(2:33) O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos Este é o titular, pero...
May 07, 2020•56 min•Season 13Ep. 513
A astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier Queloz. Fragmento de Efer491 emitido o 30-10-19.
May 04, 2020•19 min•Season 13Ep. 491
Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). Fragmento de Efer 490 (23-10-19)
May 03, 2020•15 min•Season 13Ep. 490
Versión completa da entrevista á África González do programa EFER512. https://www.spreaker.com/user/9238794/efer-512-30-4-20-inmunoloxia-e-covid-19 África González é a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Con ela debullamos o que se sabe e as preguntas abertas que temos enriba da mesa sobre a COVID-19.
May 02, 2020•43 min•Season 13Ep. 512
Todos queremos saber canto tempo dura a inmunidade tras pasar a COVID-19? Inmunizarémonos todos por igual? Que porcentaxe da poboación xa está inmunizado? Por que os test serolóxicos se empregan para tomar mostras da poboación? Cales son as vías de ataque para buscar tratamentos para a doenza? Algunhas destas preguntas aínda non teñen resposta, nolas contextualiza África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía Sociedade Españ...
Apr 29, 2020•56 min•Season 13Ep. 512
[Versión estendida da entrevista a César Muñoz Fontela do programa Efer 511 do 23-4-0] O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación. Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina ...
Apr 24, 2020•41 min•Season 13Ep. 511
O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación. Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrol...
Apr 24, 2020•56 min•Season 13Ep. 511
As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC Fragmento de Efer 488 (9-10-19)
Apr 15, 2020•13 min•Season 13Ep. 488
Actualización 23-3-20: Nesta entrevista realizada o 9-3-20 o profesor Enjuanes comenta que o seu laboratorio non dispón de permiso administrativo para reconstruír o SARS-COVID-2. O CNB-CSIC vén de recibir financiamento extraordinario e a autorización para reconstruír o virus como paso para a obtención da vacina. Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. O grupo de investigación de Luis Enjuanes e Isabel Sola leva 35 anos investigando e...
Mar 13, 2020•24 min•Season 13Ep. 310
Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. Pero queda moito por facer. Conversamos con Adolfo García Sastre (Director do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da escola ICAHN de medicina Mount Sinai de NYC) . Episodio completo aquí: https://www.ivoox.com/48844204
Mar 12, 2020•28 min•Season 13Ep. 510
Sen a ciencia producida nas dúas útimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. Pero queda moito por facer. Conversamos con Adolfo García Sastre (Director do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da escola ICAHN de medicina Mount Sinai de NYC) (5:41) e Luis Enjuanes (laboratorio de coronavirus CNB-CSIC) (38:14). Con Gema Revuelta (directora do Centro de Estudios de Ciencia, Comunicación e Sociedade da UPF) analizamos como esta a ser a comunicación da crise do cor...
Mar 12, 2020•1 hr 2 min•Season 13Ep. 510
1. Que dia a ciencia da diversidade sexual? Existen sesgos no estudo da naturez? Hai discriminación na comunidade científica das persoas LGTBIQ+? Conversamos con Javier Armentia @javierarmentia @PRISMAciencia @EEEPCompostela (2:55) 2. A RAGC anuncia a convocatorio dos Premios á Transferencia. Con Fernando Pérez (27:38) 3. O filósofo da ciencia Mario Bunge visto a ollos de Avelino Muleiro (34:41)
Mar 07, 2020•57 min•Season 13Ep. 509
1. Recibimos a "Pérez & Fernández", Victoria e Manuel, antes da estrea no Salón Teatro de Compostela da adaptación na novela de María Solar "Os nenos da varíola" en coprodución co CDG. (2:30). 2. O académico Pedro Merino preséntanos a fascinante vida do enxeñeiro Comerma, homenaxeado no Día da Ciencia 2020 da Real Academia Galega de Ciencias. (18:11) 3. Na Guía do Ceo de Irene Baspino e Martin Pawley sabemos das diferentes vidas das estrelas ao fío de Betelgeuse. (35:32)
Feb 27, 2020•57 min•Season 13Ep. 508
Visitamos a Agrupación Estratéxica do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) da Universidade de A Coruña durante a xornada do 11 de febreiro, Día Internacional de Muller e a Nena na Ciencia. Realizamos un percorrido sonoro polas instalacións do CITEEC, coñecemos que é a enxeñería civil e debatemos en torno ao papel da mulleres científicas e tecnólogas. Coa participación de Gemma Rojo, Sindy Seara, Isabel Martínez Laje, Amal Nnechachi, Pilar de la Cruz, Margari...
