Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

Efer 389 (19-3-17): Lobos e a ovella

"So a montaña ten vivido abondo para escoitar e comprender o ouveo dun lobo" Aldo Leopold Conversamos sobre a situación do lobo en Galicia co biólogo Pedro Alonso. Lembramos á ovella Dolly no seu 20 aniversario co investigador Manuel Collado. Josefina Ling preséntanos a exposición "Con A de Astrónoma"

Mar 19, 201755 min

Efer 388 (12-3-17): Unha tarde no laboratorio de xenética

Visitamos no IDIS o laboratorio de xenética de poboacións do investigador Antonio Salas. Os traballos deste grupo lévannos a falar de meninxite, monoritas, expansión humana en Ámerica, racismo, pericia forense,... e música. Eva Rodríguez de SINC conversa co podólogo Daniel López da UDC. Veñen de publicar que o calzado das persoas maiores non é axeitado. A Real Academia Galega de Ciencia vén de dedicar este ano ao botánico Baltasar Merino. Fainos un semblanza Francisco Javier Silva responsable do...

Mar 13, 201759 min

Efer 387 (5-3-17): Mates en bares e guerra de patentes

Elena Vázquez Abal é especialista en xeometría diferencial, polo que para esta profesora da USC todas as curvas teñen o seu aquel. Elena tamén é unha apaixonada da divulgación científica, e xunto con actor César Goldi rememoran os gloriosos tempos nos que percorreron o país de bar en bar falando de matemáticas. A tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios de investigación de todo o mundo, pero aínda non chegou a industria. Isto é así por que está aberta...

Mar 06, 201756 min

Adorables curvas matemáticas con Elena Vázquez Abal

Elena Vázquez Abal é especialista en xeometría diferencial, polo que para esta profesora da USC todas as curvas teñen o seu aquel. Elena tamén é unha apaixonada da divulgación científica, e xunto con actor César Goldi rememoran os gloriosos tempos nos que percorreron o país de bar en bar falando de matemáticas.

Mar 06, 201731 min

Erwin Neher na Coruña

Erwin Neher recibiu en 1991 o Nobel de Fisioloxía ou Medicina polos seus achados sobre a función das canles iónicas nas células. Invitado pola fundación CORBI visitou recentemente A Coruña acompañado por Enric Banda, profesor de investigación do CSIC que ten ocupado importantes postos de política científica.

Mar 06, 20174 min

Reforzar a parede para loitar contra o taladro do millo

Rosa Ana Malvar Pintos, profesora de investigación na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, cóntanos cal é papel da parede celular na pescuda de millos resistentes os diferentes tipos de perforadores. Esta é unha liña de investigación que desenvolve a Unidade Asociada “Agrobioloxía medioambiental, Calidade de solos e prantas” formada pola MBG-CSIC e a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Mar 06, 20177 min

A guerra de patentes do CRISPR: primeiro asalto [con Lluís Montoliu]

A tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios de investigación de todo o mundo, pero aínda non chegou a industria. Isto é así por que está aberta unha guerra de patentes entorno a un negocio multimillonario entre a Universidade de California con Jennifer Doudna e Emmanuelle Carpentier (premio Princesa de Asturias de Investigación) e Instituto Broad do MIT liderado por Feng Zhang. Un tribunal de patentes estadounidense ven de determinar que a técnica de Z...

Mar 05, 201720 min

Tartaglia ou o intrigante nacemento da álxebra [Entrevistas no Alén]

Entrevista en exclusiva desde o Alén a Niccolo Fontana "Tartaglia", o Tatexo. Matemático renacentista, enxeñeiro militar e a autor prolífico. Coautor da formula da resolución das ecuación cúbicas e un home a quen lle tocou vivir unha vida intensa e chea de intrigas.

Mar 03, 201718 min

"Repensar o cribado do cancro de mama" con Manuel Vilches

Nesta entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches e editor do blog de divulgación en en física médica "Desayuno con fotones" analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. As principais revistas de investigación en medicina teñen prestado unha atención importante a este problema. Agora cómpre que os investigadores o cuantifiquen, e que as autoridades sanitarias o tomen en consideración.

