festiletras, unha escola de resistencia cultural. Agora incorporan tamén a cultura científica. E alí nos fomos os de Efervesciencia. Coñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns. Falamos con José Viñas, profesor do IES David Buján, de ciencia cidadá. Conversamos con Esther Suárez e Lucía Suárz das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga ...

May 24, 201857 minSeason 11Ep. 439

Efer 438 (13-5-18): Especial Galiciencia

Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia a Tecnópole (San Cibrán da Viñas) para coñecer de primeira man a edición número 13 da Feira Científica Galiciencia. Aproveitamos para conversar co investigador da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel, especialista en impacto do Cambio Climático e física atmosférica. Contamos ademais con Sabela Bouzo, Antonio Gregorio, Ana Otero, Tino Álvarez, David Ballesteros, Iria Ollero e Kike Fontán. Por outra banda o noso correspondente en Londres, Juan Pic...

May 21, 201857 minSeason 11Ep. 438

Desde Londres... Unha 'Science Week' con acento galego

A Semana da Ciencia é un evento global que se desenvolve en diferentes datas segundo o pais. O noso correspondente en Londres Juan Picos achegouse no barrio de Portobello ao colexio español Cañada Blanch. Alí descúbrenos unha "Science Week" que fala en galego.

May 14, 20185 minSeason 11Ep. 438

Efer 437 (6-5-18): Unha tarde no laboratorio de antropoloxía física con Olalla López Costas

Pasamos unha tarde entre ósos e historias coa antropóloga física Olalla López Costas no seu laboratorio. Olalla é investigadora do grupo “Ciencia do Sistema Terra” da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en paleodieta. Polas súas mans teñen pasado ósos dos principais xacementos galegos entre eles ós da Lanzada ou do Ghidoiro Areoso. Contamos co testemuño de Rafael Rodríguez e Patricia Mañana respectivos directores das escavacións nestes xacementos. O traballo de Olalla serviu pa...

May 06, 201857 minSeason 11Ep. 437

Protexer ao doente das pseudoterapias con Elena Campos @ElenaC_S

"Retirouse o Dalsy do mercado por un erro no folleto e pola contra os remedios homeopáticos inzan de publicidade enganosa as farmacias" Elena Campos Cando unha persoa é tratada cunha pseudoterapia malgasta como pouco os seus cartos, pero tamén pode ver resentida a súa saúde e mesmo perder a vida. De quen é responsabilidade? Do doente ou do falso terapeuta? Para a @apetp_ os doentes están desamparados legalmente e as administracións miran para outro lado. Conversamos con Elena Campos @ElenaC_S pr...

Apr 29, 201828 minSeason 11Ep. 436
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android