Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación?
Feb 07, 2018•21 min•Season 11Ep. 423
Andreu Climent preséntanos a iniciativa "Ciencia en el parlamento" que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido. https://www.cienciaenelparlamento.org/ @Cienciamento
Feb 07, 2018•8 min•Season 11Ep. 423
O grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes. Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.
Jan 22, 2018•10 min•Season 11Ep. 422
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense.
Jan 22, 2018•29 min•Season 11Ep. 422
A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal que nos explica como chegou a capturar este fenómeno tan estraño.
Jan 22, 2018•10 min•Season 11Ep. 422
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense. A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal. As redes sociais axudan a reforzar ás linguas minoritarias? O grupo de f...
Jan 21, 2018•57 min•Season 422Ep. 11
As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre "Light4Heritage" con Patricia Sanmartín, Justo...
Jan 19, 2018•31 min•Season 11Ep. 420
Se bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Tes máis información aquí http://dimetilsulfuro.es/2017/09/26/una-copita-de-vino-es-buena-para-el-corazon-claro-que-si-guapi/
Jan 19, 2018•8 min•Season 11Ep. 422
A portada do número de Science dedicado ao achado do ano 2017 - as ondas gravitacionais - é do deseñador e ilustrador Álvaro Valiño.
Jan 19, 2018•8 min•Season 11Ep. 420
En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de "Moléculas en Galego" Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.
Jan 19, 2018•2 min•Season 11Ep. 419
Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros ...
Jan 19, 2018•18 min•Season 11Ep. 421
A física da USC María Aymerich desenvolve dispositivos microfluídicos que simulan vasos sanguíneos mediante ablación láser para o estudo de enfermidades coronarias e tumorais Este traballo mereceu o premio de investigación 2017 para menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.
Jan 19, 2018•7 min•Season 11Ep. 421
Con Eva Rodríguez da Axencia SINC conversamos coa investigadora da Universidade da Coruña Ana García Vázquez sobre a presenza do oso pardo na península ibérica os últimos 10.000 anos. A súa investigación xenética e de fósiles determina que o refuxio climático dos osos nas épocas frías non estaba na península en contra do que se cría. Haberá que ollar para Francia? Aquí tedes a nova de SINC http://www.agenciasinc.es/Noticias/Los-osos-pardos-ibericos-no-descienden-de-los-huidos-del-norte-en-la-Eda...
Jan 19, 2018•9 min•Season 11Ep. 421
A evidencia científica di que o uso do glifosato é seguro. Entón, de onde vén o amplo rexeitamento desde os grupos ecoloxistas a este herbicida que é o mais utilizado no mundo? Nolo conta Deborah Garcia Bello. Mais información aquí https://culturacientifica.com/2017/10/19/prohibir-los-herbicidas-glifosato-anteponer-la-ideologia-la-evidencia-cientifica/
Jan 19, 2018•9 min•Season 11Ep. 421
Bibiana García Visos na súa sección "Ciencia para andar por casa" cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC, e ata 37,7 febrícula. A cousa remóntase a mediados do século XIX, cando o médico alemán Carl Wunderlich comezou a realizar os seus estudos de...
Jan 19, 2018•7 min•Season 11Ep. 420
Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros ...
Jan 18, 2018•58 min•Season 11Ep. 421
As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre "Light4Heritage" con Patricia Sanmartín, Justo...
Jan 10, 2018•57 min•Season 11Ep. 420
Esta última entrega efervecente do ano vai ser a mais paradoxal da décima tempada de Efervesciencia. Durante medio programa imos contarvos como recuperar o gozo de ollar pro ceo a ollo espido cun caderno e un lapis nas mans e na outra metade habemos convencervos de que podemos prescindir dos nosos ollos pra facer e divulgar astronomía. Os protagonistas destas historias son Leonor Ana https://www.astronomadas.com e Enrique Pérez Montero http://astroaccesible.iaa.es/
Dec 31, 2017•56 min•Season 10Ep. 419
Especial coa mellor ciencia do ano 2017 segundo a escolma de Science comentada polos colaboradores efervescentes Deborah García Bello, Borja Tosar, Rosa Pedrido, Bibiana García Visos e Irene Baspino. Para comentar o achado do ano, xunto José Edelstein incluímos unha entrevista a Alicia Sintes, investigadora da Universidade das Illas Baleares e co-directora dun dos grupos que analizan os datos de detección de ondas gravitacionais de LIGO-Avanzado. A entrevista íntegra tamén está dispoñible no nos...
