Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé (2:16), profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87 (22:05). Os nosos e...
May 05, 2019•55 min•Season 12Ep. 474
Na Guía do Ceo de abril-19 explicamos porque a Semana Santa este ano non cae onde debera segundo a astronomía. Nestes días a lúa esta na constelación da Virxe, onde se atopa M87 e o burato negro fotografado por primeira vez. Coas indicación s dos nosos estreleiros saberás como localizala facilmente. Vídeo de axuda visual https://youtu.be/FqcXiYqDXEI
Apr 18, 2019•15 min
Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investigación, a edición de embrións con CRISPR, pero tamén da bioética que nos pode afectar no día a día. ...
Apr 14, 2019•40 min•Season 12Ep. 473
NeuroART é o concurso de imaxe e vídeos artísticos relacionados co sistema nervioso convocado pola Sociedade Española de Neurociencia. O primeiro premio de imaxe e mais o segundo teñen a sinatura galega de Paula Rodríguez Villamayor e Pablo Sánchez-Quinteiro. Con eles falamos de fermonas, o órganos vomeronasal e de Mahler!
Apr 14, 2019•19 min•Season 12Ep. 473
Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investigación, a edición de embrións con CRISPR, pero tamén da bioética que nos pode afectar no día a día. ...
Apr 14, 2019•59 min•Season 12Ep. 473
Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”.
Apr 13, 2019•28 min•Season 12Ep. 472
Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”. Tamén nos visitan os investigadores participantes no VIII obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”: José A. Costoya, Andrea Muras, Mar García Colomer, Tereza Ruzickova, Mari Carmen Caldeiro, Jesús Prego e Natalia Fernández. A amendoeira “Gladiador” ten tres séculos...
Apr 13, 2019•57 min•Season 12Ep. 472
Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación que se fan inviables. Con Capetillo tamén conversamos sobre envellecemento e inestabilidade xenómic...
Mar 28, 2019•56 min
Marguerite Perey comezou traballando no Instituto do Radio de Marie Curie como técnica de laboratorio. Co paso do tempo acabaría sendo a “filla adoptiva” de Curie e descubrindo o elemento 87 da táboa periódica. Nova entrevista no Alén, coa participación de Rosa Pedrido.
Mar 28, 2019•15 min•Season 12Ep. 471
Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación que se fan inviables. Con Capetillo tamén conversamos sobre envellecemento e inestabilidade xenómic...
Mar 28, 2019•20 min•Season 12Ep. 471
Wicho explícanos polo miúdo que se cre que pasou nos accidentes dos Boeing 737 MAX e que consecuencias pode ter para a seguridade aérea.
Mar 28, 2019•16 min•Season 12Ep. 471
Os homes que construíron as mámoas hai 6000 anos tiñan cableado o seu encéfalo para ollar en horizontal, en modo panorámico. Este é o resultado dun estudo pioneiro en neoarqueoloxía que veñen de asinar en Scientific Report os investigadores galegos Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e Luis Martínez Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant) cos que conversamos en Efervesciencia. A catedrática da antropoloxía forense da Universidade de Grandada, Inmaculada Alemán é unha das “Mulleres dos Mortos”. Est...
Mar 24, 2019•58 min•Season 12Ep. 470
O cadro de persoal do observatorio LIGO esta formado por unhas 1000 persoas, que nun exercicio de democracia escollen cada dous anos a un voceiro oficial do experimento. Durante 6 anos a física arxentina Gabriela González ostentou a portavocía de ligo, período onde se descubriu e fixo público o achado da primeira onda gravitacional. A revista Nature nomeou a Gabriela González como o investigador do ano en 2016. O pasado 8 de marzo Gabriela González estivo en Santiago de Compostela formando parte...
Mar 14, 2019•58 min•Season 12Ep. 469
Sebastián Villasante é profesor de economía na USC especializado no estudo da sostenibilidade de mares e océanos con proxectos como "Cephs and Chefs". As plantas falan entre si coa linguaxe da química. Xaquín Moreira Tomé, investigador Ramón y Cajal do grupo xenética e Ecoloxía Forestal da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, dedícase a interceptar estas comunicacións para interpretalas. Tres pistas musicais levaránnos descubir á estrela convidade ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía que terá ...
Mar 14, 2019•57 min•Season 12Ep. 468
Inserímonos dentro do “Imperio do mal” alimentario e farmacéutico da man de @farmagemma e a súa estraña familia. Tamén falamos da importancia do deseño como motor de innovación con María José Mariño da @axenciaGAIN e @DavidBarro1 Coñecemos o lado mais galego da Táboa Periódica con Miguel Ángel Ríos que nos presenta a obra de Tomás Batuecas na Comisión Internacional de Pesos Atómicos. Batuecas ven de ser elixido científico do ano pola Real Academia Galega de Ciencias.
Mar 14, 2019•57 min•Season 12Ep. 467
Visitamos o laboratorio de investigación do grupo Neurocom da Universidade de A Coruña onde conversamos con Casto Rivadulla e Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxía Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo. Estes investigadores veñen de publicar en Scientific Report un traballo sobre o tratamento da epilepsia con neuromodulación non invasiva con campos magnéticos estáticos. Campos magnéticos que o noso compañeiro César Goldi vai experimentar no seu cerebro... Somos o q...