Feb 26, 2020•59 min•Season 13Ep. 506
1. Galaicos, un pobo entre dous mundos (2:45) Como eran os pobos que viviron no que agora é Galicia desde o ano 1500 antes da nosa era ata chegada dos romanos? Como eran os habitantes da que logo se chamaría Gallaecia que se atopou Décimo Xunio Bruto no ano 137 antes de cristo cando atravesou o río do esquecemento, o río Limia posiblemente? Ata hai non moito os expertos coidaban que os habitantes do noroeste peninsular eran pobos pouco desenvolvidos, por dicilo finamente, e illados uns de outros...
Feb 16, 2020•58 min•Season 13Ep. 505
Versión estendida do monográfico sobre a calidade do aire ao fío do proxecto europeo @trafairproject. Conversamos con José Ramón Ríos Viqueira (CITIUS, USC) e Jose Antonio Souto (Escola Técnica Superior de Enxeñería USC – CRETUS). Contamos tamén con declaracións de Mª Jesús Cruz Carmona, xefa do grupo de investigación de enfermidades respiratorias no Instituto Vall D’Hebron e coordinadora do programa de asma do @CIBERES, Xosé Manuel Tato Camino da Dirección Xeral da Área de Urbanismo do Concello...
Feb 03, 2020•1 hr 3 min•Season 13Ep. 504
Se xuntamos ao actor e cómico Xosé Antonio Touriñán xunto co investigador do Instituto Español de Oceanografía Jesús Gago a falar sobre os plásticos so pode pasar que o pasemos ben e aprendamos unha chea de cousas. Isto aconteceu na sede da Fundación en Santiago por iniciativa da Unión de Consumidores de Galicia. E polo medio estivemos os de Efervesciencia. Tamén coñecemos os casos de transferencia de coñecemento desde os centros de investigación ao mundo da empresa que veñen de gañar os premios...
Jan 27, 2020•57 min•Season 13Ep. 495
1. Os non moi lonxanos tempos do cólera en Galicia e a cloración da auga con @Moises_Canle 2. A loita contra as pseudoterapias chega aos xulgados con @FernandoCervera @apetp_ 3. Gañadores do premio @CeosGalegos 2019 de astrofotografía
Jan 23, 2020•57 min•Season 13Ep. 503
1. Onde están as exolúas? Exocometas con Isabel Rebollido @Yollevoreloj [Baixo cúpula] (2:30) 2. As descoñecidas células de glía do teu sistema nervioso con Fernando de Castro @FdeCastroS (13:23) 3. A proba da Crew Dragon e outras novidades aerotrastornadas con @wicho (33:16)
Jan 20, 2020•57 min•Season 13Ep. 502
Continuamos contando e cantando a mellor ciencia do ano desde o Paraninfo da USC acompañados co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores. César Muñoz Fontenla traballa nun laboratorio de máxima seguridade P4 en Hamburgo e tamén sobre o terreo en África. Este virólogo galego investigador do Instituto Bernhard-Nocht de Medicina Tropical analiza para nós os avances contra o ébola. O químico da USC Fran Rivadulla explícanos por que as baterías dos móbiles non estoupan e o traballo do seu m...
