Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

Efer 436 (29-4-18): Vítimas das pseudoterapias

Cando unha persoa é tratada cunha pseudoterapia malgasta como pouco os seus cartos, pero tamén pode ver resentida a súa saúde e mesmo perder a vida. De quen é responsabilidade? Do doente ou do falso terapeuta? Para a @apetp_ os doentes están desamparados legalmente e as administracións miran para outro lado. Conversamos con Elena Campos @ElenaC_S presidenta de a "Asociación para protejer al enfermo de terapias pseudocientíficas". O estatístico Manuel Oviedo do @ITMATI vén de publicar en Plos One...

Apr 29, 201856 minSeason 11Ep. 436

800 Pesetas por un quilo de caruncho

O catedrático xubilado de Química Orgánica da USC Enrique Raviña cóntanos por que xurdiu no século XX en Galicia toda unha industria ao redor dun fungo do centeo, o caruncho. Raviña é o autor de "Medicamentos.: Un Viaje a Lo Largo de la Evolucion Del Descubrimiento de Farmacos" editado pola Universidade de Santiago

Apr 23, 20185 minSeason 11Ep. 435

"Os Fillos do Sol" con Ricardo Gurriarán

"En Galicia non se coñece nin valora o grao de modernidade e vangarda científica que acadou a Universidade de Santiago antes da Guerra Civil" Ricardo Gurriarán Zeltia, o caruncho, Fernando Calvet, a efémera vangarda científica da Universidade de Santiago, a represión na universidade logo da Guerra Civil, a liberación de presos polo coñecemento, a síntese do DDT en Poriño... todo isto forma parte da nosa historia recente da ciencia e amósase na película "Os Fillos do Sol". Coñecemos este periodo ...

Apr 23, 201836 minSeason 11Ep. 435

Efer 435 (22-4-18): Os Fillos do Sol, un anaco da nosa historia da ciencia

Zeltia, o caruncho, Fernando Calvet, a efémera vangarda científica da Universidade de Santiago, a represión na universidade logo da Guerra Civil, a liberación de presos polo coñecemento, a síntese do DDT en Porriño... todo isto forma parte da nosa historia recente da ciencia e amósase na película "Os Fillos do Sol". Coñecemos este período histórico con Ricardo Gurriarán. O noso colaborador Borja Torsa di que ten un traballo de Fin de Máster sobre a "Terraformación de Marte"...

Apr 22, 201856 minSeason 11Ep. 435

A receita galega do grafeno con furados

Hai uns meses o investigador do CIQUS Diego Pena contounos en condicional a posibilidade de crear grafeno nanoporoso. Esta semana puidémolo ver como realidade en na revsita Science. Pena cóntanos hoxe como operou un chisco a serendipia neste achado. 198539

Apr 21, 201815 minSeason 11Ep. 435

Efer 434 (15-4-18): Neurociencia do peso corporal

Coa catedrática de fisioloxía da USC Rosa Señarís coñecemos cal é papel do encéfalo - enconcreto o hipotálamo - no control do peso corporal en humanos. O problema dos quilos de mais ten que ver en como a evolución moldeou o noso cerebro. Tamén coñeceremos a dous grupos de investigación galegos que veñen de ver publicadas as súas investigacións esta mesma semana nas revistas "Science" e "Nature" Comunications, que para entendérmonos ven sendo como xogar na Champion League da Ciencia. Con Diego Pe...

Apr 15, 201856 minSeason 11Ep. 434

Efer 433 (8-1-18): Reanimación nunha planeadora a todo gas

Imaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E se así debemos poñer a lancha a toda velocidade ou amainar un chisco para facer a reanimación? Grazas...

Apr 08, 201842 minSeason 11Ep. 433

Como Mª José Patiño, sen chegar a primeira, gañou os 100 m valos para as mulleres

María José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas independentemente do que merquen os seus cromosomas. Coñecemos a súa loita pola participación das persoas intersexuais no olimpismo. Patiño é investigadora da Universidade de Vigo, asesora científica do Panel de Expertos do Comité Olímpico Internacional e especialista en "Ciencia Política e Deporte" e "Empresa, estratexias empresariais e Deporte de alto nivel".

Apr 06, 201823 minSeason 11Ep. 432

Efer 432 (1-4-18): Se un xogo é bo, pais e fillos xogan xuntos

Falamos de xogos enxeñosos creados en Galicia con Irimia Fernández (Brazolinda) e Marcos Alonso (Neukos). Xosé Luis Veiga Goy preséntanos o mundial sub-12 de xadrez que ha ter lugar en Compostela. A petición dun oínte vía Telegram a @efevesciencia Juan Aguilar explica o que é o flato ou punto. María José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas independentemente do que merquen os seus cromosomas. Coñecemos a súa loita pola participación das persoas i...

Apr 01, 201858 minSeason 11Ep. 432

Desde Londres... Sir John Sulston

Temos novo colaborador en Efervesciencia. Juan Picos ha ser o noso correspondente en Londres. Desta volta fálanos do pasamento dun importante científico, o biólogo Sir John Sulston.

Mar 25, 20189 minSeason 11Ep. 431

Pantallas irrompibles e nanoparticulas antibacterianas con Arturo López Quintela

Leite transparente, pantallas irrompibles, agrupacións de átomos que se insiren no ADN, sulfatar con cantidades mínimas... Nos dominios da nanotecnoloxía o tamaño importa, e moito. Agrupacións de menos de 200 átomos compórtanse de xeito diferente o previsto na táboa periódica dos elementos. As agrupacións - clusters - de diferentes número de átomos amosan propiedades moi distintas. De aí que o catedrático de química física da USC Arturo López Quintela propoña crear unha táboa periódica en 3 dime...

