II andaiana pola esclerose múltiple [Axenda]
Rosa Villar preséntanos a segunda carreira e andaina pola esclerose múltiple organizada pola Asociación Compostelana de EM

Rosa Villar preséntanos a segunda carreira e andaina pola esclerose múltiple organizada pola Asociación Compostelana de EM
Que se coñece do ébola, zika e outros virus? Por que estamos agora máis expostos aos virus emerxentes? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4.
Son os virus emerxentes unha moda ou un perigo real? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4. A cociña é un laboratorio de química que todos temos na nosa casa. Co programa "Cociña con Ciencia" do @iim_csic coordinado por Graciela Ramilo...
Destripamos a ciencia de Superman con Borja Tosar. Atención á súa hipótese da vexiga voadora de enerxia escura do home de aceiro.
Déborah García Bello cóntanos que é posible explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada movemento artístico. Grazas á nanotecnoloxía agora dispomos do negro mais negro de todos os negros. Pero so un artista, Anish Kapoor, ten os dereitos en exclusiva para empregar esta cor...
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “Os segredos do Chii” de Celia Duran. Primeiro premio na categoría de Público Xeral. Locución Anxo Quintela e Susana Rois
A miniserie de televisión "De maior quero ser científica" busca nenas e investigadoras. Esta miniserie pertence ao proxecto "Científicas en Biomedicina" coordinado pola investigadora do INIBIC Joana Magalhães
A Idade Media considérase unha época da historia chea de sombras que apenas aportou nada á humanidade. Unha época de transición de 1000 anos? A historiadora Antonia de Oñate reflexiona criticamente sobre os mitos da Idade Media. Oñate tamén é directora xeral de "ARP-Sociedad para el avance del pensamiento crítico"
O cliente pode escoller o coche da cor que queira, sempre a cando sexa negro (Henry Ford) Déborah García Bello cóntanos que podiamos explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada momento. Que obras se poderán facer con negro mais negro de todos? Asóciase á Idade Negra a uns séculos escuros. A historiadora Antonia de Oñate emprega o pensamento crítico para derribar tópicos sobre esta época. Destripamos a ciencia de Superman con Borja Tosar. Atención á súahipótese da vexiga voadora de e...
Retransmitimos a gala de entrega de premios do concurso de relatos científicos "Ciencia que Conta" na súa oitava edición organizada polo grupo Divulgatia. Dramatizamos os relatos gañadores.
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “O xenio que non foi figura” de Paula Xirasola (Paula Fernández Rodríguez) Primeiro premio na categoría de Público Xeral. Locución Anxo Quintela.
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “Ondiñas do mar de Vigo” de Mar Sola Sanmartín do IES Politécnico de Vigo. Primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos FP. Locución Belén Regueira.
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “A ombros de xigantes” de Manuel Francisco Lamela Gómez do Instituto Basanta Silva de Vilalba. Primeiro premio na categoría de Educación Secundaria Obligatoria. Locución César Góldi e Pepe Carreira.
Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “O doador doado” de Lucas López Sanmartín do CEIP de Ponte Sampaio. Primeiro premio na categoría de Educación Primaria. Locución Cristina García.
Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).
Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).
Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).
Falamos cos organizadores en cada provincia galega do "Geolodía 16", desde a visita ás "praias" da Fonsagrada ata o imperial monte Pindo, pasando polas Pozas de Melón e o campus da Universidade de Vigo. O "Geolodía" é unha iniciativa da "Sociedade Xeolóxica de España"
Na Guía do Ceo de maio de 2016 os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino cóntannos todo o que hai que saber do vindeiro tránsito de mercurio do 9 de maio.
#geolodía16 @CajalWinter2016 #observatorioJavalambre #tránsitomercurio
O documental "Un espectador vulnerable" recolle o traballo de estudo e protección dos polbos realizado no proxecto "Cefaparques". Documentase con imaxes por primeira vez casos de canibalismo en Octupus Vulgaris na natureza. No ámbito de protección defende a necesidade de crear zonas de reserva para a conservación deste e outros cefalópodos. Conversamos con Ángel Guerra, director do grupo de investigación EcoBiomar do IIM-CSIC.
É posible saber se un pasaxeiro sospeitoso vai voar en avión sen desvelar a listaxe de pasaxeiros? Si. Aplicando tecnoloxías criptográficas Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, vén de desenvolver unha ferramenta para compartir listaxes de pasaxeiros sen violar a privacidade dos mesmos.
Na ISS cultívanse leitugas mediante hidroponía. En Galicia temos empresas como H2 Hydroponics.
Dámoslle un repaso de arriba a abaixo a divulgación científica en Galicia da man do neurocientífico Xurxo Mariño e a xornalista Iolanda Casal, poñentes do último informe do Consello da Cultura Galega, que precisamente se dedicou a este tema.
Neste programa íntegro facémoslle unha radiografía á divulgación científica en Galicia da man de Xurxo Mariño e Iolanda Casal, coñecemos o proxecto de conservación de cefalópodos Cefaparques, explicamos como se pode garantir a privacidade e seguridade dos pasaxeiros dos avións e ao tempo compartir listas de sospeitosos de terrorismo, e presentamos a unha empresa pioneira na hidroponía en Galicia.
Xurxo Mariño convida aos oíntes de Efervesciencia á presentación do informe "A Divulgación da Ciencia en Galicia" no Consello da Cultura Galega
O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, preséntanos os II Premios de Transferencia de Tecnología en Galicia.
A epixenética é a ponte que une a xenética co medio. Por exemplo, só cunha dieta diferente actívanse 500 xenes nas abellas que acaban diferenciando ás raíñas das obreiras. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.
Imaxinemos que lle damos a dúas persoas un mecano xunto coas súas instrucións. Nun dos manuais introducimos aleatoriamente post-it que non deixan ler parte do texto. Probablemente os resultados finais sexan diferentes aínda que partindo das mesmas instrucións. Dun xeito similar funciona a epixenética. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo. O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, presé...
Esta tarde en Efervesciencia contaremos coa raíña das simetrías, porque este é o único programa do mundo mundial que conta con liña directa co alén onde moran as mentes mais privilexiadas da historia mentres os seus corpos crían malvas dous metros baixo terra. Da nosa convidada dixo Albert Einstein que foi o mais significativo dos xenios matemáticos creativos desde que se estableceu a educación superior para as mulleres. Hoxe en entrevistas no Alén, Emmy Noether. Emitido o 5-4-15.