Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

O nobel Torsten Wiesel na Coruña

Coñecemos ao premio nobel Torsten Wiesel e o director do laboratorio de Neurobioloxía da Universiadade Rockefeller Charles Gilbert ao seu paso pola Coruña invitados pola Fundación Corbi.

Feb 06, 20179 min

Efer 383 (5-2-17): Educar para o mundo dixital

Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun lugar secreto para a sección "Un autor, un libro, un espazo". Wicho non nos canta a Traviata pero si nos conta como é o libro que vén de coordinar "Los nativos digitales no existen". Falamos de como educar, acompañar e aplicar o sentido común na cultura dixital que nos toca vivir. Escoitamos tamén as intervencións de diferentes coautores do libro: @susanalluna @genisroca @eparquiodelgado @nuriaoliver @mininacheshire Coñecemos ao premio nobel Torsten Wie...

Feb 05, 201757 min

Desde onde presenta Wicho 'Los nativos digitales no existen'?

Javier Pedreira "Wicho" presenta en Efervesciencia o seu libro "Los nativos digitales no existen" desde un lugar secreto. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloWicho? ou cólgaa no noso facebook ata o 10 de febreiro. Daremos pistas todos os días. Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun lugar secreto para a sección "Un autor, un libro, un espazo". Wicho non nos canta a Traviata pero si ...

Feb 05, 201728 min

Confusións e timos ao redor da auga

O catedrático de química-física da USC José Vázque Tato repasa casos históricos de mala ciencia relacionados coa auga, ademáis de varios timos que podemos atopar na rede, algúns deles surrealistas.

Feb 01, 201715 min

GCiencia desmonta unha agua alcalina milagreira

Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalinas ten cero base científica.

Feb 01, 201711 min

Augas residuais: fonte de bioplásticos e enerxía, con Juan Lema Rodicio

Con Juan Lema Rodicio - catedrático de enxeñería química da USC - repasamos a historia do tratamento de augas residuais. Desde a cloaca máxima dos romanos ata as posibilidades actuais da enxeñería ambiental. Os últimos desenvolvementos pescudan converter as depuradoras en biorefinerías da que podamos obter bioplásticos e todo tipo de materiais.

Jan 31, 201728 min

Efer 382 (29-1-17): Augas limpas, augas falsas e augas timo

Monográfico dedicado ás augas. Co catedrático de enxeñería química Juan Lema Rodicio achegámonos á historia e presente da depuración da augas. Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalina ten cero base científica. E finalmente o catedrático de química-física da USC José Vázque Tato repasa casos históricos de mala...

Jan 31, 201756 min

Eloxio do horizonte con @deborahciencia

Descubrimos o "Eloxio do horizonte" de Eduardo Chillida a través da ollada artística e científica de Deborah García Bello. Esta escultura está feita cun formigón aluminoso que non se pode utilizar en construción, pero aquí ten un sentido...

Jan 23, 201712 min

Estimulación cerebral non invasiva con Javier Cudeiro

O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Desde o "Centro Tecnolóxico de Formación do INIBIC repasamos a historia das técnicas de estimulación cerebral non invasiva co catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña Javier Cudeiro. En que doenzas hai evidencias científicas positivas? Cales son as perspectivas destas técnicas? E s...

Jan 23, 201729 min

Efer 381 (22-1-17): Estimulación cerebral con imáns

O catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña, Javier Cudeiro, ven de poñer en marcha o Centro de Estimulación Cerebral non invasiva de Galicia. O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Deborah Garcia Bello, @dimetilsulfuro, explícanos a ciencia que hai atras do "Eloxio do horizonte" de Eduardo Chillida. Os nosos estreleiros...

Jan 23, 201756 min

Unha cafeteira Nespresso, tecnoloxía punta para investigar solos

Un equipo do departamento de Química Analítica da Universidade de Valencia ven de demostrar que unha simple cafeteira Nespresso pode extraer tan eficientemente contaminantes de solos como equipos que custan 50.000 €. Conversamos con Frances Esteve.

Jan 16, 201713 min

A vacina do Ébola é eficaz. E agora quen a fabrica?

A revista Lancet deu a coñecer que a efectividade da vacina do Ébola probada en África Occidental é do 100%. Para debullar esta nova contamos con César Muñoz Fontela, director do laboratorio de virus emerxentes do Instituto Heinrich Pete (Hamburgo-Alemaña). Fontela traballa en África no terreo desde o Laboratorio Móbil Europeo e lanza unha pregunta inquietante: Quen vai asumir a fabricación da vacina a partires de agora?

Jan 16, 201713 min

Poñer cancelas aos ríos. Inundacións con Jerónimo Puertas

Con Jerónimo Puertas, catedrático de enxeñería hidráulica da UdC, conversamos sobre as causas das inundacións dos ríos galegos. Gaspar Broullón, produtor do filme documental "Esquece Monelos", cóntanos como unha cidade pode engulir un río.

Jan 16, 201724 min

As revolucións da papelfugadora

A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos.

