Galiza Metálica,Especial Samaín
Oct 31, 2022•2 hr 38 min
Episode description
Comeza Galiza Metálica, especial Samaín
Son Patty Castro e desta volta non traio entrevistas, nin seccións nin especiais de festivais....traicho unha viaxe pola escuridade desta noite dos tempos e da música extrema galega.
Neste Samaín faremos un conxuro cos elementos naturais e as lendas asociadas a eles o lume, coas bruxas e meighas ,a terra ,con os Mouros e a Cova do Rei Cintolo , o aire, coa lúa e a licantropía ,o auga, coa costa da morte e as maruxainas e o espiritu coa compaña e a morte.
Recorreremos os temas que xenerosamente grupos como Balmog, Lóstregos, Xerión e Mileth tiveron a ben aconsellarme.E moita mais xente que doume parte do seu tempo para conseguir sacar adiante esta idea.
Un programa que é unha experiencia en si mesmo , coñecementos e medo conviven para facerlo perfecto para escoitar nesta noite onde o velo que separa a realidad tal como a coñecemos e mais fino ca nunca.
Foi todo un pracer realizalo con Filipe Marta, o Imperatore de S.O.S Heavy metal radio show ,quen me aconsellou facelo e me apoiou para sacalo adiante . Para que vira o seu alumbramento nesta noite máxica onde todo é posible, incluso ser un ser oscuro e cornudo e camiñar entre os humáns coma un igual.Incluso recoñecer que a nosa forma de sentila música e as lendas nos une nunha nación metálica.
Grazas a tódalas ointes que facedes posible poder sacar adiante este podcast, esta a ser todo unha experiencia ver realizado os meus soños mais escuros e metálicos neste especial, que tanta importancia ten para min .Para poder deixar un pequeno legado das nosas músicas neste periodo da historia e misturalas con esa parte tan nosa como son as lendas.
XERIÓN – Nocturnal Misantropia – Akelarre
MEIGHA – Meigha – Meigha
MOURA - Moura -- Eira
SANGRE DE MUÉRDAGO – O Camiño das Mans Valeiras -- O Conxuro
LÓSTREGOS – Onde Calan Os Corazóns, Ruxen As Pedras – Bisbar que Emana do Ventre da Terra
OVAKNER – Ar/ Lume – Ar
SARTEGOS – Sangue e Noite – Sangue e Noite
NOITÉBREGA – VIII.IX -- VOX IVDICII
COSO CARNOBRIGO – Sacrificial – Viúvas e Orfos
MILETH – Catro pregarias no Albor da Lúa Morta – O Son do Buxo baixo a Sombra do Xistral
DANTALION – Call of the Broken Souls – A Corredoira Das Animas
BALMOG – Eve – Lume
FATA INFERNA – Nai Terra – Nai Terra
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android
