Da man do catedrático emérito de Química Orgánica da USC Luis Castedo coñecemos ao químico Ignacio Ribas Marqués, protagonista do Día da Ciencia en Galicia promovido pola Real Academia Galega de Ciencias.
Feb 22, 2016•10 min
Entrevistamos ao catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez. Con el conversamos de historia, arte e xenética. Álvarez leva anos estudando as dinastías reais europeas - comezando polos Austrias españois - como laboratorio de consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunten a Darwin ou 1 de cada dez habitantes deste planeta.
Feb 22, 2016•26 min
"A historia é a ciencia do que nunca sucede dúas veces" Paul Valéry As veces para estudar a historia cómpre mirar mais aló das fontes canónicas. Como a catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez que emprega as dinastías reais europeas como laboratorio para estudar a consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunte a Darwin ou 1 de cada dez habitantes deste planeta. Xurxo Ayán fai arqueoloxía no libro de visitas das covas de Altam...
Feb 21, 2016•55 min
O descubrimento das ondas gravitacionais foi portada de todos os xornais, e non é para menos. Cen anos despois da predición de Einstein abrimos unha nova xanela para coñecer o universo. O experimento LIGO puido rexistrar as ondas gravitacionais xeradas polo choque de dous buratos negros hai 1300 millóns de anos. O físico teórico e divulgador José Edelstein contextualiza para Efervesciencia este descubrimento. Sacade as sabas para simular o tecido espazo-tempo.
Feb 15, 2016•21 min
Os robots están aquí para quedarse. Sabemos convivir con eles? Subiriamos a un avión pilotado por unha máquina? Vannos quitar o traballo? Como aprenden? Conversamos con Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC.
Feb 15, 2016•27 min
Carlos García Resúa da facultade de Óptica da USC explícanos as funcións das lágrimas, as súas investigación para a mellora da diagnose do ollo seco, e como un pestanexo a tempo diante dunha pantalla pode evitar problemas oculares.
Feb 15, 2016•8 min
A interferencia de ondas empregouse para detectar por primeira vez as ondas gravitacionais polo experimento LIGO. Curiosamente o mesmo fenómeno que empregan os ópticos para diagnosticar o ollo seco. José Edelstein debúllanos o descubrimento das ondas gravitacionais e Carlos García Resúa explícanos as funcións das lágrimas, e como un pestanexo a tempo diante dunha pantalla pode evitar problemas oculares. Os robots están aquí para quedarse. Sabemos convivir con eles? Subiriamos a un avión pilotado...
Feb 14, 2016•58 min
A empresa innovadora FAZ Cultura e Desenvolvemento aposta pola potencialidade do turismo científico.
Feb 12, 2016•5 min
Os raposos galegos acumulan baixos niveis de metais pesados. Este é un traballo do profesor de toxicoloxía da Universidade de Extremadura Marcos Pérez recollido pola axencia SINC.
Feb 12, 2016•16 min
A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofotógrafo galego con 4 APODs. Caxete cóntanos as dificultades que tivo para convencer á famosa web de fotografía astronómica de que a súa última creación foi realizada dun único disparo.
Feb 12, 2016•11 min
Neste episodio efervescente entrevistamos ao dietista-nutricionista Aitor Sánchez, autor de Midietacojea, para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver co que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar calorías? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san?
Feb 12, 2016•27 min
Iniciamos 2016 con 4 novos inquilinos oficiais na táboa periódica. Son elementos artificiais radioactivos de vida tan efémera que nalgúns casos só se preparou un so átomo! Logo de anos de verificacións a IUPAC decidiu completar a sétima fila da táboa periódica. O catedrático emérito de Química Inorgánica da USC Manolo Bermejo cóntanos todo o que hai atrás destes descubrimentos.
Feb 12, 2016•13 min
Neste episodio efervescente entrevistamos a Aitor Sánchez @midietacojea para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver que que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar caloría? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san? Comer antes a froita? A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofot...
Feb 07, 2016•1 hr
Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores senior.
Feb 05, 2016•7 min
Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente un programa de Efervesciencia estivo na orixe da idea ...
Feb 05, 2016•5 min
Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. A serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o amargo do vermú, e polo que nos comentou un oínte é unha das favoritas do poeta Manuel María. En Galicia ten a particularidade de que é ala...
Feb 05, 2016•26 min
A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da prof...
Jan 31, 2016•58 min
Como recomendación da nosa axenda de eventos científicos destacamos a representación no MUNCYT de A Coruña de "Non toques os meus círculos" por parte da compañía de teatro Artello.
Jan 25, 2016•3 min
Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto do 2, … e así ata completar un código de barras de 300 números. Entrar e saír da célula non é fácil. Cómpre atravesar a membrana celular, e para iso as su...
Jan 25, 2016•23 min
Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o que hai atrás da cámara do programa de televisión de divulgación científica Éche Así: as pezas mais complicadas, a máquina infernal, ...
Jan 25, 2016•13 min
Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular do CHUS co apoio da Fundación Ramón Domínguez fundaron a empresa de base tecnolóxica QuBioTech. Agora veñen de gañar o premio d...
Jan 25, 2016•13 min
O investigador do @CIQUSUSC Javier Montenegro vén de gañar unha prestixiosa bolsa Starting Grant do ERC. Van crear un modelo olfactivo para predicir que substancias poden atravesar a membrana celular. Conversamos con Jesus Silva e Daniel Fernández de @qubio para coñecer IQ-Brain. Acabouse iso de analizar os escáneres cerebrais a ollo. Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o hai atrás da cámara do @ECHE_asi. A compañía Artello presenta "Non me toques os meus círculos"
Jan 24, 2016•58 min
O investigador do CIMUS Anxo Vidal é un feliz usuario da técnica de edición xenetica CRIPR-Cas9. O descubrimento do ano 2015 segundo Science. Francisco Mójica profesor da Universidade de Alicante foi o primeiro en identificar a secuencia CRISPR en procariotas. No seu momento as revistas como Nature o PNAS non aceptaron o seu paper. Actualmente existe un consenso en cualificar os descubrimentos de Mójica como fundamentais no desenvolvemento desta técnica que esta a revolucionar os laboratorios. N...
Jan 18, 2016•18 min
Primeiro programa da novena tempada de Efervesciencia. Monográfico dedicado ao mellor da ciencia dos últimos meses con @deborahciencia @borjatosar @dabelbi @CesarGoldi e @AvoaEinstein. Risas e cantos nun programa irreproducible. Conversamos con Anxo Vidal do @cimususc e Francisco J. M. Mójica da Universidade de Alacante. As investigacións básicas en ADN de procariotas de Mójica desenvolveron un papel clave no descubrimento do CRISPR o achado do ano segundo Science. Agora a Avoa de Einstein xe sa...
Jan 17, 2016•58 min
Iniciamos a 9ª tempada de Efervesciencia e chamamos directamente á Avoa de Einstein ao alén xusto cando se dispón a comer un churrasco ...
Jan 15, 2016•2 min
Bibiana García Visos explícanos como se determinan as augas minero-medicinais, como as do manancial de As Lombas de Catoira. Intervén Antonio Borrel director científico do Laboratorio Oliver Rodés.
Jan 07, 2016•6 min
Neste programa especial desde Catoira son os nosos invitados Jorge Simón Izquierdo autor de “Os Viquingos en Galicia” e a Manuel Isorna, doutor en psicoloxía e técnico de servizos sociais do Concello de Catoira. Jorge Simón ten lido as fontes nórdicas na súa linguaxe orixinal.
Jan 07, 2016•10 min