Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastrexo da Covid.
Dec 21, 2020•24 min•Season 14Ep. 536
(0:52) Faraday e o Gran Fedor (5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite ant...
Dec 21, 2020•57 min•Season 14Ep. 536
(2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos. Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar correctamente os datos da pandemia (incidencia acumulada, razón de taxas, positividade,...)
Dec 15, 2020•30 min•Season 14Ep. 535
(2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos. (13:53) Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar correctamente os datos da pandemia (incidencia acumulada, razón de taxas, positividade,...) (46:00) Pr...
Dec 15, 2020•56 min•Season 14Ep. 535
Un dos proxectos financiados nesta convocatoria extraordinaria contra a covid da GAIN estuda se a nosa xenética inflúe en como nos infectamos. Conversamos con Federico Martinón, xefe de pediatría do CHUS.
Dec 15, 2020•11 min•Season 14Ep. 534
A Axencia Galega de Innovación GAIN financia con 3 millóns de euros 15 proxectos de investigación sobre a covid-19 que tiveron unha avaliación positiva na convocatoria de emerxencia do Instituto Carlos III, pero que non chegaron a ter financiamento. Conversamos coa directora da GAIN Patricia Argerey.
Dec 13, 2020•7 min•Season 14Ep. 534
“Aínda coas vacinas temos que ter un plan B para unha eventual mutación do virus. Nos estamos creando clons de laboratorio, modelos animais, anticorpos monoclonais” Versión completa da conversa con Luis Martínez Sobrido. O virólogo galego Luis Martínez Sobrido mudouse desde a Universidade de Rochester (Nova Iork) a Texas para traballar no Instituto de Investigacións Biomédicas desta cidade en febreiro de 2020. O que ía ser unha transición tranquila converteuse nunha carreira frenética de traball...
Dec 13, 2020•35 min•Season 14Ep. 334
Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos.
Dec 08, 2020•13 min•Season 14Ep. 535
Recreación radiofónica de "Suiseki" coa locución de Anxo Quintela. Con “Suiseki” O enxeñeiro de telecomunicacións Daniel Pereira vén de gañar o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña na categoría de adultos de relatos en galego.
Dec 08, 2020•17 min•Season 14Ep. 335
[Versión estendida] Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas in...
Dec 08, 2020•35 min•Season 14Ep. 533
(3:34) Nos “Paxaros na cabeza” de Nacho Munilla escoitamos os chíos do tordo malvís e o galo da braña. A primeira destas especies invernantes aliméntanse de bagas de acivro, que son tóxicas para os humanos. (14:21) Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europ...
Dec 06, 2020•57 min•Season 14Ep. 533
[Versión estendida] O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altamente cotizadas Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) co proxecto “Mentes Materiais”. Este ambicioso proxecto é o maior experimento deseñado de cognición visual, e ten como premisa que o “as humanos facemos obxectos, e os obxectos fannos humanos, configuran a nosa mente”. www.efervesciencia.org
Nov 16, 2020•22 min•Season 14Ep. 532
[Versión estendida podcast] Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder. Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aq...
Nov 16, 2020•37 min•Season 14Ep. 532
Recuperamos do noso arquivo Efervescente a entrevista que lle fixemos a Iria Gómez Touriño sobre as súas investigacións en diabete I emitida o 26-10-14
Nov 16, 2020•26 min•Season 8Ep. 299
(2:37) Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder. Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A...
Nov 12, 2020•57 min
[Versión estendida] Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a empresa farmacéutica Chiron cando se propuxo identificar o virus que causaba a hepatite que non era A nin B. E aquí comezou a verdadeira guerra dos clo...
Nov 10, 2020•32 min•Season 14Ep. 530
O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal.
Nov 10, 2020•14 min•Season 14Ep. 531
(3:00) O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal. (16:45) Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un n...
Nov 07, 2020•57 min•Season 14Ep. 531
Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.
Oct 31, 2020•20 min•Season 14Ep. 530
Versión integra da entrevista a Lluis Montoliu do programa Efer 330. O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu.
Oct 31, 2020•39 min•Season 14Ep. 530
(2:28) O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu. (36:11) Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio n...