Dec 27, 2017•56 min•Season 10Ep. 418
Ao fío da obra "Semmelweis" de Louis-Ferdinand Celin o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira cóntanos os claroscuros do descubrimento da asepsia médica. Cales foron os motivos que levaron a comunidade médica a non aceptar as contundentes probas de Semmelweis da necesidade de lavar as mans antes de atender ás parturientas?
Dec 27, 2017•14 min•Season 10Ep. 417
NOTA 27-12-17: Engadidos os dous minutos finais que lle faltaban ao audio. Para a revista Science o descubrimento mais importante do ano 2017 é a fusión de dúas estrelas de neutróns feita pola colaboración LIGO-Virgo e que foi seguida por 70 observatorios en todo o espectro electromagnético. Comentamos as implicacións de este achado con con José Edelstein e Alicia Sintes, investigadora da Universidade das Illas Baleares e co-directora dun dos grupos que analizan os datos de LIGO-Avanzado.
Dec 24, 2017•31 min•Season 10Ep. 416
Unha foto de Oona Lönnstedt colgada en Facebook mentres brindaba con champaña en Copenhagen cando supostamente estaba nunha illa perdida no Báltico foi o principio do fin da carreira científica desta investigadora sueca. Un xesto tan sinxelo como lavar as mans pode salvar vidas. E non foi doado convencer á comunidade médica. Cóntanolo Esteban Fernández Moreira. Tamén coñecemos aos participantes no 7º Obradoiro "Comunicar Ciencia na Radio"
Dec 18, 2017•42 min•Season 10Ep. 421
Monográfico dedicado ao I Congreso Internacional de Cánnabis: Saúde, educación e lei que tivo lugar en Catoira en novembro de 2017. Versión estendida para a rede. Interveñen Víctor Villanueva (Universidade de Zaragoza e Universidade Internacional de Valencia), Miguelangel Rodríguez (FAD), Sandra Golpe (grupo PsiCon da Universidade de Santiago), Gregor Burkhat (Observatorio Europeo das Drogas w Toxicomanías), Manuel Isorna (Técnico de prevención do Convello de Catoira, Universiade de Vigo), Sergi...
Dec 10, 2017•1 hr 12 min•Season 10Ep. 416
Monográfico dedicado ao I Congreso Internacional de Cánnabis: Saúde, educación e lei que tivo lugar en Catoira en novembro de 2017. Versión emitida na Radio Galega o 10-12-17. Interveñen Víctor Villanueva (Universidade de Zaragoza e Universidade Internacional de Valencia), Miguelangel Rodríguez (FAD), Sandra Golpe (grupo PsiCon da Universidade de Santiago), Gregor Burkhat (Observatorio Europeo das Drogas w Toxicomanías), Manuel Isorna (Técnico de prevención do Convello de Catoira, Universiade de...
Dec 10, 2017•44 min•Season 10Ep. 415
Directo desde o Culturgal onde contamos coas alumnas do IES Sánchez Cantón que concursaron na Royal Society de Londres cun proxecto de ciencia, soubemos de Pontenciencia da man de Carme Fouce, Ipek Guler bailounos a súa tese en bioestátisca, coñecemos o proxecto “Ceos Galego” con Dosi Veiga e conversamos con presidente do Culturgal e editor Manuel Bragado e con Xurxo Mariño.
Dec 06, 2017•55 min•Season 10Ep. 415
400 rapaces e rapazas Teatro principal de Santiago de Compostela Charlas de estatística nas redes, nos deportes, o Big Data Concursos Danza + Violíns con arco láser =============================================== "Stat Wars: O espertar dos datos" “Stat Wars” é un proxecto de divulgación da estatística liderado polo grupo interdisciplinar de bioestatística da USC en coordinación coa Universidade Carlos III.
Nov 30, 2017•58 min•Season 10Ep. 414
Monográfico dedicado a maior feira maker de España, o Oshdem que tivo lugar na Domus dos Museos Científicos Coruñeses. Participan Manuel Miramontes, Tucho Méndez, María Loureiro, Paola Guimaráns, Juan González "ObiJuan" Miguel Ángel Miezoso "Fixo", Óscar Abad, Felu Couto, Félix Sánchez Tembleque, Rubén Fernández e José Luis González Castro .
Nov 19, 2017•59 min•Season 10Ep. 413
Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.
Nov 14, 2017•9 min
Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita ...
Nov 14, 2017•10 min•Season 10Ep. 411
Coñecemos o como se fixo da publicación da investigadora da USC Mar sobral sobre a biodiversidade de mamíferos e o ciclo do carbono. Este é o vídeo divulgativo que elaborou a xente de Divulgare para dar a coñecer o traballo de Mar Sobral https://vimeo.com/218616392
Nov 13, 2017•15 min•Season 10Ep. 410