Jan 08, 2020•57 min•Season 13Ep. 501
A Avoa de Einstein secuestrou no Ágora de A Coruña aos gañadores dos Premios Primas Casa das Ciencias á Divulgación. Conversamos con Jaume Villalta, Sergio Ferrer, Amparo Garrido, Sara Gil, Emilio García, Susana Escudero, Natalia Ruiz Zelmanovitch, Josemi Álvarez, Manuel González, Lluis Montolliu, Javier Salas, Marta Palomo, César Lopez y José Edelstein. @joseedelstein @Suescudero @sagilca @PalomoMarta @bynzelman @manolux4444 @javisalas @LluisMontoliu @quequicom33 @SergioEfe @CNIO_Cancer
Jan 05, 2020•59 min•Season 13Ep. 494
Programa especial dobre no que celebramos as 500 edicións en antena de Efervesciencia na Radio Galega. Desde o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela coa música en directo do piano de Juanjo Fernández. Repasamos a mellor (e peor) ciencia do ano 2019 con @pawley @CesarGoldi @Estebanfmoreira @castoriva @dosiveiga Nacho Munilla, Irene Baspino e Rosa Pedrido.
Jan 03, 2020•1 hr 50 min•Season 13Ep. 500
No mundo real, se existe un felicidade química, esta é o cánnabis. Nos últimos 20 anos o contido en principio activo, THC, do cánnabis consumido en España ten pasado do 5% ó 20 %. Iso quere dicir que un porro dos da agora equivale a fumarse 4 hai dúas décadas. Pra coñecer o que di a ciencia sobre o consumo do cánnabis en nenos e adolescentes estaremos no II Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados: Saúde, educación e lei con Fernando Rodríguez Fonseca (Instituto de Investigacion...
Dec 23, 2019•57 min•Season 13Ep. 493
Recomendamos escoitar este episodio con auriculares 1.- Se temos que comernos unhas galletas dun prato sen que se note sempre escolleremos a que mais galletas ten. Isto ten que ver coa lei de Weber. Jose Pardo é investigador no grupo Neurocom da Universidade de A Coruña, e ven de publicar o seu traballo dos últimos anos nos que reformula esta lei psicofísica. [2:18] 2. Segunda parte da campaña pro estrela Rosalía con Martin Pawley. 3. Conversa baixo cúpula co físico e divulgador Alberto Aparici ...
Dec 06, 2019•56 min•Season 13Ep. 492
Desde o observatorio astronómico de Cotobade celebramos os 20 anos de andaina da Asociación Sirio con David Filgueira, Igor Piñeiro e Emma [2:13]. Elena Mora adiántanos a Semana da Ciencia no Instituto Galego de Fïsica de Altas Enerxías, IGFAE [22:18] A astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier Queloz. Coñecemos da man de Martin Pawley a campaña da Agrupación Astronómica Io para nomear unha e...
Nov 26, 2019•59 min•Season 13Ep. 491
1. Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). (1:56) 2. A oceanógrafa Debora Iglesias traballa na Universidade de California-Santa Bárbara foi testemuña do caso de varias quenllas varadas na praia. Gonzalo Mucientes do IIM-CSIC cóntanos o que se debe facer nestes casos. Desde enfoques distintos a conversa con Debora e Gonzalo axúdanos a ...
Oct 27, 2019•58 min•Season 13Ep. 490
[Versión estendida para podcast] Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño. En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin (Planetary Atmospheres and Surfaces Department of Space Studies, S...
Oct 21, 2019•2 hr 2 min•Season 13Ep. 489
Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño. En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin (Planetary Atmospheres and Surfaces Department of Space Studies, Southwest Research Institute Bould...
Oct 21, 2019•56 min•Season 13Ep. 487
Visitamos o observatorio astronómico de Forcarei da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura para celebrar o seu 10 aniversario e coñecemos aos gañadores dos Premios de Investigación 2019 da Real Academia Galega de Ciencias. 1. As castañas de hoxe "creáronse" antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC (1:44) 2. Desde o observatorio astronómico de Forcarei, 10 anos ollando ao universo. Con Ana Ulla (UVigo), Enrique Alonso (Fundación FC3), Richi e Susana (14:40) 3. Detecc...
Oct 19, 2019•58 min•Season 13Ep. 488
Conversa baixo a cúpula da Casa das Ciencias co astrofísico do IAC-CSIC e divulgador, e alma márter de @pcoffeebreak Héctor Socas
Oct 06, 2019•22 min•Season 13Ep. 486