Efer 483 (19-6-19): Breaking Bad a ollos dun químico
Jul 03, 2019•59 min•Season 12Ep. 483
Episode description
Bernardo Herradón comparte co protagonista de Breaking Bad o feito de ser químico orgánico e emprendedor. Este investigador científico do Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC tamén é un divulgador entregado e apaixonado. Con el repasamos a boa química de Breaking Bad e dámoslle unha nova ollada á Táboa Periódica (2:20)
O Turismo Científico chega aos cursos de verán da USC da man do selo Observer. Reportaxe con Jorge Mira, Maite Vence e Luisa Martínez. (28:45).
José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo... (35:20).
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android