Mar 03, 201730 min

A túa carta astral en dous minutos [Postal Planetaria]

Visitamos en segredo ao astrólogo Borjus para que nos faga a nosa carta astral. Infórmanos da posición exacta dos planetas sobre o fondo fixo de estrelas o día e a hora na que nacemos. Pero cando lle preguntamos sobre o noso futuro quedámonos coa palabra na boca... Esta é a web que utilizou Borjus http://www.heavens-above.com/skychart2.aspx?lat=0&lng=0&loc=Unspecified&alt=0&tz=UCT

Mar 03, 201710 min

A aplicación para conectar as enfermidades raras: My Leaf

Carlos Martín Guevara de "Sombra Doble" preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras. Moi útil para os doentes, pero tamén para os sanitarios. Mediante técnicas de análise de datos a aplicación busca usuarios que teñan os mesmos síntomas aínda que estean sen diagnosticar.

Feb 28, 201711 min

A fascinante escritura visigótica con Ainoa Castro

A escritura visigótica é o equivalente á tipografía Times New Roman medieval da Península Ibérica. En Galicia sobreviviu ata o século XIII como forma de resistencia e identidade cultural. A investigadora Marie Curie no King´s College de Londres Ainoa Castro é especialista en paleografía dixital. Castro contounos a fascinante historia desta escritura e todo o que os paleógrafos poden aprender pescudando nos trazos dos escribas.

Feb 27, 201726 min

Efer 386 (26-2-17): Raras. Visigótica. Astral.

Carlos Martín Guevara de Sombra Doble preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras. Descubrimos a escritura visigótica da man da paleógrafa do King´s College Ainoa Castro. Unha historia fascinante dunha caligrafía que foi signo e seña da nosa terra. Borjus fainos a nosa carta astral e sabemos da visita do nóbel Erwin Neher á Coruña.

Feb 26, 201758 min

Efer 385 (19-2-17): Cribado, Tartaglia e o perforador do millo

Nunha entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. En "Entrevistas no alén" coñecemos a incrible vida de Niccolo Fontana "Tartaglia". A investigadora Rosa Ana Malvar (Unidade asociada MBG-CSIC UVigo “Agrobioloxía medioambiental”) cóntanos como loitar contra os perforadores do millo con variedades que incorporan unha parede celular mais consistente.

Feb 19, 201756 min

Cantos cadros ten un taboleiro de xadrez? [A chave de cristal]

A Chave de Cristal é un espazo onde os mais pequenos xogan o xadrez e a enredos de enxeño. Enredos que con Xosé Luis Veiga lanzan as ondas nesta nova sección. Coñeces o problema do cabalo de xadrez? Sabes cantos cadros ten un taboleiro de xadrez?

Feb 13, 20179 min

Peixes e nanotecnoloxía contra as lesións medulares

O biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. Barreiro vén de lanzar un proxecto de microachegas na plataforma Precipita para conseguir fondos para mercar librerías de fármacos para a súa investigación. No Hospistal Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para facer un by-pass electrónico da parte seccionada da medula.

Feb 13, 201724 min

Solución #ulowicho

Desvelamos desde onde presentounos Wicho o seu "Los nativos digitales no existen"

Feb 13, 20173 min

Efer 384 (12-2-17): Lampreas, apocalipse nuclear e o problema do cabalo

O biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. No Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para facer un by-pass electrónico da parte seccionada da medula. Na sección de Ciencia e Cinema o Martin Pawley analiza o tratamento do nuclear nas películas de mediado o século XX. Na Chave de Cristal os mais novos invitados a Efervesciencia preséntannos o problem...

