Infiltrámonos no congreso 18 congreso da "Sociedad Española de Neurociencia" celebrado en setembro de 2019 en Santiago de Compostela. Descubrimos unha feixe de temas apaixonantes: - Cerebroides en placa petri - Curar cegueira restaurando conos na retina con optoxenética - Existe o libre albedrío? - Polémica sobre a neuroxénese de neuronas en humanos adultos - En ratiños de laboratoio os efectos positivos do exercicio físico transmítese aos fillos aínda que estes sexan sedentarios - Cal é o estad...
Oct 04, 2019•1 hr•Season 13Ep. 487
1. As vacacións da avoa de Einstein. Inicio da tempada 13 (0:00) 2. Carlos Fernández @AcuArchitects ten 16 anos e vén de gañar o concurso de vídeo científico para escolares Ciencia Clip cunha peza sobre arquitectura. (3:17) 3. VII Noite Efervescente desde Castrelo de Miño e Festival Divulgación. Un ano mais organizamos unha observación pública e inclusiva do ceo nocturno. Acompañáronnos os amigos de Amipa, Aspronaga e Fundación Adcor. Luisa Martínez presentounos "Puf! Vaia Peido" (Editorial Gala...
Sep 26, 2019•57 min•Season 13Ep. 485
Retornamos ao noso horario habitual dos mércores ás 24 horas. Seguiremos a emitir o mellor dos últimos capítulos ata a chegada do outono. O 25 de setembro iniciaremos a nova tempada efervescente. Férvenos a mente!
Sep 02, 2019•30 sec•Season 13Ep. 486
Unha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA.
Aug 21, 2019•12 min•Season 12Ep. 485
A arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia
Aug 21, 2019•18 min•Season 12Ep. 485
Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? Os programas de cribado do cancro de mamá salvan vidas, pero a evidencia científica actual apunta a que existen efectos adversos. Un artigo en PLOSOne explora os efectos de dar información completa ás mulleres en idade de incorporarse aos programas de detección precoz de cancro de mama. Conversamos con Monserrat Rúe (IRBLLeida). http://dx.plos.org/10.1371/journal.pone.0214057
Aug 21, 2019•29 min•Season 12Ep. 484
José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo...
Aug 21, 2019•16 min•Season 12Ep. 483
Durante todo un século foron un resultado teórico das ecuacións de Einstein, pero desde 2016 sabemos que as ondas gravitacionais son unha realidade física. Para Bernard F. Schutz, director emérito do Instituto Max-Planck de Física Gravitacional – Instituto Albert Einstein e catedrático na Universidade de Cardiff, sen a existencia destas ondas gravitacionais non sería posible a vida na terra.
Aug 21, 2019•7 min•Season 12Ep. 482
[Versión podcast estendida] Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular. O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactame...
Aug 20, 2019•26 min•Season 12Ep. 482
Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé, profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. Tamém contamos con José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC e que formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87.
Aug 09, 2019•42 min•Season 12Ep. 474
A nosa tradicional Guía do Ceo radiofónica para non nos perder nada do que pase no ceo nocturno en todo o verán. Con Martin Pawley e Irene Baspino. Valaquí o pdf auxiliar da Guía do Ceo https://www.dropbox.com/s/vj75s5x4m8ahpyy/O%20ceo%20deste%20ver%C3%A1n%20EFERVESCIENCIA%202019.pdf?dl=0
Jul 16, 2019•17 min•Season 12Ep. 485
(1:44) A arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia (20:10) Unha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA. (31:47) Previa da Maker Faire Galicia con Iolanda Iglesias. (39:27) Guía do Ceo de Verán con @pauley e Irene Baspiño
Jul 16, 2019•55 min•Season 12Ep. 485
1. Premios Isabel Zendal (0:14) 2. Plásticos en Ciencia para Andar por casa con Bibiana García Visos (3:21) 3. Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? Os programas de cribado do cancro de mamá salvan vidas, pero a evidencia científica actual apunta a que existen efectos adversos. Un artigo en PLOSOne explora os efectos de dar información completa ás mulleres en idade de incorporarse aos programas de detección precoz de cancro de mama. Conversamos con Monse...
Jul 07, 2019•59 min•Season 12Ep. 484
Durante o mes de verán temos horario especial de emisión na Radio Galega os sábados e domingos ás 8:00 da mañá cos mellores contidos da tempada.
Jul 04, 2019•32 sec•Season 12Ep. 483
Bernardo Herradón comparte co protagonista de Breaking Bad o feito de ser químico orgánico e emprendedor. Este investigador científico do Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC tamén é un divulgador entregado e apaixonado. Con el repasamos a boa química de Breaking Bad e dámoslle unha nova ollada á Táboa Periódica (2:20) O Turismo Científico chega aos cursos de verán da USC da man do selo Observer. Reportaxe con Jorge Mira, Maite Vence e Luisa Martínez. (28:45). José Manuel Alonso aténdenos...
Jul 03, 2019•59 min•Season 12Ep. 483
Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular. O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactamente 1,1º dúas capas de grafe...