Oct 31, 2020•57 min•Season 14Ep. 330
Malia o mal tempo e o toque de queda a tempada de outono tamán nos ofrece espectáculos no frimamento. Guía do Ceo de outono con Martín Pawley e Irene Baspino.
Oct 27, 2020•24 min•Season 14Ep. 529
Efer 529 (22-10-20): O obxecto supermasivo do interior da nosa galaxia é un burato negro? (3:25) José Edelstein debulla para Efervesciencia todos os detalles do premio Nobel de Física 2020. Por que o comité Nobel fala de obxecto supermasivo no centro da nosa Galaxia e non de burata negro? Podería ter levado Penrose outro Nobel previamente? Que traballo compartiron Hawking e Penrose? (27:45) Como ventila a nosa Bibiana García Visos a súa casa? (37:49) Guia do Ceo de Outono con Martin Pawley e Ire...
Oct 25, 2020•58 min•Season 14Ep. 529
O traballo científico máis popular do catedrático de xenética da Universidade de Vigo Emilio Rolán non vai de caracois mariños a súa especialidade, senón un artigo sobre o coñecemento sobre a evolución dos universitarios galegos. No artigo de Plos One tamén colaborou Marta Vila xunto con outros investigadores.
Oct 25, 2020•27 min•Season 14Ep. 528
Falamos dos revólveres Colt, Herbert von Karajan e a normalización co profesor de contrucción da Universidade de A Coruña Manuel Herrador. Herrador forma parte do grupo de normalización CTN 140 de estructuras de hormigón. Deste xeito conmemoramos o día internacional da Normalización que se celebra anualmente todos os 14 de outubro.
Oct 25, 2020•10 min•Season 14Ep. 528
(2:18) Un traballo asinado polos profesores da UdC Marta Vila e Jaime Fagúndez describe unha nova mosca descuberta en Galicia. Pero ollo, este insecto aliméntase das sementes da cortadeira da pampa. Poderá converterse nun arma contra esta invasora? (22:58) Os revólveres Colt, Karajan e a normalización co profesor de contrucción da UdC Manuel Herrador. (34:01) O traballo científico máis popular do catedrático de xenética da Universidade de Vigo Emilio Rolán non vai de caracois mariños a súa espec...
Oct 16, 2020•1 hr•Season 14Ep. 528
Se houbese un tratamento eficaz contra a Covid e fose creado utilizando experimentación con ratos de laboratorio habería que prohibilo? Isto non é unha ficción, unha recomendación da Unión Europea veta a creación de anticorpos monoclonais empregando estes animais. Hai proxectos que corren o risco de paralizarse. Esta semana unha carta en Nature Methods alerta que na actualidade non existen alternativas viables para a creación destes anticorpos de alta especifidade que teñan como obxecto curar do...
Oct 10, 2020•24 min•Season 14Ep. 527
(2:08) A reprogramación de células adultas en células nai pluripotentes inducidas (iPSC) é unha realidade actual. Pero o proceso ten moi baixa eficiencia e mesmo pode dar lugar a tumores benignos nas células. Unha investigación dos grupos dos grupos de Epitranscriptómica e Envellecemento e de Células Nai e Enfermidades Humanas do CiMUS veñen de ganar o Premio de Investigación 2020 da Real Academia Galega de Ciencias por un artigo en Cell Stem Cell. Nel os investigadores dan conta do mecanismo du...
Oct 08, 2020•59 min•Season 14Ep. 527
Os centos de tubos do órgano da Igrexa da Universidade dannos a escusa perfecta para falar de acústica, física, química, enxeñaría e evolución. E sobre todo para escoitar ao vivo as interpretacións da organista Erea Blanco. Conversamos con Belén Bermejo, comisaria de “Lugares e órganos”, Andrés Cea, organista e doutor en historia, e Andrés Díaz, músico e físico. Versión estendida en podcast do programa especial con público de Efervesciencia para o ciclo “De lugares e órganos” do Concello de Sant...
Oct 01, 2020•1 hr 16 min•Season 14Ep. 526
O único que se pode dicir é "non o sei". isto saiu varias veces na conversa que tivemos co psicológo Luis Muiño sobre psicoloxía e mundo Covid.
Aug 07, 2020•32 min•Season 13Ep. 525