Co psiquiatra Alejandro García Caballero saberemos como un videoxogo pode axudar a expresar emocións a pacientes con esquizofrenia para mellorar as súas habilidades sociais. http://www.e-motionaltraining.com/
Dec 21, 2016•12 min
Conversamos cos participantes no "6 Obradoiro comunicar ciencia na radio" que organiza Efervesciencia. Co psiquiatra Alejandro García Caballero saberemos como un videoxogo pode axudar a expresar emocións a pacientes con esquizofrenia. Con enxeñeiro de telecomunicación da Universidade de Vigo Martín López Lores explicamos por que todos os anos de toca a regalar á mesma persoa no amigo invisible. David Ballesteros recoméndanos catro xoguetes creativos tecnolóxicos para agasallar estes días.
Dec 18, 2016•56 min
Da man de Javier Cacho reviviremos a epopea da conquista do Polo Sur. Cacho é físico, científico e escritor, e actualmente dirixe a Unidade de Cultura Científica do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial). O noso invitado é o autor de “Amudsen-Scot: Duelo en la Antártida” editado por Fórcola. Por outro lado, Javier Cacho sabe de primeira man o que é ter pasado un inverno na Antártida… Loitar, buscar, atopar e non renderse xamais Emitido 5-10-13
Dec 14, 2016•32 min
Para apreciar as diferenzas recoméndase o uso de auriculares. Xuntamos as dúas interpretacións de Esteban Vázquez do Preludio de Máximo Diego Pujol durante o programa Efer 375. A primeira dentro dunha cámara anecoica, e a segunda nun corredor.
Dec 12, 2016•1 min
O doutor enxeñeiro en telecomunciacións Martín López Nores é unha estrela da televisión chinesa polas súas capacidades resolvendo sudokus 3D a cegas e outros complicados problemas de enxeño. Coñecemos a súa historia grazas a talentogalego.com. E así foi como acabamos todos xuntos nunha cámara anecoica nun programa cheo de conexións e nexos inesperados.
Dec 11, 2016•56 min
Podemos saber como vai envellecer unha pedra de granito? Está xustificada a limpeza da catedral de Santiago? Pode ser o remedio peor ca enfermidade? Que facer coa serradura das canteiras de granito? Agradable conversa con Benita Silva, coordinadora do Grupo de Estudios Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC, que leva décadas aplicando coñecemento para protexer as nosas "pedras".
Dec 07, 2016•26 min
Para os galegos a pedra por excelencia é o granito. Esta rocha é a base de todo o noso patrimonio construído e ten varios inimigos naturais: os sales, as bacterias, os fungos,... O Grupo de Estudios Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC que dirixe Benita Silva leva décadas aplicando coñecemento para protexer as nosas "pedras". Conversamos con Jose Pérez Ledo, @mimesacojea sobre televisión, divulgación e escepticismo. O aerotrastornado Wicho fálanos da decepción de "Scacharrelli" (Schiap...
Dec 04, 2016•57 min
O noso espazotrastornado confeso Wicho de Microsiervos cóntanos o que hai atrás do accidente en Marte da sonda Schiapareli da ESA
Dec 04, 2016•9 min
Conversamos con José Pérez Ledo, @mimesacojea, sobre televisión, divulgación e escepticismo.
Dec 04, 2016•15 min
A simulación numérica permite solucionar problemas da industria, desde como encher o lago das Pontes ata o software co que os químicos estudan os seus compostos. Conversamos con Elena Vázquez Cendón, profesora do grupo de investigación en enxeñería matemática da USC. Coñecemos tamén os traballos dos matemáticos industriais Marcos Loureiro - Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur - e Santi Pontes - Mestre Lab -
Nov 27, 2016•26 min
O proxecto de ciencia cidadá "Forest 112" proporciona unha ferramenta no noso móbil coa que podemos reportar nas nosas saídas ao campo especies invasoras e pragas. Cun pouco de práctica e coa axuda da aplicación aprenderemos a identificar a estes inimigos das nosas fragas. Conversamos con Javier Tabernero de Forest 112.
Nov 27, 2016•12 min
Conspiran as partículas cando as medimos? Existe a acción fantasmagórica a distancia? Bohr ou Einstein? Marta García Matos do Instituto de Ciencia Fotónicas (ICFO) explícanos en que consiste o test de Bell e as súas implicacións filosóficas. No proxecto "The Big Bell Test" os xeradores de números aleatorios para realizar os experimentos de óptica cuántica han ser milleiros de voluntarios.
