Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

A orixe da vida con Carlos Briones

"Hai unha diferenza de 2500 millóns de anos entre a aparición da vida e a da morte na terra" Carlos Briones Conversamos en profundidade con bioquímico Carlos Briones (Centro de Astrobioloxía INTA-CSIC) sobre a orixe da vida ao fío do seu libro "Orígenes: el universo, la vida, los humanos" coescrito con José Mª Bermúdez de Castro e Alberto Fernánez Soto, con quen tamén falamos.

Apr 10, 201629 min

O cabo Ortegal está niquelado

A contorna do cabo Ortegal presenta altos niveis naturais de niquel e cromo segundo os estudos do grupo de Bioxeoquímica Mariña do IIM-CSIC. Ricardo Prego cóntanos como este coñecemento pode axudar á xestión ambeintal e sanitaria.

Apr 10, 20168 min

Efer 350 (10-4-16): Na busca da orixe da vida

As últimas teorías sobre a orixe da vida apuntan a que puido ter lugar nunha especie de "lasaña" prebiótica. Conversamos a fondo co bioquímico Carlos Briones do INTA-CSIC sobre a orixe da vida no noso planeta. Ricardo Prego é bioxeoquímico do IIM-CSIC. O seu equipo ven de analizar os metais pesados na contorna do cabo Ortegal. Os nosos estreleiros contánnos as novidades en Galicia na loita contra a contaminación luminosa.

Apr 10, 201656 min

'Contar a ciencia' por GCiencia

Pablo López de GCiencia, o portal galego da Ciencia, fálanos do concurso de xornalismo científico "Contar a Ciencia". Esta terceira edición foi presentada cunha aula aberta do xenetista Ángel Carraceda na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Apr 05, 201610 min

Sexo dos peixes e xenoma do rodaballo con Paulino Martínez e Antonio Figueras

O sexo dos peixes é infinitamente máis interesante e complicado ca o dos anxos. Conversamos con Paulino Martínez Portela, catedrático de xenética da facultade de veterinaria da USC e coordinador do Grupo Acuigen, xenética para a acuicultura e para conservación de recursos biolóxicos. Acuigen xunto co Centro Nacional de Análise Xenética de Barcelona, e o Instituto de Investigacións Mariñas veñen de publicar a secuenciación xenética do primeiro vertebrado realizada en España, o rodaballo. Antonio ...

Apr 05, 201631 min

Avance da primeira Regueifa Científica: transxénicos

Regueifas de Ciencia son debates intelixentes sobre temas apaixonantes. A USC apadriña este novo formato de divulgación inspirado nos debates estilo Oxford. Dous poñentes por cada bando e un tema polémico. Con votación e preguntas do público en directo A primeira Regueifa versará sobre: Son os transxénicos unha opción valida? Avance con J. M. Mulet, José Luis Yela, Blanca Ruibal e Laura Sánchez Piñón.

Apr 04, 20169 min

Efer 349 (3-4-16): O peixe cubista desvela o seu xenoma

Se hai un animal picassiano por excelencia, ese é o rodaballo. Este peixe é plano, vive camuflado nos fondos mariños e ten os dous ollos situados na cara que apunta á superficie. Os equipos de Paulino Martínez (USC) e Antonio Figueras (IIM-CSIC) veñen de secuenciar o xenoma do rodaballo, un peixe cuxos misterios xa obrigaron ao mesmiño Darwin a falar del na súa sexta edición da "Orixe das Especies". Wicho tráenos as útlimas novas da misión ExoMars, preséntanos Naukas Coruñas e nos anticipa libro...

Apr 03, 201656 min

Efer 348 (27-03-15): Unha mirada á escuridade

"Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan. "O perigo das mascotas nas illas" é a última produción de Divulgare. Unha realidade incómoda que nos contan Luis Navarro e Iván Rodríguez Arós "Esfenodón". Pablo López de Gciencia preséntanos o concurso "Contar a Ciencia"

Mar 27, 201654 min

Solución #ondeestáMira

Desvelamos onde estaba Jorge Mira e sorteamos o exemplar de "¿A que altura está o ceo"

Mar 27, 20162 min

Agora si Portugal: Centro Ciencia Viva de Guimarães

"Curtir a ciencia" e o lema do novo centro interactivo de ciencia de Guimarães. Con Silvio Mendes da Asociación "Viver a Ciência" facemos unha achega rápida a cultura científica en Portugal.

Mar 26, 20168 min

Efer 347 (20-3-16): Formigóns armados

"A veracidade dos materiais de construción: formigón, ladrillos e pedra manterase en tódolos edificios construídos ou por construír" Le Corbusier Con Manuel Herrador do Grupo de Investigación en Construción da Universidade de A Coruña falamos sobre a historia do formigón armado. Emilio Molina denuncia o perigo das pseudoterapias que sosteñen que toda enfermidade se cura coa mente. Desvelamos #ondaestáMira. Coñecemos o alcance do último gran descubrimento de Atapuerca, a secuenciación de ADN nucl...

Mar 20, 201656 min

A dendroarqueóloga Marta Domínguez Delmás

A dendrocronoloxía é algo mais que contar aneis nas árbores. A dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás estuda a orixe e datación de restos arqueolóxicos de madeira empregando técnicas dendrocronolóxicas. Esta investigadora participa na acción Marie Sklodowska-Curie ForSeaDiscovery que pescuda o uso da madeira nos imperios ibéricos na época dos descubrimentos. Por outro lado Marta Domínguez ven de publicar en PNAS unha validación de naufraxios como proxy dos furacáns no Caribe. Con sorpres...

