Efervesciencia - podcast cover

Efervesciencia

Efervescienciawww.ivoox.com
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
Last refreshed:
Follow this podcast in the Metacast mobile app to refresh it and see new episodes.
Download Metacast podcast app
Podcasts are better in Metacast mobile app
Don't just listen to podcasts. Learn from them with transcripts, summaries, and chapters for every episode. Skim, search, and bookmark insights. Learn more

Episodes

Os primeiros textos científicos en galego

O Consello da Cultura Galega vén de publicar "Textos Científicos en Galego. Os inicios, 1916-1936". Conversamos con Francisco Díaz-Fierros, coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG.

Jun 19, 20178 min

As mimosas invaden novos territorios [SINC]

As mimosas son unha das especies invasoras máis agresivas de todo o mundo.Un estudio das universidades de Vigo e Coimbra vén de detectar a súa propagación en zonas ata o de agora inalteradas. Eva Rodriguez conversa con Jonatan Rodríguez do departamento de bioloxía vexetal da universidade de Vigo.

Jun 19, 20179 min

No laboratorio de David Posada

Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos nosos tecidos? Explorar esta poderosa idea é o obxectivo do proxecto "Filocáncer" financiado cunha "Co...

Jun 19, 201730 min

Efer 401 (11-6-17): Competencia darwininana dentro do teu corpo

Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos nosos tecidos? Explorar esta poderosa idea é o obxectivo do proxecto "Filocáncer" financiado cunha "Co...

Jun 11, 201758 min

Como a cuántica creou o Val do Silicio con Víctor Pardo

O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio.

Jun 07, 201723 min

Unha explicación verificable á misteriosa estrella de Tabby

A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predicións. E sen necesidade de invocar a Dyson e as súas megaestruturas alieníxenas. Falamos con Fernando Ballesteros do Observatorio Astronómico de Valencia.

Jun 07, 201715 min

Predicir, e evitar, os accidentes na estrada con matemáticas

Unha tecnoloxía matemática que emprega a industria militar pode salvar vidas nas estradas. O doutro enxeñeiro Enrique Castillo da Universidade de Cantabria e da "Real Academia de Ingeniería" dirixe un proxecto que aplica análise probabilística para identificar, mesmo antes de que se produzan os accidentes, cales son os puntos máis perigosos dunha estrada.

Jun 07, 20176 min

As rupturas mal xestionadas afectan á saúde do fillos [SINC]

Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/

Jun 07, 201711 min

Upwards: Todo o que queremos saber de Marte

Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo.

Jun 07, 201730 min

Efer 400 (4-6-17): Sen cuántica non hai smarphones

O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio. A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predicións. E sen necesidade de invocar a Dyson e as súas megaestruturas alieníxenas. Falamos con Fernando ...

Jun 04, 201759 min

Debemos priorizar a seguridade á privacidade dixital?

Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de Eduardo Casas, @AguilaKen Paloma Llaneza @PalomaLLaneza, Marta Peirano @minipetite e Alberto Calero @alcalero.

May 29, 201711 min

Efer 399 (29-5-17): Europa explora Marte

Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo. ...

May 29, 201758 min

Peixe pequeno pero espiñento con Marta Vila e Carlos Fernández

Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe.

May 25, 201724 min

O físico fugado e o cineasta experimental [Ciencia e Cinema]

Na IV edición da sección "Ciencia e Cinema" Martin Pawley danos a coñecer a obra experimental de Brakhage e a súa relación co gran físico Gamow. http://actodeprimavera.blogspot.com.es/2016/05/o-cinema-cientifico-de-stan-brakhage.html

May 25, 201716 min

Fagos e cristalografía con Carmela García

A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. A nosa invitada tamén é blogger e podcaster en https://ablogios.com/ e https://www.spreaker.com/show/bacteriofagos

May 25, 201725 min

Imaxinación, paixón e traballo: Conversa con Avelino Corma

O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares da USC (CiQUS). Conversamos con este químico especialista en catálise que algúns consideran que ten méritos abondos para optar ao Nóbel.

May 22, 201711 min

Efer 398 (21-5-17): O espiñento

Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe. O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo CIQUS. Conversamos con este químico especialista en catálise que algúns consideran que ten méritos abondos para optar ao Nóbel. Na IV edición da secci...

May 21, 201759 min

Efer 397 (14-5-17): Volven os fagos

A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo. Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da sonda Cassini na súa viaxe a Saturno.

May 21, 201758 min

Guia do ceo maio 16

Viaxamos ao ceo nocturno cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley desde o Dïa da Ciencia na Rúa 2017 no parque de Santa Margarita na Coruña. Presentamos o foro galego-portugués "Calidade da noite".

May 09, 201715 min

Efer 396 (7-5-17): A importancia do teu reloxo biolóxico

Todos temos un sistema cronobiolóxico que anticipa e sincroniza os diferentes procesos biolóxicos que ocorren no noso corpo. Un reloxo central no hipotálamo marca ritmos de algo mais de 24 horas, polo que se ten que recalibrar empregando fundamentalmente os ciclos de luz do sol. Pero, que pasa cando se perde a sincronía? Como lle afecta o traballa en quendas? É útil a melatonina? Conversamos coa investigadora do laboratorio de cronobioloxía da Universidade de Murcia Ángeles Rol. Viaxamos ao ceo ...

May 09, 201758 min

Nanocosmos : Astrofísica e nanotecnoloxía aliadas para debullar a poira estelar

Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de euros o proxecto NANOCOSMOS, "gas e po estalar ao laboratorio", que vai ser o protagonista do noso te...

May 05, 201726 min

Efer 395 (30-4-17): A factoría de po interestelar

Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de euros o proxecto NANOCOSMOS, "gas e po estalar ao laboratorio", que vai ser o protagonista do noso te...

Apr 30, 201758 min

Cacharreando tecnoloxía musical en APETEGA

Achégamonos as 16 Xornadas de Tecnoloxía de Apetega en Verín. Desde o IES Xesús Taboada Chivite conversamos con Daniel Pizarro e Maia sobre os usos educativos do Minecraft, de tecnoloxía musical DIY con Mateo Mena, e sobre a tecnoloxía nas aulas con César Sánchez.

Apr 27, 201738 min
For the best experience, listen in Metacast app for iOS or Android