Mar 25, 201827 minSeason 11Ep. 431

Efer 431 (25-3-18): A revolucionaria táboa periódica de tres dimensións

Nos dominios da nanotecnoloxía o tamaño importa, e moito. Agrupacións de menos de 200 átomos compórtanse de xeito diferente o previsto na taboa periódica dos elementos. As agrupacións - clusters - de diferentes número de átomos amosan propiedades moi distintas. De aí que o catedrático de química física da USC Arturo López Quintela propoña crear unha táboa periódica en 3 dimensións. Temos novo colaborador en Efervesciencia. Juan Picos ha ser o noso correspondente en Londres. Desta volta fálanos d...

Mar 25, 201858 minSeason 11Ep. 431

Efer 430 (18-3-18): Fontaneiras do cerebro

Cando un sumidoiro da casa atóase podemos desentupilo engadindo algún preparado comercial formulado con aluminio en po e sosa. Se a cousa ponse complicada cumprirá botar man dalgún procedemento mecánico. E xustamente cando temos atoada unha arteria cerebral (ictus isquémico) cómpre botar man de técnicas análogas. O problema - ademais da loita contra o reloxo- xurde nun pequeno grupo de doentes nos que o tratamento cos fármacos desentupidores causa a rotura do vaso sanguíneo agravando o prognósti...

Mar 18, 201856 minSeason 11Ep. 430

No laboratorio dos océanos do futuro

Visitamos o "Future Oceans Lab" na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro. A única Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea.

Mar 12, 201826 minSeason 11Ep. 429

Efer 429 (11-3-18): O futuro dos océanos

A única Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea. Visitamos o seu "Future Oceans Lab" na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro. Joana Magalhaes fálanos da política de xénero "Human Brain Porject" da Unión Europea. En "Cambio de Fase" Daniel Pizarro preséntanos ...

Mar 11, 201855 minSeason 11Ep. 427

Efer 428 (4-3-18): Un robocop con moito tacto

Nesta edición efervescente habemos descubrir como o sentido do tacto é moito mais complexo e importante do que cremos, exploraremos un misterioso obxecto oblongo que invadiu o noso sistema solar, sabermos da gravación dunha película documental sobre o lobo en Galicia, e lembraremos como Domingo Fontán pateou o pais durante 17 anos para elaborar unha malla de triángulos que daría lugar ó seu famoso mapa. Deste xeito contaremos coa presenza de Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofixioloxía do Hosp...

Mar 09, 201855 minSeason 11Ep. 428

Maniotas: Nin ácido láctico, nin microrroturas

Todo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado...

Feb 27, 201814 minSeason 11Ep. 424

Efer 427 (25-2-18): Unha tarde con Clara Grima

Conversamos coa divulgadora e profesora de matemáticas da Universidade de Sevilla Clara Grima sobre grafos, redes sociais, Rosalind Franklin, vacinas, divulgación e teatro. Esta semana o Grupo Interdisciplinario de Bioestatística da Universidade de Santiago organizou unha reunión científica sobre Modelado Conxunto de Datos Lonxitudinais e de Supervivencia. Grazas a esta técnica estatística é posible facer determinadas predicións tomando de base medicións tomadas repetidamente no tempo. Isto é al...

Feb 25, 201856 min

Rosalía e Jules Verne

É o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de Jules Verne? O xornalista Henrique Neira explora esta suxestiva conexión.

Feb 24, 20184 minSeason 11Ep. 426

Efer 426(18-2-18): Refuxiados conCiencia

Achegámonos á xornada “Personas Refuxiadas ConCiencia” organizada polo Consello da Cultura Galega. Kamal Aldalati cóntanos a súa historia como persoa refuxiada e alumno de medicina da USC. Convrsamos con Elena Vázquez Cendón (USC), José Edelstein (USC), Eleuteiroi Toro (Universidade de Trento), Gino Toro, Rania Ali Salman (USC) e Luis Enrique Otero Carvajal (Universidade Complutense de Madrid). É o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de J...

Feb 18, 201857 minSeason 11Ep. 426

Efer 425 (11-2-18): Imos a NOAA, NOAA...

Os satélites achegan información moi valiosa para coñecer os nosos océanos. Conversamos con Joaquín Triñanes do Laboratorio de Sistemas da USC e colaborador da NOAA. Todo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado... Con Wicho analizamos a lanzamento do Falcon Heavy.

Feb 11, 201855 minSeason 11Ep. 425

Efer 423 (28-1-18): Para que valen as patentes?

Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín. Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación? Andreu Climent preséntanos a iniciativa "Ciencia en el parlamento" que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imit...

Feb 07, 201858 minSeason 11Ep. 423

Tornasol, Castafiore e a xordeira

Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín.

Feb 07, 20185 minSeason 11Ep. 423

Signos astronómicos para xordos [Guía do Ceo]

Guía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018. Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos tanto para xordos como oíntes a tradución española do "Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Signos francés (LSF)" http://sion.frm.utn.edu.ar/iau-inclusion/wp-content/uploads/2017/11/Diccionario-...

Feb 07, 201824 minSeason 11Ep. 423
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android