Cocolitóforos con Débora Iglesias - podcast episode cover

Cocolitóforos con Débora Iglesias

Feb 11, 201724 min
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

Os cocolitóforos son microalgas que forman parte do fitoplancto. Posúen no seu interior placas de calcita (carbonato cálcico) que facilitan a súa detección dende o espazo. Os cocolitóforos absorven dióxido de carbono (CO2) mediante a fotosíntese. Cando morren sedimentan no fondo dos océanos é os depositos de carbonato cálcico contribúen á liberación deste gas. O aumento das concentracións de dióxido de carbono na atmosfera pola queima de combustibles fósiles esta a acidificar os mares. Deste xeito, faise difícil a supervivencia de corais e outros organismos con esqueletos de carbonato cálcico. Con estas premisas os científicos pensaban que as placas de calcita do cocolitoferos irían a menos. O cal era unha boa noticia, xa que suporía este fitoplancto sería un sumidoiro de CO2. No entanto, a investigadora viguesa do Centro Nacional de Oceanografía de Southampton Débora Iglesias acaba de demostrar en Science que a maior concentración de CO2, mais grosas son as placas de calcita nestas microalgas. Isto implica que o balance entre absorción e emisión de CO2 nos cocolitóforos é neutro. O mar non vai ser a alfombra debaixo da cal quitemos da vista o dióxido de carbono. Entrevista emitda o 18 de maio de 2008.
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android