Jun 17, 2019•58 min•Season 12Ep. 482
Aquelando é o novo programa de divulgación científica da Televisión de Galicia. Está dirixido a un público familiar e emitirase os sábados pola mañá. Conversamos coa súa directora Rocio Mosquera e o divulgador David Ballesteros. (1:55) Na localidade portuguesa de Aveiro celebrouse o I Encontro Ibérico de Comunicación da Ciencia no marco do encontro SciComPt. Ata alí levamos os micros de Efervesciencia. Conversamos con Joana Lobo (presidenta de SciComPt), Edurne Gastón (Concise- AECC) (13:19), Ja...
Jun 06, 2019•57 min•Season 12Ep. 482
O arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa Xurxo Ayán preséntanos o proxecto de etnoarqueoloxía "Adegas da Memoria". No último día de escavación teñen atopado restos humanos que poderían ser os mais antigos atopados na Ribeira Sacra. Coñecemento científico para avalar a declaración de Patrimonio da Humanidade.
Jun 06, 2019•14 min•Season 12Ep. 480
Un artigo do neuroanatomista Marco Catani e o historiador da medicina Paolo Mazzarello publicado na revista de neuroloxía Brain propón que Leonardo da Vinci sería hoxe diagnosticado como unha persoa con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade, TDAH. Conversamos co doutor en psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo Manuel Isorna sobre esta síndrome. Por que apenas se diagnostican casos en Francia e pola contra en Estados Unidos afecta a un de cada 5 nenos? Inflúe o mes de nacem...
May 29, 2019•57 min•Season 12Ep. 480
O pasado 15 de maio celebrouse en Santiago de Compostela o acto oficial de conmemoración do Día Internacional da Luz. Un dos convidados poñentes ao evento que tivo lugar no Hostal do Reis Católicos foi o catedrático de Óptica da Universidade de Murcia Pablo Artal. Algúns dos inventos e achados do equipo de Artal empréganse en todo o mundo para mellorar a visión das persoas. Na sección de “Muller e Ciencia” de Joana Magalhaes conversamos con Marta Macho. Esta profesora de matemáticas da Universid...
May 26, 2019•57 min•Season 12Ep. 479
[Versión estendida] Fronte as imaxes de conxestión no Everest, o alpinismo de inverno é a última fronteira. Mantivemos unha conversa fascinante desde as instalacións de INEF Coruña cos alpinistas Alex Txikon e Félix Criado sobre a ciencia da súa impresionante expedición invernal ao K2.
May 26, 2019•44 min•Season 12Ep. 478
Desde o observatorio astronómico de Cotobade da Agrupación Sirio @emilio_otero deléitanos con coplas sobre os astros recollidas por Antonio Fraguas e observando quásares a 3000 millóns da anos luz.
May 26, 2019•16 min•Season 12Ep. 478
Fronte as imaxes de conxestión no Everest, o alpinismo de inverno é a última fronteira. Mantivemos unha conversa fascinante desde as instalacións de INEF Coruña cos alpinistas Alex Txikon e Félix Criado sobre a ciencia da súa impresionante expedición invernal ao K2. Estivemos no observatorio astronómico de Cotobade da Agrupación Sirio con @emilio_otero deleitándonos con coplas sobre os astros recollidas por Antonio Fraguas e observando quásares a 3000 millóns da anos luz.
May 26, 2019•53 min•Season 12Ep. 478
Julio Rodríguez (sicólogo e investigador da Fundación Publica Galga de Medicina Xenómica) preséntanos desde a Galiciencia o seu libro "Que dice la ciencia de la educación y crianza de los niños" (Plataforma Editorial)
May 17, 2019•12 min•Season 12Ep. 477
Programa con público desde o salón de actos de Tecnópole no marco da edición XIV da feira científica Galiciencia. Con Ricardo Capilla (director xerente de Tecnópole), os profesores Camilo Ojea (CPI Mosteiro-Meis), Beatriz López (Compañía de María de Santiago) e María Malvesada (CPR Santiago Apostol de Soutomaior). Tamén interveñen o actor Vicente Mohedano, a enxeñeira de minas experta en geotermia Lucía Novelle (Ingeo) e Óscar Chao Penabab do IES San Rosendo de Mondoñedo (profesor do equipo gaña...
May 17, 2019•55 min•Season 12Ep. 477
Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucentes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coincidencia.
May 17, 2019•20 min•Season 12Ep. 476
Vivimos nun oceáno de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13). Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucintes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coicidencia. (33:57) Con Marcos Pérez...
May 17, 2019•58 min•Season 12Ep. 476
María Martinón dirixe o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana, CENIEH. Con ela actualizamos o noso álbum familiar co achado do Homo Luzonensis. Tamén coñecemos a súa investigación sobre un dente de Tongzi en China que podería corresponder a un Denisovano.
May 16, 2019•20 min•Season 12Ep. 475
Na nosa sección de ornitoloxía afeccionada con Nacho Munilla coñecemos o paso migratorio prenupcial de primavera.
May 16, 2019•14 min•Season 12Ep. 475
O álbum familiar dos homínidos [Intro] (0:28) Paso migratorio prenupcial [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla] (2:34) Previa Naukas Coruña con Wicho (16:59) O novo primo Homo Luzonensis con María Martinón (22:38) @cienciamiuda finalista no #FameLabEspaña2019 (42:30) Convocados os premios de Transferencia da @RAGalegaCiencia (47:35)
May 16, 2019•55 min•Season 12Ep. 475