Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

Efer 525 (30-7-20): Psicoloxía no incerto mundo Covid

Actualización 16-8-20: Arranxado arquivo de audio No último Efervesciencia da tempada número 13... (2:26) Co psicólogo galego Luis Muiño conversamos sobre que lles pasa ás nosas cabeciñas nestes tempos raros nos que toca convivir coa incerteza (34:11) Coñecemos a terceira edición do programa Talento Senior da mar de Mª José Mariño directora da área de Centros do GAIN, a Axencia Galega de Innovación. Eccocar é unha das empresas que participaron neste programa. Así, o enxeñeiro en telecomunicación...

Aug 07, 202056 minSeason 13Ep. 525

Efer 524 (23-7-20): A dixitalización fortalece a democracia?

(1:52) No mundo actual hiperconectado adoitamos pensar que a mais dixitalización maior democracia e transparencia. Pero que din os datos? O doutor en Ciencias Políticas Suso Baleato publicou un estudo en Science en 2016 que analiza este fenómeno. (26:03) Na sección dedicada a GAIN, a Axencia Galega de Innovación, coñecemos o papel das plataformas aceleradoras de innovación. (30:10) Desde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñ...

Aug 03, 202056 minSeason 13Ep. 524

Efer 523 (16-7-19): Minerais de sangue

(2:13) Chema Caballero descúbrenos os minerais de sangue que se agochan na última tecnoloxía que levamos nos nosos petos. (27:41) Na chamada sorpresa da Avoa de Einstein pescamos a Borja Tosar con nocturnidade andando polo monte... (34:42) Ainoa Castro da Universidade de Salamanca recibiu un millón de euros da Unión Europea para investigar os escritos medievais galegos e portugueses “invisibles” http://www.efervesciencia.org

Jul 28, 202056 minSeason 13Ep. 523

Guía do ceo de veran 2020: Estrela Rosalia, Covid, Cometa,...

Desde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñecemos o ceo nocturno que non nos podemos perder este verán. Estade moi atentos ás recomendacións de hixiene ante a Covid Como complemento, Irene Baspino e Martin Pawley da Agrupación IO prepararon esta guía visual que nos pode ser de valiosa axuda para nos orientar no firmamento estival. http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2020/07/O-ceo-do-ver%C3%A1n-EFERVESCIEN...

Jul 28, 202026 minSeason 13Ep. 524

Efer 521 (2-7-20): Monográfico: ciencia e exploración polar

(1:51) O home do tempo Xavier Fonseca estivo a principio deste ano na Antártida (15:47) O escritor e científico polar Javier Cacho ten unha illa na Antártida (26:58) Na Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (36:06) Javier Peláez @Irreductible fainos pasar “500 anos de frío” no Ártico www.efervesciencia.org

Jul 13, 202057 minSeason 13Ep. 521

Efer 520 (25-6-20): Anatomía do escándalo do LANCET e a hidroxicloroquina

(2:40) Alberto García Besteiro xunto cos seus compañeiros Carlos Chacour e Joe Brew destapou o escándalo do “LANCET Gate”. O supostamente artigo “definitivo” que desbotaba o uso da hidroxicloroquina contra a Covid tivo que ser retractado desta importante revista medica. A base de datos do estudo semella ter sido inventada. Alberto García-Basteiro é investigador de ISGlobal e do Centro de Investigación en Saúde de Manhiça en Mozambique. Con el debullamos o “LancetGate” e coñecemos o traballo cont...

Jun 25, 202056 min

Efer 519 (17-6-20): Avalancha de publicacións sobre a COVID: problema ou cambio de modelo? con Juan Ignacio Pérez

(2:40) Como separar o gran da palla na avalancha de publicación científicas da COVID? Pode o bosque de preprints ocultarnos os traballos relevantes? Como deben comunicar os expertos a evidencias dispoñibles aos xestores políticos? Temos o privilexio de escoitar as reflexións sobre estes temas de Juan Ignacio Pérez, director da cátedra de Cultura Científica da Universidade do Pais Vasco (27:23) “DNA Meat” é un kit de experimentación en xenética desenvolvido por Xuvenciencia no Campus de Lugo da U...

