Xuvenciencia en AMS Labs
En AMS Labs realizan todo tipo de ensaios na roupa que vestimos para que chegue a nós sen fraudes, cumprindo a lexislación e as medidas de seguridade e saúde.

En AMS Labs realizan todo tipo de ensaios na roupa que vestimos para que chegue a nós sen fraudes, cumprindo a lexislación e as medidas de seguridade e saúde.
Acompañamos á rapazada de Xuvenciencia na súa visita á empresa pública Xenética Fontao, de onde parten a maior parte das doses seminais de vacún que se venden en Galicia.
Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia ao Campus Científico de Verán Xuvenciencia en Lugo. Compartimos aventuras coa rapazada participante e visitamos con eles desde unha operación nun quirófano ata a selección de seme vacún en Xenética Fontao pasando por unha análise de calidade textil de AMS Lab.
Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.
Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC.
Podemos vivir nun mundo sen abellas? Este un dos casos que propón ao alumnado Blanca Puig para ensinar a argumentar cientificamente na aula. Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e con Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2 e especialista en argumentación.
Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2, en como ensinar a argumentar en ciencias. Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC. Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.
LIGO ven de descubrir a súa segunda onda gravitacional. O físico mexicano Miguel Alcubierre describiu en 1994 como poderíamos facer para surfear estas ondas gravitacionais e viaxar a velocidades hiperlumínicas ao máis puro estilo Star Trek.
A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de casos de diabetes II na pobuación. O grupo Diabesidade do CIMUS-USC que dirixe Sulay Tovar estuda os mecanismos que emprega o corpo para facer o balanzo enerxético e por que poden fallar.
Inocentes condenados por unha mala peritaxe de voz, técnicas forenses desfasadas, peritos sen formación,... o proxecto de investigación xornalística Hearing Voices expón as eivas da fonética forense ao longo do continente. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra sobre que as posibilidades e limitacións desta disciplina.
A identificación dunha voz nun xuízo está moi lonxe de ter a fiabilidade das probas de ADN. A investigación xornalística Hearing Voices pon enriba da mesa as limitacións e posibilidades da fonética forense. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra. A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de casos de diabetes II. O grupo Diabesidade que dirixe Sulay Tovar estuda os mecanismos que emprega o...
Un investigador que escribe un blog de divulgación científica pode recibir retornos inesperados. Cando o bioquímco José Manuel López Nicolás visitou Santiago en 2014 para participar nunha charla de divulgación en EEEP-Compostela atopouse cunha solicitude de entrevista por parte de Ismael Martínez, responsable de proxectos de Feiraco. Martínez coñeceu a existencias as ciclodextrinas de Nicolás grazas ao seu blog de divulgación. E este foi o inicio dunha proveitosa colaboración científica.
O único microscopio Leewenhoek autentificado do mundo pertence á colección dos médicos Pallas-Camacho. Actualmente se exhibe no Museo de Historia Natural da USC xunto cun exemplar de Micrographia de Robert Hook. O doutor Tomás Camacho cóntanos como adquiriu esta xoia en e-bay pola que pedían 50 €. Unha historia fascinante onde as haxa. Tamén conversamos co restaurador de artesanía e instrumentos científicos Rafael San Marcial.
Cos xenes dunhas bacterias fluorescentes é posible crear árbores que brillan na noite ou novos sistemas criptográficos. Novo Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira.
Contamos a incrible historia do microscopio atopado na lama, vendido en e-bay por 50€ e valorado como o mais valioso dos microscopios históricos. O coleccionista galego Tomás Camacho saltou do súa cadeira cando veu un lote de barateiras nunha poxa de e-bay. Agora é o propietario do único microscopio autentificado de Leeuwenhoek. No "Circo de bacterias" de Esteban Fernández Moreira coñeceremos como xenes fluorescentes de bacterias poden acabar en árbores ou para cifrar mensaxes. A divulgación tam...
"Na miña boca hai mais seres vivos que en todos os Paises Baixos" Entrevistamos ao pai da microscopía en Entrevistas no Alén. A sección na que conversamos cos grandes investigadores de todos os tempos.
Dramatización dun fragmento de "O ladrón de esperma" de Xavier Queipo. Este texto inpirouse na tese de doutoramento de Adolfo Cordero sobre o comportamento reprodutor e análise da selección sexual na libélula Ischnura graellsii (entrevista anexa)
O comportamento sexual dos cabaliños do demo é tan fascinante que leva a investigadores como Adolfo Cordero - Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación da Universidade de Vigo - a viaxar por todo o mundo para estudalo. A guerra pola selección sexual non remata no coito, senón que despois poden pasar moitas cousas...
Avance da Regueifa de Ciencia: Debemos cambiar o fuso horario? A favor: José Mª Fernández Crehuet (ARHOE) e Francisco Jorquera (BNG). En contra: Jorge Mira (USC) e José Mª Matín Olalla (U. Sevilla).
A meteoróloga Bea Hervella de 4gotas.com cóntanos o estraño caso do piloto que quedou atrapado nun cumulonimbo e outras curiosidade meteorolóxicas
Nesta edición coñeceremos a diversidade sexual das libeliñas da man do investigador da Universidade de Vigo Adolfo Cordero, saberemos do estraño caso dun home atrapado nunha nube con Bea Hervella de 4gotas.com e polemizaremos co fuso horario coas Regueifas de Ciencia.
As células nai adultas propias xa curan mascotas. Centauri Biotech é unha empresa de base tecnolóxica galega pioneira no emprego de terapia celular en saúde animal. Manuel Hermida e Luis Mariñas, fundadores de Centauri, explícannos casos de éxito de terapia con células nai, a necesidade de prescrición por parte dos veterinarios, e en que casos están indicadas.
Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando literalmente pola borda. No Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro.
Un estudio suízo en Current Biology amosa "por primeira vez a existencia dun ritmo lunar no sono". Na actualidade hai centos de traballos - con mostraxes moi pequenas - que falan dos beneficios do mindfullnes. Sen embargo, hai algo que non cadra...
Anxo Sánchez (Grupo de Sistemas Complexos da Carlos III) cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan! O proxecto IBSEN H2020 pretende crear un simulador do comportamento humano.
Comezamos falando de Buda, a lúa e o sesgo de publicación. As células nai adultas propias xa curan mascotas, pero Manuel Hermida e Luis Mariñas de Centauri Biotech advirten que non son milagreiras. Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando pola borda. No @iim_csic o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro. Pódese deseñar un simulador do comportamento humano nun sistema conectado? Este é o obxectivo de @IBSEN_H2020. Anxo Sán...
Ramón Iglesias Marzoa é astrónomo técnico no observatorio astrofísico de Javalambre en Teruel do Centro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón. Desde alí van facer unha completa cartografía 3D do ceo para medir a enerxía escura. Para iso van empregar a maior "cámara fotográfica" xamais construída.
Carta ás estrelas de Manuel María na voz de Belén Regueira e con música do Juanjo Fernández Quinteto. Visto no blogue da Agrupación IO.
Iniciamos sección de Ciencia e Cinema con Martin Pawley. A primeira entrega ten este suxestivo título "De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema. E de como o cinema axudou ao progreso da astronomía". Viaxaremos desde o revólver fotográfico de Janssen ata o filme "Barrabás" con eclipse incluída.
Estás listo para cociñar - con ciencia - con Pepe Solla? Cociñar non é outra cousa que facer química nun laboratorio que todos temos nas nosas casas, pero un factor que se nos esquece as veces é que debemos facelo con seguridade. E este é obxectivo do proxecto de divulgación "Cociña con Ciencia" do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM-CSIC con apoio da FECYT.