Mar 14, 2019•57 min•Season 12Ep. 466
Para conmemorar a celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia facemos un xogo de espellos desde un instituto de investigación ata un congreso científico escolar, desde o mar ata o espazo. Xuntamos nun mesmo espazo sonoro a 8 investigadoras e técnicas do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (María Saínza, Isabel Riveiro, María Sánchez Barba, Pilar Rial, Lucía Viñas, Victoria Besada, Esther Román Mar Sacau e Montse Pérez) xunto co III Congreso da Axe...
Mar 11, 2019•57 min•Season 12Ep. 465
Nesta edición efervescente anunciamos en primicia a secuenciación completa por primeira vez do berberecho. Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles. Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc. Bibiana García Visos na súa Ciencia para Andar por Casa danos a escusa perfecta para non facer a cama. Facemos unha anatomía dunha investigación estatística con Amanda Fernández: As matemáticas desvelan a ...
Mar 10, 2019•59 min•Season 12Ep. 464
Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc. Tubío lembra de pequeno en Noia o seu primeiro contacto cos berberechos nun episodio coa Garda Civil. Agora o seu grupo vén de secuenciar por primeira vez o xenoma do berberecho. Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles.
Mar 10, 2019•35 min•Season 12Ep. 464
Facemos unha anatomía dunha investigación estatística con Amanda Fernández, investigadora de postdoutoramento na Universidade Humbold de Berlín. As matemáticas desvelan a existencia dunha bolsa oculta de casos de violencia de xénero sen denunciar en Ourense e Lugo. Conversamos con Amanda na 4ª reunión de Biostatnet.
Mar 10, 2019•10 min•Season 12Ep. 464
Bibiana García Visos na súa Ciencia para Andar por Casa danos a escusa perfecta para non facer a cama.
Mar 10, 2019•6 min•Season 12Ep. 464
Conversamos co tecnólogo dos alimentos e divulgador Miguel Ángel Lureña autor do blog "Gominolas de Petróleo" aproveitando o seu paso por Escépticos no Pub - Compostela.
Mar 09, 2019•22 min•Season 12Ep. 463
A matemática da USC Elena Vázquez Abal preséntanos o xogo de estratexia e coñecemento MatHex.
Mar 09, 2019•11 min•Season 12Ep. 463
A semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a 4ª Reunión Xeneral da Rede Nacional de Biostatística Biostatnet formada por 8 nodos, un deles en Galicia, que agrupa a uns 200 investigadores de toda España. Conversamos con Carmen Armero, investigadora principal do nodo valenciano da rede Biostatnet. Unha das sorpresas deste encontro foi na cea do congreso en San Martin Pinario onde fixeron acto de presenza o mesmísimo Carl Gaus e Thomas Balles a quen temos o gusto de ter en Efervesciencia ...
Mar 09, 2019•18 min•Season 12Ep. 463
A semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a 4ª Reunión Xeneral da Rede Nacional de Biostatística Biostatnet formada por 8 nodos, un deles en Galicia, que agrupa a uns 200 investigadores de toda España. Conversamos con Carmen Armero, investigadora principal do nodo valenciano da rede Biostatnet. Unha das sorpresas deste encontro foi na cea do congreso en San Martin Pinario onde fixeron acto de presenza o mesmísimo Carl Gaus e Thomas Balles a quen temos o gusto de ter en Efervesciencia ...
Mar 09, 2019•56 min•Season 12Ep. 463
O proxecto INVERBIS é un dos 7 que veñen de ser seleccionados na segunda edición do programa Ignicia Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación, GAIN, da Xunta de Galicia. Escoitamos a Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e intelixencia artificial da USC e dirixe o grupo de sistemas intelixentes do CITIUS, e a Pedro Arenas e Verónica Castelo de GAIN.
Mar 03, 2019•11 min•Season 12Ep. 462
Un pigmento azul mais valioso que o ouro é a peza clave no misterio do monxa do dente azul. Nolo conta a nosa Deborah Garcia Bello.
Mar 03, 2019•10 min•Season 12Ep. 462
A terceira edición do "Día Internacional da muller a nena na ciencia" vai chegar a case 5000 nenas e nenos en Galicia. María Saínza, Pilar Rial e Uxía Tenreiro traballan no Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía e participan nas charlas do "11defebreiro" en colexios e institutos. Tamén interveñen Ana Morillas do proxecto @Oceanicas_IEO e Gloria Bra da organización do "11defebreiro"
Feb 04, 2019•8 min
Juan Fernández Tajes estuda a xenética humana de doenzas como a diabetes no Wellcome Trust Centre da Universidade de Oxford. Pero nos seu inicios no mundo da investigación empezou estudando as navallas galegas, que estaban mal catalogadas. Con esta entrevista, o noso correspondente temporal en Londres Juan Picos despide a súa sección. Para que un novo fármaco chegue aos pacientes ten que ser efectivo e seguro, pero tamén compre que estea protexido e viable a súa produción. Todo isto o tiveron en...
Jan 24, 2019•57 min•Season 12Ep. 462
Levamos os nosos micros á primeira Gala Ceos Galegos de astrofotografía en Castrelo de Miño. Ali coñecemos aos gañadores das diferentes modalidades do concurso: Fins Eirexas, Ángel Arós, Uxía Vales e Miguel Sánchez. Cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley saberemos das efemérides históricas que habemos celebrar en 2019. As tarxetas gráficas tamén serven para facer ciencia. Adrián Pérez da UDC vén de gañar o premio de investigadores menores de 28 anos da Real Academia Galega de Cienci...
Jan 19, 2019•57 min•Season 12Ep. 461