Jun 17, 202056 minSeason 13Ep. 519

Efer 518 (10-6-20): Faladoiro oceánico desde o Centro de Investigacións Mariñas

[Versión estendida] Celebramos o Día Mundial do Océanos desde a illa de Toralla na ría de Vigo convidados polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Desde o ECIMAT conversamos sobre a economía azul e sostenibilidade dos océanos con Belén Rubio (vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo), Fran Ramil (zoólogo mariño do grupo de Bioloxía Ambiental), Moncho Gómez Gesterira (EPHYSLAB) e María Pérez Lorenzo (técnica de investigación do grupo de Oceanografía Biolóxic...

Jun 11, 20201 hr 4 minSeason 13Ep. 518

Efer 517 (4-6-20): A visión global da COVID de Margarita del Val

(2:43) A investigadora científica do Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” -CSIC Margarita del Val é un dos científicos que ten unha visión mais global da pandemia da Covid. Conversamos coa inmunóloga e viróloga que coordina a Plataforma de Saúde Global, que axunta os esforzos de loita contra a pandemia por parte do CSIC. (26:20) Logo de 9 anos a NASA foi quen de poñer astronautas no espazo – na ISS – con medios propios. O modelo de subcontratar as viaxes espaciais á empresa privada é todo...

Jun 10, 20201 hrSeason 13Ep. 517

A árbore xenética do coronavirus. Entrevista completa Salas-Martinón.

Vesrsión integra da entrevista a Antonio Salas e Federico Martinón emitida en EFER 516. O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito ...

May 30, 202041 minSeason 13Ep. 565

Historias da peste negra con Esteban Fernández e Eduardo Rolland

Fragmento do EFER 516 Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. www.efervesciencia.org

May 30, 202015 minSeason 13Ep. 516

Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores

(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas. (21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón ...

May 30, 202056 minSeason 13Ep. 516

Efer 515 (21-5-20): Os modelos matemáticos da COVID non son máxicos

(2:38) Afectou o confinamento ao consumo de drogas legais e ilegais? Conversamos co psicólogo Manuel Isorna. (12:49) Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez. (28:45) Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB. (45:24) Chamada sorpresa da Avoa aos estreleiros Irene Baspiño e Martin Pawley.

May 21, 202056 minSeason 13Ep. 515

Os artífices da nova vacina da tuberculose estudan se produce inmunidade contra o coronavirus

Fragmento do programa EFER 514. Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Martín, catedrático de microbioloxía da Universidade de Zaragoza. A implementación industrial de MTBVAC e os estudos clínicos os está a levar a cabo ...

May 15, 202031 minSeason 13Ep. 514

Efer 514 (14-5-20): O papel da nova vacina da tuberculose contra a COVID en estudo

(5:19) Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Martín, catedrático de microbioloxía da Universidade de Zaragoza. A implementación industrial de MTBVAC e os estudos clínicos os está a levar a cabo á biofarmaceútica galega ...

May 14, 202056 minSeason 13Ep. 514

Libro para cuñados premium "14 maneras de destruir la humanidad" con @Daniel_Arbos

Publican en febreiro de 2020 un libro ciencia-humor sobre catástrofes globais para “cuñados premium” (Avoa dixit) e acertan cunha pandemia global causada por un virus respiratorio provinte dun animal. O libro é “14 maneras de destruir la humanidad” (Next Door Publishers) e falamos cun dos seu autores, o divulgador Daniel Arbós.

May 08, 202014 minSeason 13Ep. 513

“Enjuanes púxome o sombreiro seleccionador e acabei con Margarita Salas”. Anatomía dun test. Unha noite con Luis Blanco.

Versión completa da entrevista a Luis Blanco emitida en el programa Efer 513. O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado ...

May 08, 20201 hrSeason 13Ep. 513
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android