Canción dos 118 elementos en galego - podcast episode cover

Canción dos 118 elementos en galego

Oct 08, 20174 minSeason 10Ep. 407
--:--
--:--
Download Metacast podcast app
Listen to this episode in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episode description

Velaquí, por primeira vez en galego e cos 118 elementos actuais, a Canción dos Elementos interpretada ao vivo no Teatro Principal de Santiago por César Goldi (voz) e Manuel Riveiro Piano na Gala "Férveche a mente" o 30-9-17. Hai moitas versións da "The Element Song" de Tomas Lehrer. A orixinal só contaba con 102 elementos. En español destaca a de Nacha Guevara. So coñecemos unha versión actualizada aos 118 elementos actuais aprobados pola IUPAC o 28 de novembro de 2016, a de Helen Arney. Bea Fariñas fíxonos os seguintes apuntamentos a ter en conta: - Os gases nobres con sufixo -on (neon, argon, cripton, xenon, radon e oganesson) en galego teñen acentuación grave, isto é, non se acentúan graficamente por ser graves rematadas en -n e pronúncianse /néon/, /árgon/, /crípton/ etc. - roentgenio e seaborgio pronúncianse coma g suave, como se se escribisen "roentguenio" e "seaborguio" (non se escriben así para respectar o antropónimo orixinario). - O elemento de n. at. 117 en galego é ténesso Para o nome en galego dos elementos botamos man desta táboa da RSEQ confeccionada polo grupo "CienciaNosa" https://2.bp.blogspot.com/-yP1cZ0C7hYg/WMgK1bEkyqI/AAAAAAAABH4/3PORkia9i581ieCm5KF5x1g065M7kbrsQCLcB/s1600/tabla%2Bperiodica%2Ben%2Bgalego%2B2017.png
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android