Mar 17, 201625 min

Aberto o concurso de relatos "Ciencia que Conta 16"

O Concurso de relatos inspirados na ciencia "Ciencia que conta" chega a súa 8ª edición. Prepara lápis e papel para participar. Hai categorías de escolares e de público xeral. Os finalistas verán as súas obras en papel. Ademais os de Efervesciencia faremos as nosas recreacións radiofónicas dos relatos gañadores. Prazo aberto durante o mes de marzo.

Mar 16, 20166 min

Solución #ondeestáDeborah

Resolvemos o misterio de "Onde está Deborah" e sorteamos un exemplar de "Todo es cuestión de química"

Mar 16, 20162 min

'¿A que altura está o ceo?' con Jorge Mira

Jorge Mira presenta en Efervesciencia o seu segundo libro "¿A que altura está o ceo?". A conversa facémola desde un desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáMira? ou cólgaa no noso facebook ata o 18 de marzo. O sitio é moi concreto. Daremos pistas todos os días.

Mar 14, 201617 min

Efer 346 (13-3-16): Dendroarqueoloxía

Nesta edición efervescente coñeceremos á dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás. Os aneis das árbores proporcionan unha información valiosa que pode servir desde para saber como se forxaron os imperios navais español e portugués ata pra coñecer indirectamente a influencia das manchas solares na frecuencia de furacáns tropicais. Con Bibiana García Visos sorprendémonos dos usos dos resortes. Presentamos o libro de Jorge Mira: ¿A que altura está o ceo?. Se queres participar no sorteo dun ex...

Mar 13, 201658 min

O Atlántico cada vez máis ácido con Maribel G. Ibañez

Coa baixada do pH do Atlántico Norte perigan os arrecifes de coral de augas frías en poucas décadas. Conversamos coa investigadora do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC Maribel García Ibañez sobre a medición e efectos das emisións de CO2 nos océanos.

Mar 13, 201619 min

Postal Planetaria: Bowie

Nova Postal Planetaria de Borja Tosar. Poñédevos cómodos que imos viaxar ao espazo coa música de David Bowie.

Mar 11, 201615 min

Al-Kimia: O Videoxogo da química

Alguén vén de roubar antigos documentos que conteñen o saber científico da humanidade. Zósimo e os seus acólitos queren destruílos para sumir a humanidade nunha época de escurantismo e ignorancia. Serás quen de atopar as páxinas perdidas do diario antes de que o faga o representante do mal? Estamos encantados de facer a presentación mundial do videoxogo Al-kimia. E non foi un gran estudio que tivo a boa idea de facer un videoxogo no que esta de fondo a historia da química, senón a facultade de q...

Mar 10, 201610 min

Efer 345 (6-3-16): Acidificación dos nosos océanos

"Se os océanos da nosa terra morreran sería a mais formidable das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta" Jacques Custó Cando o afamado documentalista dos mares escribiu isto aínda non sabiamos que o 30% do CO2 que botamos á atmosfera vai parar os océanos e que por iso son cada vez máis ácidos. Maribel García Ibáñez do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC estuda á evolución da acidez no Atlántico Norte. Nunhas poucas décadas poden...

Mar 06, 201658 min

Unha cebra de auga nos laboratorios con Laura Sánchez Piñón

Conversamos coa catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón. Preséntanos as investigacións que realizan no grupo ACUIGEN utilizando como modelo ao peixe cebra. Un exemplo delas son as súas pescudas en xenotransplantes e toxicidade de nanopartículas. Tamén falamos con Lois Anxo Rodríguez Calvo do CPI San Sadurniño do proxecto "Unha cebra na auga". Entrevista emitida o 12-4-15 no programa Efer 323.

Mar 04, 201628 min

A malaria e o indio Pedro Leyva: Circo de Bacterias

No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimonio da humanidade. Linneo chamou á quina Cinchona officinalis e esqueceu ao seu descubridor o indio Pedro Leyva.

Mar 03, 201611 min

Xestión forestal na nube con Eucatool

Alberto Rojo, profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago preséntanos Eucatool, unha aplicación dixital para estimar a produción das plantacións de eucalipto. Con Eva Rodríguez da Axencia SINC.

Mar 03, 20166 min

Novas estratexias inmunolóxicas con África González

A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. Tamén lembramos a figura de César Milstein, premio nobel de medicna, con quen África estivo 4 anos como investigadora de postdoutoramento.

Mar 03, 201622 min

'Todo es cuestión de química' con @deborahciencia

Presentamos en primicia o libro de Déborah García Bello "Todo es cuestión de química" desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáDeborah? ou cólgaa no noso facebook ata o 4 de marzo. O sitio é moi concreto. Daremos pistas todos os días.

Feb 28, 201615 min

Efervesciencia 344 (28-2-16): Inmunoloxía

Os inmunólogos traballan en como reforzar as defensas do noso organismo e non empregan iogures precisamente. A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimon...

Feb 28, 201656 min

Libro: "Altamira vista por los españoles" de Xurxo Ayán

"Esta escritura ha sido creada para entretener a todos esos vagos tocahuevos que solo saben que hacer que leer gilipolleces como estas para pasar el tiempo" O arqueólogo Xurxo Ayán mergullouse nas 15000 páxinas do libro de visitas das covas de Altamira. Unha auténtica fotografía sen censuras da sociedade española actual e a súa relación co patrimonio. Froito deste traballo naceu o libro "Altamira vista por los españoles" de JAS Arqueología Editorial, unha mestura de ensaio, antoloxía do disparat...

Feb 22, 201617 min
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android