Jan 16, 20175 min

Efer 380 (15-1-17): Inventos disruptivos e baratos

A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos. Cunha filosofía semellante un equipo da Universidade de Valencia ven de demostrar que unha simple cafeteira Nespresso pode extraer tan eficientemente contaminantes...

Jan 16, 201756 min

Ilustraciencia no MUNCYT

O MUNCYT da Coruña acolle ata finais de febreiro a exposición da cuarta edición de Illustraciencia, o premio internacional de ilustración científica. Conversamos co seu coordinador, Miquel Baidal.

Jan 11, 20179 min

Vera Rubin e a materia escura [Postal Planetaria]

Postal Planetaria con Borja Tosar na que homenaxeamos á cosmóloga Vera Rubin que nos abriu os ollos ao 25% do universo conformado pola materia escura. Malia transcendencia do seu achado Vera non chegou a gañar o premio Nobel.

Jan 11, 201717 min

As proteínas delatan ao anisake

Conversamos con Mónica Carrera, investigadora do IIM-CSIC no grupo de Química de produtos mariños, e membro do equipo que ven de ser distinguido co Premio de Investigación Erenesto Vietez 2016 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) polo seu método de detección rápida de anisake.

Jan 11, 20176 min

Paleoclimatoloxía na Patagonia

A investigadora Marta Pérez estudou no Lago Hambre da Patagonia a produtividade de algas verdes e diatomeas e atopou que son bos indicadores do clima do hemisferio sur no holoceno. Estes rexistros coinciden coa información que achegan as testemuñas de mercurio e as datacións cosmoxénicas. Marta Pérez, do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, pescuda en lagos e turbeiras de todo o mundo a presenza de mercurio.

Jan 11, 201720 min

Efer 379 (8-1-17): Testemuñas climáticas

Marta Pérez, do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, pescuda en lagos e turbeiras de todo o mundo a presenza de mercurio. No Lago Hambre da Patagonia estudou a produtividade de algas verdes e diatomeas e atopou que son bos indicadores do clima do hemisferio sur no Holoceno. Estes rexistros coinciden coa información que achegan as testemuñas de mercurio e as datacións cosmoxénicas. Con Borja Tosar lembramos a cosmóloga Vera Rubin. Miquel Baidal preséntanos Ilustraciencia. Conversamos con Mónica...

Jan 10, 201756 min

Efer 378 (1-1-17): Un ano de ciencia nunha hora de radio

Programa especial de aninovo no que que entre canción e canción repasamos o mellor do ano no mundo da ciencia. Entrevistamos á portavoz de LIGO Gabriela González, investigadora do ano segundo Nature, a "espías das ondas gravitacionais". Participan César Goldi, Deborah García Bello, Borja Tosar, Xosé Luís Veiga Goy, David Ballesteros e José Edelstein.

Jan 02, 201758 min

Con Gabriela González de LIGO, a investigadora do ano

A listaxe de Nature das 10 figuras máis importantes no mundo da ciencia en 2016 está encabezada pola física arxentina Gabriela González. Gabriela González, a "espía da gravidade" segundo Nature, é a portavoz de LIGO, o experimento que en 2016 iniciou a astronomía das ondas gravitacionais. Conversamos con Gaby González da man do físico e divulgador da USC José Edelstein e coa participación tamén do experto en gravidade Jorge Pullin.

Jan 01, 201723 min

Albinismo: desde el Kilimanjaro hasta al CRISPR

A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com) impulsa en Tanzania o proxecto Kilimanjaro Suncare, Kilisun. A parte mais visible é a produción dun protector para as persoas con albinismo africanas, pero hai moito máis. Mafalda Soto conversa co experto en albinismo Lluís Montoliu, investigador científico do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía. O grupo de Montoliu ten achegado importante coñecemento ao estudo desta condición xenética.

Dec 29, 201626 min

Chagas en España, parasitos en Etiopía... desatendidas no mundo

A médica Míriam Navarro traballa na loita integral contra o Chagas en España. Arancha Amor contra os parasitos en Etiopía. Alí teñen evidenciado a presenza de strongiloides, unha doenza esquecida ata na listaxe de enfermidades desatendidas da OMS. Ambas pertencen á Fundación Mundo Sano - coordinada en España por Juan José de los Santos con quen tamén falamos - que pula por un mundo sen enfermidades desatendidas.

Dec 26, 201623 min

Efer 377 (25-12-16): As enfermidades desatendidas

Un de cada seis habitante do noso planeta sofre unha doenza desatendida de doada solución médica. Coñecemos os traballos da fundación "Mundo Sano" da man do seu coordinador Juan José de los Santos. As médicos Míriam Navarro e Arancha Amor cóntannos o seu traballo de loita integral contra o chagas en España e a helmintiase en Etiopía, respectivamente. A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com) impulsa en Tanzania o proxecto Kilimanjaro Suncare, Kilisun. A parte mais visible é a produción dun...

Dec 26, 201657 min

Seis visións da ciencia e da radio

Conversamos cos participantes no "6 Obradoiro comunicar ciencia na radio" que organiza Efervesciencia. Unha interacción na ondas entre unha bióloga, unha avogada, unha psicóloga, un científica do mar, unha formadora e un biólogo.

Dec 21, 201626 min
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android