Nov 27, 2016•13 min
Grazas a ciencia cidadá a xente de a pé podemos achegar o noso pequena colaboración en proxectos de investigación de todo tipo. Nesta edición efervescente presentamos "Forest 112" - monitorización de pragas e especies invasoras nos nosos bosques - e "Big Bell Test" - xeración de números aleatorios para que laboratorios de óptica cuántica leven a cabo o test de Bell - Conversamos con Elena Vázquez Cendón, investigadora do grupo de enxeñería matemática industrial da USC. Grazas á simulación numéri...
Nov 27, 2016•56 min
Segunda parte do especial Prismas 2016 desde a Domus con Angel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio.
Nov 24, 2016•15 min
Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Na primeira parte conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e con Ángel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses).
Nov 24, 2016•25 min
Desvelamos onde presentou Antonio Martinez Ron "Aberrón" o seu libro "El ojo desnudo"
Nov 24, 2016•3 min
Carlos Sierra da Universidade de Columbia en New York investiga en como microburbullas poden traspasar a barreira hematoencefálica do cerebro empregando ultrasons. Estas investigacións son unha ventá a poderen facer chegar fármacos a rexións específicas do cerebro. Unha nova da axencia SINC con Eva Rodríguez.
Nov 24, 2016•10 min
Os datos xenómicos son especialmente sensibles, e non so nos afectan a nós senón tamén aos nosos familiares. Poden acceder as aseguradoras a eles? Pódense traspasar? Están ben custodiados actualmente? Están seguros na nube? Conversamos coa avogada especializada en propiedade intelectual e protección de datos Ana Marzo. Tamén coñeceremos o proxecto europeo Witdom no que participa Gradiant.
Nov 23, 2016•18 min
Einstein antes ca Betty Boop: de como o cinema divulgou ciencia de vangarda. Na segunda entrega da sección de Ciencia e Cinema de Martin Pawley descubrimos os documentais en cine mudo sobre relatividade e evolución de Max Fleischer. Pequenas xoias que tamén nos ensinan os riscos de divulgar os últimos descubrimentos.
Nov 21, 2016•16 min
Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio. Desvelamos o misterio de "U-lo Aberrón" e coñecemos da man da axencia SIN...
Nov 20, 2016•58 min
Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resposta. A boa nova é que aparecen indicios de que os elementos de vida saudable que protexen ao corazó...
Nov 14, 2016•23 min
Déborah García Bello @deborahciencia amósanos como unha mala publicidade pode encubrir desenvolvementos en I+D contrastados e eficaces. Unha maxistral lección de como ver as cousas máis alá da primeira impresión.
Nov 14, 2016•12 min
Antonio Martínez Ron presenta en Efervesciencia o seu libro "El ojo desnudo". A conversa realizámola nun lugar secreto cheo de sorpresas. Se afinas as orellas, estás atento as pistas e cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloAberron? ou cólgaa no noso facebook ata o 18 de novembro. Daremos pistas todos os días.
Nov 13, 2016•18 min
Analizaremos a protección que teñen os nosos datos xenómicos coa avogada Ana Marzo, saberemos do primeiro documental en cine mudo sobre a relatividade de Einstein con Martin Pawley, e exploraremos a historia da visión e a luz da man do xornalista científico Antonio Martínez Ron.
Nov 13, 2016•58 min
Facemos un cruce de micros con Falamelide do IES de Melide, unha das radios escolares mais veteranas de Galicia. Xunto Inés, Elisa, Xanaia, Carlos, Carla, Ana e Paco entrevistamos ao director do Centro Oceanográfico de Xixón Javier Cristobo. Cristobo é o investigador español que ten participado en máis expedicións á Antártida.
Nov 08, 2016•16 min
"Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade" O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un "verniano" ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de "20000 leguas debaixo do mar", a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo.
Nov 07, 2016•25 min
Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental "Mareas Vermellas" que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez.
Nov 07, 2016•8 min
Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo "in sito" instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora.
Nov 07, 2016•10 min
Cando morremos ponse en marcha un reloxo bacteriano que agora sabemos interpretar. Circo de Bacterias especial Samaín con Esteban Fernández Moreira.
Nov 07, 2016•12 min
Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resposta. A boa nova é que aparecen indicios de que os elementos de vida saudable que protexen ao corazó...
Nov 06, 2016•58 min