Feb 12, 201759 min

Cocolitóforos con Débora Iglesias

Os cocolitóforos son microalgas que forman parte do fitoplancto. Posúen no seu interior placas de calcita (carbonato cálcico) que facilitan a súa detección dende o espazo. Os cocolitóforos absorven dióxido de carbono (CO2) mediante a fotosíntese. Cando morren sedimentan no fondo dos océanos é os depositos de carbonato cálcico contribúen á liberación deste gas. O aumento das concentracións de dióxido de carbono na atmosfera pola queima de combustibles fósiles esta a acidificar os mares. Deste xei...

Feb 11, 201724 min

María Wonenburger

Única entrevista audiovisual que concedeu a alxebrista María Wonenburger, nai matemática da teoría de Kac-Moody . Foi emitida o 14 de xullo de 2007 no programa 39 de Efervesciencia.

Feb 11, 201730 min

Consorcio de bacterias con Lynn Margulis

Lynn Margulis é a primeira Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Moitas das súas ideas forman parte xa dos libros de texto. Aínda que tamén defende ideas polémicas sobre o neodarwinismo que están fóra do consenso científico. Margulis é a autora da teoría da endosimbiose. Partes da célula son, en realidade, bacterias que no proceso evolutivo se asociaron tan intimamente á célula que chegaron a perder a súa individualidade. Na entrevista descubrimos que cando Margulis ve, por exemplo, u...

Feb 11, 201724 min

É Curie un modelo axeitado na aula? con Mari Lires

Mari Lires é investigadora en didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Vigo, e especialista en historia da ciencia, educación e xénero. Con ela conversamos sobre os modelos (e as ausencias) de científicas na aula. Entrevista emitida o 16-4-11 no programa Efervesciencia 166.

Feb 11, 201727 min

Atlas de entoación con Elisa Fernández Rei e Adela Martínez

A filóloga Elisa Fernández Rei e a matemática Adela Martínez comparten despacho no Instituto da Lingua Galega da USC, e non so iso senón tamén liña de investigación sobre a entoación do galego. Entrevista emitida o 12-10-13 no Efervesciencia 257

Feb 11, 201726 min

As batallas da minería de datos con Izaskun Lacunza

Izaskun Lacuna, directora executiva da Liga de Bibliotecas Europeas, cóntanos como o acceso por minería de datos a información científica na Unión Europea está limitada polas leis de copyright. Entrevista con Eva Rodríguez da Axencia SINC emitida o 1-2-14 no Efervesciencia 272.

Feb 11, 201714 min

Mates e volcáns con Rosa Sobradelo

A Rosa Sobradelo sempre lle apaixonaron as matemáticas… e as ciencias da terra. Antes de conseguir o seu sono esta rianxeira fixo empresariais, estudou matemáticas en New York, traballou de bioestatística nun hospital, en Wall Street para JP Morgan Chase,… Ata que asentou en Londres onde é investigadora do Departamento de Ciencias da Terra no University College de Londres. Alí aplica os seus coñecementos matemáticos á vulcanoloxía, creando modelos de perigosidade e risco que axuden a tomar decis...

Feb 11, 201727 min

Os mundos de Phill K. Dick con María Vázquez

"Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan.

Feb 11, 201728 min

Cartografía da Vía Láctea con Minia Manteiga

Conversamos coa astrofísica da Universidade da Coruña Minia Manteiga da misión da ESA Gaia. Esta entrevista pertence ao programa 365 emitido o 2-10-16. Gaia está a realizar a cartografía máis precisa ata o momento da nosa galaxia.

Feb 11, 201723 min

Son ambiente de #ulowicho. Pista 3/5

Así soa o epicentro do sitio no que se agocha Wicho cos seus nativos dixitais. Esta é a pista 3 das 5 que imos dar. Javier Pedreira "Wicho" presenta en Efervesciencia o seu libro "Los nativos digitales no existen" desde un lugar secreto. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloWicho? ou cólgaa no noso facebook ata o 10 de febreiro. http://www.ivoox.com/desde-onde-presenta-wicho-los-nativos...

Feb 08, 201729 sec
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android